As outras caras da pandemia

A crise sanitaria causada polo coronavirus provocou á súa vez unha gran crise económica e social. O virus obrigou paralizou o mundo, pechando comercios e empresas, aumentando os despidos, os ERTES e a dificultade para atopar traballo. Esta situación empurrou a moitas persoas que estaban en risco de pobreza a cruzar o limiar, afectando aos máis vulnerables. Seguir lendo As outras caras da pandemia

O confinamento das persoas en situación de rúa: o Seminario Menor de Belvís

A dificultade para o confinamento das persoas sen fogar cobrou importancia en todas as provincias galegas. Cidades como Lugo habilitaron pavillóns como dispostivios de emerxencia, mentres que noutras cidades galegas se aproveitaron os albergues xa existentes. Este é o caso que se dá en Santiago de Compostela, onde hai dous lugares onde pasar o confinamento. Seguir lendo O confinamento das persoas en situación de rúa: o Seminario Menor de Belvís

O confinamento das persoas en situación de rúa: o pavillón municipal de Lugo

O 14 de marzo de 2020 decretouse o estado de alarma, medida de seguridade que obrigou á poboación española a permancer confinada nas súas casas. Non obstante, isto supuxo un problema para aquelas persoas sen un fogar onde pecharse. Segundo os datos do INE na última Enquisa ás persoas sen fogar, en Galiza había 1903 persoas sen fogar no 2016. Seguir lendo O confinamento das persoas en situación de rúa: o pavillón municipal de Lugo

Empobrecemento e corentena, unha realidade silenciada nos medios

Os medios de comunicación considéranse, dende o primeiro día do Estado de Alarma, un servicio esencial. O dereito a información da cidadanía prevalece sobre o confinamento e xustifica os recursos destinados aos medios de comunicación durante estes días. A súa función debería estar clara: o obxectivo é trasladar información do Goberno á cidadanía, pero tamén aconsellalo, comparar a actuación propia coa doutros países e sobretodo, visibilizar realidades difíciles de ver. Seguir lendo Empobrecemento e corentena, unha realidade silenciada nos medios

A pobreza ao descuberto

Sen coñecemento, non hai entendemento. Por iso, dende o grupo S1A indagamos acerca da realidade social e da verdadeira magnitude que abarca a pobreza. A través do Resumo Executivo AROPE de 2019 e de dúas noticias de El Correo Gallego, que indican como medrou o número de afectados nos últimos anos e os fogares en risco de pobreza, conseguimos os datos para elaborar esta peza. Seguir lendo A pobreza ao descuberto

Estigmas da pobreza

Ola! Somos o grupo encargado de tratar a ODS da Fin da Pobreza. Na fotografía, de esquerda a dereita estamos: Aldara Diéguez (difusión), Antía Montes (actividades), Asier Antón (documentación), Catalina Eirea (coordinación-edición) e Paula Arrojo (axenda). Cando falamos de pobreza, tendemos a pensar unicamente nesas persoas que pasan a noite na rúa. Non obstante, a pobreza abrangue a case un de cada cinco fogares galegos, … Seguir lendo Estigmas da pobreza