Educación e comunicación: a loita para o futuro das mulleres

S3A

Defende Gerda Lerner (1986) que o patriarcado é “a manifestación e institucionalización do dominio masculino sobre as mulleres e nenos e nenas da familia, e a ampliación dese dominio sobre as mulleres na sociedade en xeral”. Esta definición poderiamola estender á actualidade xa que, é evidente a superposición do home respecto da muller en todos os sectores sociais. Un dos ámbitos onde isto se fai máis notable é no mundo da comunicación, co que temos traballado estes últimos meses.

Seguir lendo “Educación e comunicación: a loita para o futuro das mulleres”

Advertisements

O feminismo ten ideoloxía?

Santomé Seijas, Ulloa Peteiro

Os movementos feministas están a ter unha forza histórica e son unha revolución que persegue a total emancipación, igualdade de dereitos e empoderamento feminino en todos os niveis. Evidentemente estas novas mobilizacións, como xa comentamos en anteriores publicacións, non están a pasar desapercibidas polos partidos políticos e están avanzando de xeito significativo respecto a anos anteriores. Pero ata que punto é posible acadar unha igualdade real dentro do noso sistema económico e político? Ten o feminismo ideoloxía? Seguir lendo “O feminismo ten ideoloxía?”

Protéxense realmente a liberdade e indemnidade sexuais?

Pérez Viéitez; Piñeiro Maneiro

Unha das reformas en España do Código Penal, concretamente a do 25 de novembro do 2003, supuxo a introdución dun novo artigo: o 184, para o delito de acoso sexual. O concepto en si, refire á situación producida cando unha persoa no ámbito dunha relación laboral, docente ou de prestación de servizos aproveita dita circunstancia para solicitar favores de natureza sexual a outra persoa xerando unha situación intimidatoria e humillante. E é que esta situación condénase ou ben con prisión de tres a cinco meses,  Seguir lendo “Protéxense realmente a liberdade e indemnidade sexuais?”

Os prexuízos estéticos nas mulleres xornalistas: entrevista a Laura Queijeiro

Siso Zapata Co 8 de marzo aínda na retina da sociedade, seguimos querendo coñecer as trabas polas que pasan as mulleres, sobre todo, no noso ámbito: o do audiovisual. Empezamos por un asunto que, sen dúbida algunha, é tan obvio que consegue pasar desapercibido: os prexuízos estéticos. En casos como a contratación de determinadas mulleres que posúan mellor “imaxe” por parte de empresas relacionadas coa … Seguir lendo Os prexuízos estéticos nas mulleres xornalistas: entrevista a Laura Queijeiro

Ter voz no que contamos

Fátima Frieiro Santaya (colaboradora)

A finais dos anos 60, un grupo de mulleres que traballaban na revista norteamericana Newsweek organizáronse para esixir que os seus artigos, aqueles que elas investigaban e documentaban, fosen asinados co seu nome e apelidos. Tradicionalmente as mulleres tiñan vetado o seu protagonismo nas primeiras planas dos medios de comunicación, facendo un traballo sucio para os seus compañeiros homes, que eran os que levaban o aplauso do público. Elas investigaban, eles asinaban. A súa historia foi contada por  Seguir lendo “Ter voz no que contamos”

O falso feminismo dos medios de comunicación

Santomé Seijas, Pérez Pérez

Fai escasos días que o feminismo vivía unha das súas maiores vitorias. As manifestacións do oito de marzo foron históricas, desbordaron os límites ata agora coñecidos e fixeron ver o poderío dun feminismo insurxente e reivindicativo. Esta folga feminista difundíase nos medios de comunicación convencionais e nas redes sociais, como unha oportunidade de visibilidade para as mulleres na que se viu implicada  gran parte da poboación española (sobre 6 millóns) para acadar unha igualdade que, polo de  Seguir lendo “O falso feminismo dos medios de comunicación”

A educación en feminino

Santomé Seijas

Os actuais modelos de consumo fomentan conductas que empeoran de xeito significativo a situación das mulleres, complicando a consecución das tan necesarias reivindicacións feministas, en concreto no ámbito audiovisual. Por iso, a mellor arma para acabar coa submisión das mulleres no sistema patriarcal é a educación en clave feminista, amosando e explicando o problema co fin de erradicalo da hexemonía cultural.

Seguir lendo “A educación en feminino”

Os medios sometidos ao poder, e onde queda a liberdade?

Pérez Pérez

Resulta paradóxico que, sendo os medios de comunicación quen deberan denunciar os desequilibrios sociais, a sociedade de información estea máis ben, respecto ao asunto que será tratado, desinformada. A desigualdade entre homes e mulleres é unha realidade que se contempla no noso país, tanto no que se refire na remuneración salarial coma o xa coñecido e non superado “teito de cristal”. A imaxe que os medios mostran da muller non é a máis adecuada para superar esta cuestión. Imos, pois, a facer unha profunda Seguir lendo “Os medios sometidos ao poder, e onde queda a liberdade?”

Muller e Comunicación

 S3A

A día de hoxe, é innegable que vivimos nunha sociedade patriarcal que, dende hai miles de anos, sitúa á muller nunha posición de inferioridade fronte ao home. Imos centrarnos nunha das ramas máis acentuadas e evidentes desta desigualdade: o ámbito laboral, concretamente o mundo da comunicación audiovisual, que é o que nos afecta directamente. Seguir lendo “Muller e Comunicación”