Colaboración: Non se pode pretender arranxar a situación machista dende só un ámbito

Rebeca Chaves Pérez, estudante de filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, fala hoxe no OCC. Unha vez vista a nosa participación e a dos nosos compañeiros no blogue, decidiu colaborar con nós debido a que a presencia e o tratamento dos medios ás mulleres aféctalle, como muller, en primeira persoa. Desta maneira, non quixo quedarse de brazos cruzados e, como ela di: “Quero facer coma vós e darlle voz a quenes non a teñen“. De seguido, a súa colaboración con nós no blogue. Seguir lendo “Colaboración: Non se pode pretender arranxar a situación machista dende só un ámbito”

Advertisements

Xornalismo e democracia: a outra realidade.

Cando comezamos este proxecto non nos imaxinábamos todo o que cabía detrás das palabras xornalismo e democracia. Nin de lonxe. Desde o día un, tratamos de explicar que o xornalismo é unha forma de liberdade de expresión e como tal, indispensable nunha democracia representativa como é a nosa. O exercicio do xornalismo responde á misión de garantir a verdade,  de fomentar o diálogo e o … Seguir lendo Xornalismo e democracia: a outra realidade.

Consellos para evitar a precariedade

Como foi comentado no anterior post  Unha acción fronte ao silencio, dende o noso equipo e coa colaboración directa dos nosos círculos, decidimos crear a modo de acción un código deontolóxico que axude aos xornalistas a previrse da precarización, máis alá do clásico que estamos acostumados a ler todos os que exercemos ou imos exercer esta profesión. O xornalismo atópase cada vez máis perseguido e o … Seguir lendo Consellos para evitar a precariedade

A necesidade das radios comunitarias

  Tras a visita ás radios comunitarias Cuac FM (A Coruña) e Filispim (Ferrol) nos plantexamos a importancia do terceiro sector e súa función social. Este tipo de radio opta por dar voz a colectivos que non poden acceder aos grandes medios, os cales xogan a favor de intereses económicos e o sensacionalismo para captar audiencia. Estes, ao contrario, tentan evitar a banalidade e o factor económico. As radios comunitarias serven para … Seguir lendo A necesidade das radios comunitarias

Ser freelance, a cambio de nada?

No anterior post tratouse o tema dos freelance. En qué consiste o seu traballo, as vantaxes e inconvenientes que ten, a visión da sociedade sobre este oficio e a súa proxección futura. Mais é preciso centrarse nos numerosos problemas que sofren os freelance, considerando que non teñen seguro, deben ocuparse de absolutamente todo e a gran maioría das veces o diñeiro percibido polo seu traballo é ínfimo.

Seguir lendo “Ser freelance, a cambio de nada?”

A opresión dos medios masivos sobre os comunitarios

Opresión, olvido e, en moitas ocasións, marxinación. O día a día nos medios comunitarios en España non é, para nada, sinxelo. Na reunión, mantida nas instalacións da ferrolá radio Filispim, tivemos a oportunidade de coñecer as dificultades ás que se enfrontan este tipo de medios para tratar de competir coa hexemonía dos medios masivos. Tamén foi posible deixar ben claro que as radios comunitarias funcionan … Seguir lendo A opresión dos medios masivos sobre os comunitarios

As prácticas como paradigma da precariedade

Noo anterior post falábamos das condicións ás que estaban expostos os xornalistas cando exercen despois de rematar a carreira. A pesar da hostilidade imperante que hai no mercado laboral, no caso do xornalismo é máis preocupante pola súa condición de servizo social, pero acaba por asumirse como un fallo máis do sistema. Pola contra, esta situación non é exclusiva dos estudantes xa graduados e con experiencia laboral.

Seguir lendo “As prácticas como paradigma da precariedade”