Na nosa man está cambiar as estatísticas

S2A A concienciación é a chave fundamental para conseguir unha boa seguridade viaria. Xeralmente, os valores sociais e de convivencia que cremos coñecer perfectamente mudan na maior parte da cidadanía á hora de conducir un vehículo. Por iso, a concienciación neste tema ten que estar presente en toda a sociedade e dende idades temperás. Así teríase unha base que, co paso do tempo, se iría … Seguir lendo Na nosa man está cambiar as estatísticas

Mobilidade sostible e saudable

Vilariño Rodríguez A mobilidade sostible, unha vía para a seguridade viaria Nos últimos anos a contaminación converteuse nun problema de saúde pública, polo que é urxente conseguir reducir estas emisións contaminantes. En especial naqueles lugares onde hai unha gran concentración de actividades industriais e comerciais que fan que se produzan máis externalidades negativas: as cidades. O vehículo privado é o medio de transporte por excelencia, … Seguir lendo Mobilidade sostible e saudable

Cidade con zona 30, un modelo a seguir

Iglesias Saá As vantaxes das zonas 30 Unha cidade con zona 30 é unha cidade habitable, sostible, accesible e imprescindible para poder conseguir unha maior seguridade viaria. A implantación dunha zona 30 implica automaticamente a redución do número de atropelos mortais, xa que un atropelo a esta velocidade provoca consecuencias mínimas ás vítimas. Por outro lado, permite que os condutores teñan un maior campo de … Seguir lendo Cidade con zona 30, un modelo a seguir

A bicicleta necesita un plan

Martínez Gómez Palacios Ferreira O sinistro do pasado xoves no que unha condutora atropelou mortalmente a un ciclista e feriu a outros nove en Calpdepera (Mallorca) volveu a poñer de manifesto os riscos ós que están expostos nas estradas os colectivos máis vulnerables coma os peóns, os motoristas e, por suposto, os ciclistas. O número de accidentes con bicicletas implicadas duplicouse nas vías interurbanas nos … Seguir lendo A bicicleta necesita un plan

A importancia da educación viaria na sociedade

Forja Pena García Vilariño A educación viaria é un factor moi relevante á hora de falar sobre seguridade viaria. É a base fundamental para crear conciencia, coñecementos e valores sociais dende idades temperás, momento no que somos moito máis influenciables. “A educación viaria é educación en valores, a ensinanza que dan nas autoescolas é unha ensinanza moi técnica, pero a nivel comportamento esquecémonos por completo”, … Seguir lendo A importancia da educación viaria na sociedade

Que zonas son perigosas para a circulación compostelá?

García Vivero González Figueroa Contra todo prognóstico, en Santiago de Compostela a porcentaxe de atropelos a peóns e ciclistas aumentou considerablemente do ano 2014 ó 2017 nun 32%. A miúdo, é doado atoparnos con problemas na circulación viaria da cidade, problemas que se ven agravados se esta non conta cunhas vías e unha sinalización adecuadas. En Compostela prodúcense accidentes cunha frecuencia bastante alta. Con todo, … Seguir lendo Que zonas son perigosas para a circulación compostelá?

A noticia dos luns: O que non revela a estatística sobre seguridade viaria

Martínez Gómez Palacios Ferreira Nos primeiros dous meses do ano, e segundo cifras facilitadas pola Policía Local a La Voz de Galicia, o número de atropelos en Santiago de Compostela ascendeu a seis. No que vai de marzo, os medios xa se fixeron eco de, polo menos, outros dous casos. En total, son oito vítimas en menos de tres meses, o que supón un atropelo … Seguir lendo A noticia dos luns: O que non revela a estatística sobre seguridade viaria

Falamos cos afectados das carencias da seguridade viaria

Forja Pena García Vilariño Os medios xogan un papel moi importante á hora de concienciar á cidadanía sobre a seguridade viaria. Porén, adoitan limitarse a dar só datos en forma de cifras, sen afondar máis no problema en si. Este foi un dos asuntos que tratamos na nosa primeira reunión con membros de diferentes asociación involucradas, mais non foi o único. A falta xeral de … Seguir lendo Falamos cos afectados das carencias da seguridade viaria

O mal facer dos medios

García Vivero González Figueroa Se nos paramos a cavilar na información da que somos consumidores nos medios de comunicación, vemos como na maioría das ocasións o que  atopamos é unha clara preponderancia dos organismos oficiais por enriba das voces de a pé. Co fin de comprobar a presencia destes últimos nos medios, propuxémonos analizar algunhas novas que se publicaron en Santiago de Compostela con respecto … Seguir lendo O mal facer dos medios