O colectivo LGTBI, unha voz que merece ser escoitada

S2B Nas reunións que ao longo destes meses fomos tendo co noso círculo servíronnos, entre outras cousas, para darnos de conta da cantidade de información que os medios de comunicación convencionais omiten acerca do colectivo LGTB, e canta información está mal narrada ou, simplemente, mal enfocada. Por este motivo, neste vídeo intentamos darlle voz á pequena parte do colectivo que conformaba o noso círculo para … Seguir lendo O colectivo LGTBI, unha voz que merece ser escoitada

Discriminación lingüística?: A linguaxe inclusiva no colectivo LGTB

GÓMEZ MARIÑAS ; PÉREZ DÍAZ A pasada semana tivemos a cuarta reunión co noso círculo, na que decidimos falar dun tema moi controvertido, e sobre todo, de gran importancia para o colectivo LGTB: a linguaxe. Nos últimos anos xurdiron numerosas polémicas arredor do uso da linguaxe e, en concreto, sobre o uso predeterminado dos morfemas de xénero masculino, pois moitas persoas consideraban esta forma de … Seguir lendo Discriminación lingüística?: A linguaxe inclusiva no colectivo LGTB

A loita contra a desinformación LGTB non está perdida

Maceira Borrazás e Hueso Gutiérrez  Como observamos nos posts anteriores, a conciencia social sobre a realidade do colectivo LGTBI é moi escasa. Educar dende o respeto e a liberdade significa tamén entender que o público debe ter nocións de temas como a diversidade sexual, a responsabilidade mediática, a discriminación positiva, o sensacionalismo, etc. Por esta razón, os medios deben estar á orde do día nestas … Seguir lendo A loita contra a desinformación LGTB non está perdida

Orgullo Crítico: o Pride non mediático

LÓPEZ CARBALLO, PÉREZ DÍAZ O xoves 22 de marzo tivemos unha reunión co noso círculo na que apareceu un termo do que a meirande parte da sociedade aínda non ten conciencia: o Orgullo Crítico. Isto é un movemento de reivindicación social que busca a non mercantilización e politización do Pride. Tras unha conversa na que se comentaron aspectos fundamentais relacionados co tratamento mediático do colectivo … Seguir lendo Orgullo Crítico: o Pride non mediático

Sergio (@posimental): “Nos medios nótase cando se intenta visibilizar para ben ou para mal”

Hueso Gutiérrez e López Carballo É imposible non recoñecer o papel que xogan as redes sociais no exercicio das relacións entre as persoas, e sobre todo entre as xeracións máis novas. A información que proporciona Internet á xuventude fai que sexa unha ferramenta clave na súa educación. O colectivo LGTB atopa tamén a súa representación no mundo web. Sergio, máis coñecido como @posimental nas súas … Seguir lendo Sergio (@posimental): “Nos medios nótase cando se intenta visibilizar para ben ou para mal”

O uso sensacionalista do colectivo LGTB nos medios

GÓMEZ MARIÑAS MARTÍNEZ FERNÁNDEZ A situación actual da prensa é cada vez máis precaria, polo que nos medios de comunicación está aumentando a tendencia de recorrer a noticias e sobre todo titulares sensacionalistas na busca de beneficios, sen importar a ética e que a profesionalidade diminúa ou incluso se abandonen mediante un tratamento informativo morboso. Este sensacionalismo dáse en moitos temas, e o colectivo LGTB … Seguir lendo O uso sensacionalista do colectivo LGTB nos medios

Educación e información: as chaves para evitar o sensacionalismo

PÉREZ DÍAZ O mércores pasado acudimos a unha reunión co noso círculo, na cal tratamos diversos temas de interese para eles. Empregamos varias noticias que serviron de precedente para falar acerca de varios aspectos relacionados cos medios de comunicación. Un dos temas tratados foi o tratamento académico que se fai sobre a diversidade sexual e o tratamento do colectivo LGTBI desde as aulas e o … Seguir lendo Educación e información: as chaves para evitar o sensacionalismo

Como falan os medios sobre o colectivo LGTBI?

GARCÍA BALSEIRO ; PÉREZ DÍAZ Decidimos comparar dúas noticias para analizar o tratamento da información que diferentes medios fan en relación ó colectivo LGTBI: Cincuenta asociaciones de diecisiete países apoyan la Declaración de Madrid por la Comprensión, el Respeto y la Libertad que defiende los derechos frente al “engaño del género” HazteOír é a organización que escribe e publica a noticia, apoiándose sempre en fontes … Seguir lendo Como falan os medios sobre o colectivo LGTBI?

O colectivo LGTB nos medios

S2B

Nos últimos anos o colectivo LGTB estivo reivindicando a visibilidade dunha realidade coa que levamos séculos convivindo. Lesbianas, gays, transexuais e bisexuais son os grupos máis representativos dun colectivo que crece cada día.  A nosa proposta pretende mostrar todo aquilo que non coñecemos acerca desta comunidade, dándolle máis visibilidade e centrándonos naqueles aspectos que máis lles preocupen.

Seguir lendo “O colectivo LGTB nos medios”