Forza e voz para as comunidades e medios alternativos

S3D O pasado Martes día 17 tivo lugar a octava xornada de debates da iniciativa Filosofía a pé de rúa, consistente nun debate sobre a cultura hexemónica. O acto tivo lugar no Airas Nunes Café e interviron como poñentes Diego Horschovski, da revista Lume; a Charo López, de Novas da Galiza; Mario Vilariño, de Balea Cultural; e Toni España, de Radio CampusCulturae. Mike B. moderou … Seguir lendo Forza e voz para as comunidades e medios alternativos

Como é a situación dos medios alternativos en Europa?

PÉREZ LOJO; VÁZQUEZ MARTÍNEZ Actualmente en Europa existe unha ampla regulación que ampara aos medios. Estas leis semellan apoiar a sociedade actual e a información independente con dereitos relacionados coa liberdade de prensa e diferentes axudas. En palabras de Carme Mayugo, doutora en comunicación e educación e fundadora do colectivo Teleduca, isto provoca un desinterese pola loita social ao considerar que estas sociedades acadaron certas … Seguir lendo Como é a situación dos medios alternativos en Europa?

A importancia da neutralidade na Internet

VÁZQUEZ MARTÍNEZ O pasado decembro, a Comisión Federal de Comunicacións (FCC, segundo as súas siglas en inglés) derrogou a lei de neutralidade na internet nos EEUU. Apoiándose en que os republicanos son maioría dentro do organismo que regula as comunicacións, a administración Trump impuxo a súa teoría e acabou con esta lei do goberno de Obama. Este cambio afecta á Internet mundial de maneira importante, … Seguir lendo A importancia da neutralidade na Internet

Nada é tan democrático como un medio de comunicación alternativo

CONDE GAUTE Nada. Nada en absoluto é tan democrático coma un medio de comunicación alternativo. Ningún lugar do planeta no que eu estivera medrou con saúde sen eles. Pois trátase dunha búsqueda, unha necesidade do pobo de atopar e entregar respostas aos seus pares que os medios masivos, as institucións e, por suposto, o sistema, lles estan negando. Porque aquí está a cuestión: ¿medios alternativos … Seguir lendo Nada é tan democrático como un medio de comunicación alternativo

Educomunicación ou educación mediática?

SOUTELO CHARLE; VÁZQUEZ MARTÍNEZ A evolución das doutrinas sobre medios de comunicación comunitarios avanzou de forma moi diferente dependendo do lugar no que reparemos. Existen dúas correntes principais: a sudamericana e a europea. Comezando pola primeira das dúas teorías nomeadas, podemos dicir que, baixo o nome de educomunicación, a evolución chegou a un punto no que se pode definir como “a dinámica ambivalente entre a … Seguir lendo Educomunicación ou educación mediática?

Que pensan os medios alternativos dos medios de masas?

RIANDE GARCÍA; VÁZQUEZ MARTÍNEZ Os medios de comunicación de masas actualmente están controlados polos poderes económicos en España. Este é un dos puntos nos que máis se diferencian dos medios alternativos, ademais do público ao que van dirixidos e das liñas editoriais que seguen, xa que os medios comunitarios están construídos pola propia comunidade e non por un conglomerado de intereses económicos e políticos que … Seguir lendo Que pensan os medios alternativos dos medios de masas?

As dificultades de financiamento para os medios alternativos e comunitarios en Galicia

PÉREZ LOJO; VÁZQUEZ MARTÍNEZ Os medios alternativos, debido a súa construción e concepción, xeran un espazo de libre participación social, cumprindo un papel importante para o exercicio pleno da democracia comunicacional. As dificultades económicas que levan consigo o autofinanciamento ou a dependencia financeira por contidos ou por subscricións, súmanse á morea de restricións que se adoitan impor a nivel estatal sobre este tema. O último … Seguir lendo As dificultades de financiamento para os medios alternativos e comunitarios en Galicia

Que papel xogan as redes sociais para os medios alternativos?

PRADA NUÑEZ; VÁZQUEZ MARTÍNEZ Dende a aparición das redes sociais, o mundo da comunicación non é o mesmo, xa non só facendo alusión á caída da prensa en papel con respecto á súa irmá na rede, tamén e sobre todo aludindo ás novas formas de difusión. O público variou moito ao longo dos anos: xa non para a comprar o xornal nin a botarlle unha … Seguir lendo Que papel xogan as redes sociais para os medios alternativos?

Novas visións dos medios alternativos de Compostela

TATO ARJONA Santiago de Compostela, quizais polo seu ambiente universitario, sempre foi unha cidade na que os movementos sociais emerxentes estiveron presentes. Hoxe, como non podía ser doutro xeito, as iniciativas alternativas seguen aparecendo e sucedéndose unhas a outras, pero nós poremos o foco sobre os medios de comunicación alternativos, a vangarda do xornalismo. A través do coloquio que presentamos a continuación, os medios alternativos … Seguir lendo Novas visións dos medios alternativos de Compostela