A saúde mental, da man cun novo xornalismo

Existen moitos tipos de discapacidade, pero uns son máis coñecidos pola cidadanía ca outros. As enfermidades mentais conforman as grandes esquecidas dentro das minusvalías. Isto, en parte, é culpa do tratamento dado nos medios de comunicación ás novas sobre saúde mental, as cales moitas veces son ata inexistentes. A súa normalización depende do que le a xente no día a día; que se visibilice ao colectivo vén dado pola información que a prensa proporcione ao lector.

Seguir lendo “A saúde mental, da man cun novo xornalismo”

Advertisements

A saúde mental contada dende dentro

Este post foi realizado por dous pacientes do centro que coordina en Dodro a Asociación Andaina. A intención do mesmo é a de mostrarlle ao mundo aquela información que eles consideran ignorada nos medios de comunicación, valéndose das súas propias experiencias dentro do mundo da saúde mental. Nós só servimos de ponte entre a súa voz e a sociedade, achegando os medios informáticos á súa vila rural. 

Seguir lendo “A saúde mental contada dende dentro”

A súa voz: a importancia da escoita

“Somos unha familia”. Esta é a visión de Rosa e Daniel, dous membros de Andaina que levan xa seis e oito anos respectivamente na organización. Ambos viven moi preto, na mesma vila rural, o que lles facilita participar en todas actividades que realiza a asociación en Dodro. Teatro, radio, unha horta, produción de sidra… Todas son actividades que lles permiten desfrutar do momento, pensadas para que establezan relacións afectivas e que lles axude a afrontar a súa enfermidade.

Seguir lendo “A súa voz: a importancia da escoita”

Muller e discapacidade: unha doble discriminación

Marta Otero Mayán

Como xa espuxemos en anteriores entradas, a saúde mental non sempre resulta representada de xeito correcto nos medios de comunicación. A tendencia sensacionalista e morbosa que se adoita seguir nestes casos é o camiño inevitable cara a creación dun estigma negativo arredor destas enfermidades. Porén, dentro deste colectivo xa perxudicado de por si; atópase un suxeito que ten unha porcentaxe maior de desventaxe: a muller discapacitada. Seguir lendo “Muller e discapacidade: unha doble discriminación”

A dubiosa actuación do Estado contra a ludopatía

  “Eu con 16 anos ía ao bar de aquí ao lado e non me pedían o DNI para apostar” con esta confesión daba lugar o comezo da nosa segunda reunión coa asociación AGAJA, palabras que dan que pensar sobre a regulación e a leis existentes, e por tanto do papel que desempeña o Estado en todo isto. O acceso as máquinas de apostas ou … Seguir lendo A dubiosa actuación do Estado contra a ludopatía

Axudas a persoas con enfermidades mentais: mellora das calidades físicas básicas

Lorena Rey Landeira

Na actualidade, as persoas que sofren algunha enfermidade mental non obteñen unha resposta sanitaria adecuada. A intervención só se limita ao tratamento nas fases agudas durante un período breve. O enfermo recibe algún medicamento que o estabiliza por aquel entón, e así , é devolto ao seu entorno familiar sen recibir ningún tipo de axuda. Non existen os servizos de apoio.

Seguir lendo “Axudas a persoas con enfermidades mentais: mellora das calidades físicas básicas”