Santiago, a necesidade dun turismo baseado no benestar cidadán

Lezcano González

Sempre entendín Santiago como un lugar turístico. Cando tiñamos o privilexio de ser estudantes na cidade, adoitabamos dicir: “vin un día no verán e non coñecía a ninguén, todo estaba cheo de guiris!”. Parecía que xa non nos facía moita gracia a presenza de estranxeiros nos nosos espazos cando os estudantes marchabamos. É evidente que a estacionalidade era moito máis acusada entón. Era o final dos 80 e principios dos 90. Aínda podiamos mercar nas tendas “de toda a vida”: na mercería, nun par de boas librarías,  en tendas de roupa ou de ultramarinos, na clásica panadaría das dúas señoras da esquina da Rúa Nova, ou na tenda de cirios. A vida mesma, moi real.

Seguir lendo “Santiago, a necesidade dun turismo baseado no benestar cidadán”

O turismo dende a educación e o comercio

Gómez Fernández, López Otero

Sabemos que a día de hoxe a masificación do turismo é un feito. Se nos centramos no caso de Santiago de Compostela, podemos comprobar que a afluencia turística concéntrase na zona na praza do Obradoiro e o casco histórico. Con anterioridade contamos coa visión de expertos en turismo, porén neste caso quixemos saber como se enfoca a actividade turística desde o ensino e o comercio. Para isto, falamos con Manuel Noceda Ferreiro, estudante do ciclo de formación profesional de Guía, información e asistencia turística; Yago García, ilustrador que conta cunha empresa de merchandising sobre o Camiño de Santiago e Eva Tato Collazo, presidenta de AIESEC na capital galega, unha organización que, xunto a moitas outras actividades, organiza intercambios entre estudantes de todo o mundo. Seguir lendo “O turismo dende a educación e o comercio”

“Non cre que isto pecha a visión do xornalismo?”

Gómez Fernández, López Rey

“Somos o segundo país máis turístico do mundo e en Santiago vívese eminentemente desta actividade”. Esta afirmación do xerente de Compostela Monumental, José Ángel Blanco, deu comezo á reunión co círculo sobre o tratamento que recibe esta temática nos medios de comunicación. A influencia destes na sociedade é innegable, polo que desta volta contamos coa participación do xerente do departamento comercial do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, Carlos Piñón; o presidente da Asociación de Veciños Casco Histórico, Marcos Pombo e a representante de Acción Universitaria, Olga Cárcamo.

Seguir lendo ““Non cre que isto pecha a visión do xornalismo?””

Marcos Pombo: “Santiago é máis”

López Cillero, Pérez Cacharrón

Se fosemos pola rúa preguntándolle ás persoas que é o primeiro que se lles vén á cabeza cando se fala de Santiago, a maioría das respostas xirarían entorno á Praza do Obradoiro e á Catedral. Así pois, cando nos poñemos a navegar pola rede para coñecer que lugares se poden visitar en Santiago, case todas as páxinas web ofrecen un top 10  de puntos de interese e a maioría pertencen ao casco histórico da cidade. Está moi enfocado ao turismo relixioso. Pero, existe a posibilidade de que se desconxestione a améndoa da cidade vella e se logre un turismo máis sostible? Por iso, falamos con Carlos Piñón, responsable do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia e con Marcos Pombo, presidente da Asociación de Veciños do Casco Histórico. Seguir lendo “Marcos Pombo: “Santiago é máis””

O tratamento intermitente do turismo nos medios de comunicación

López Cillero, López Rey

Con motivo da Semana Santa, os medios de comunicación énchense de información sobre as previsións de ocupación en aloxamentos nas principais cidades españolas. Ademais disto, tras os días festivos, as novas sobre a polémica da regulación de vivendas turísticas en Santiago de Compostela, que xa ocuparon a portada de xornais meses atrás, volven a ser novidade. Por esta razón, imos analizar o tratamento destas temáticas na prensa.

Seguir lendo “O tratamento intermitente do turismo nos medios de comunicación”

Panorama turístico en Santiago de Compostela

Muñoz Fernández, Pérez Cacharrón

Santiago de Compostela recibiu 2,6 millóns de viaxeiros no 2017. A capital é un dos núcleos turísticos máis importantes grazas ao Camiño de Santiago e a Catedral, que xeran un fluxo que segue aumentando ano tras ano. A análise da actividade turística é complicada, pois non hai gran cantidade de información para o seu contraste. Seguir lendo “Panorama turístico en Santiago de Compostela”

A taxa turística en Santiago de Compostela

González Fungueiriño, López Otero

A taxa turística tratase dun imposto establecido por lei, que grava ós viaxeiros cando estes visitan unha localidade ou país determinados. O imposto soe cobrarse no aloxamento ou ó reservar un billete de avión. Esta taxa turística é aplicada polos gobernos e concellos co fin de teren un fondo destinado a medidas de conservación, desenvolvemento e promoción das infraestruturas e as actividades turísticas, así como ó financiamento para garantir a protección do entorno natural. Seguir lendo “A taxa turística en Santiago de Compostela”