A limpeza dos ríos e mares: unha prioridade para tod@s

Limpeza da Praia de Broña, Serra de Outes. Fotografía: Mar de Fábula. Grupo S1C Chegamos ao final do curso hídrico polos ríos e mares de Galicia. Durante cinco publicacións a través de axentes implicados coñecemos os problemas presentes no río Lamas (comarca da Fonsagrada), no río Ulla (transcorre polas provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra), no río Sar (comarca do Sar e comarca de … Seguir lendo A limpeza dos ríos e mares: unha prioridade para tod@s

Comecemos co consumo e produción responsables

“Ao día temos tres oportunidades de cambiar o mundo: cando almorzamos, cando comemos e cando ceamos” di Isabel Calabria, que rexenta unha tenda de comercio xusto en Compostela. E é que no noso día a día tomamos decisións que teñen a súa repercusión no mundo que nos rodea. Aínda así acotío vemos información nos medios, da cal unha parte trata sobre o consumo, pero normalmente … Seguir lendo Comecemos co consumo e produción responsables

Homes recollendo peixe nas instalacións acuícolas

Distintas perspectivas da pesca: Cotas e acuicultura

 

S2A

“É necesario que existan, axudan moitísimo. Anos atrás había demasiadas especies en perigo de extinción pola sobrepesca e as cotas axudaron a remedialo. As cousas fanse sempre por algo. Por exemplo, aquí en Arcade se non tivésemos cotas das amexias acabaríamos coa vida mariña en moi poucos meses, xa que non terían tempo para reproducirse”, declara a expatroa da Confraría de Arcade, Rita Míguez, cando se lle pregunta pola súa opinión sobre o establecemento de cotas de pesca para determinadas especies mariñas. Rita Míguez amósase a favor delas, ao igual que Basilio Otero, Patrón Maior da Confraría de Burela e Presidente da Federación de Confrarías de Lugo, quen defende que axudan a protexer o medio mariño e a manter os prezos: “sempre se esquece a parte socioeconómica e son útiles para iso, axudan a manter as especies”.

Seguir lendo “Distintas perspectivas da pesca: Cotas e acuicultura”

É ecolóxico o que nos venden como tal?

S3A “A nosa filosofía é esa, de que o ecolóxico sexa completo, igual que os produtos que sexan, o máximo posible de proximidade, para que tampouco se contamine ao traelos á nosa terra”. Con estas palabras Suso Fernández, rexente da tenda Seiva de Abril en Compostela, transmite a filosofía da produción ecolóxica. As autoridades aportan unha concepción certamente reducionista do que é un produto ecolóxico. … Seguir lendo É ecolóxico o que nos venden como tal?

Unha ruta pola oferta ecolóxica en Compostela

S3A O da alimentación é un ámbito que constitúe unha parte fundamental do noso volume de consumo. Todos os días adquirimos produtos alimentarios, e o certo é que adoitamos facelo dun xeito que non contribúe en absoluto á meta do consumo responsable. Acotío mercamos máis do que precisamos: non cociñamos todo o que pensabamos que iamos cociñar e tampouco comemos todo o que pensabamos que … Seguir lendo Unha ruta pola oferta ecolóxica en Compostela

Dous percebeiros faenan nas rochas de Lira, na Costa da Morte

Furtivismo na Costa da Morte

S2A

“A pesca furtiva inflúe a todos os niveis, non so á pesca profesional. Falamos de especies vetadas, de tamaño ilegal, da pesca de recreo encuberta ou de superar os 5 quilos para consumo propio, que acaban no mercado, aumentando a oferta de produtos, o que provoca unha baixada de prezos e unha competencia totalmente desleal.”, di José Manuel Martinez, Patrón Maior da confraría de Fisterra.

Seguir lendo “Furtivismo na Costa da Morte”

A riada do consumo e a produción

S3A “Sempre digo que non me gustaría xubilarme de Ames sen ver mellor o Sar, pero xa estou dando por perdida a batalla”. Con estas palabras, Patricia Reboreda, técnica de Medio Ambiente no Concello de Ames, móstranos unha realidade que se repite nos ríos galegos, especialmente naqueles próximos á actividade humana. “Canto máis preto está o home, peor está o río”, engade. Cando pensamos nun … Seguir lendo A riada do consumo e a produción

Vicisitudes do Centro de Salvamento Marítimo de Fisterra

A ampliación da Canle de Fisterra: Cambios que salvan vidas

S2A

A canle de Fisterra foi creada en maio do ano 1994 e, segundo as cifras rexistradas no Dispositivo de Separación de Tráfico Marítimo de Fisterra, a través dela pasan cada ano arredor de corenta mil barcos de tódalas partes do mundo, o que se corresponde con máis dun cento ao día, cifras que incluso duplican o tráfico da Canle de Suez, recentemente de actualidade. Nos seus inicios, tras o acordo da Organización Marítima Internacional (OMI), a canle contaba cun carril por sentido para a circulación de todos os buques, un en dirección ao norte e outro ao sur, pero moi pegados á costa. Non obstante, despois da catástrofe medioambiental provocada polo Prestige, a súa situación mudou. A partir dese momento, engadíronse dúas vías a maiores que facilitaron a circulación de buques e barcos pesqueiros e reduciron os riscos de accidentes.

Seguir lendo “A ampliación da Canle de Fisterra: Cambios que salvan vidas”

Concienciación, materia pendente dos medios de comunicación no consumo responsable

Se lle preguntamos a Óscar Rodil, doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, que reformas se poden introducir para conseguirmos producir e consumir de forma responsable, a súa resposta é clara: “os papeis importantes son da educación e da política… pero hai cuestións que teñen que ver cos medios de comunicación que consumimos“. A importancia radica no que se nos transmite a … Seguir lendo Concienciación, materia pendente dos medios de comunicación no consumo responsable