Indicadores

INDICADORES

Da táboa

  • Emprego da linguaxe
    • Adxectivar aos suxeitos, omitindo a condición de persoa.
    • Manexar conceptos con implicacións negativas ou que non sexan inclusivos e actualizados
    • Emprego dunha linguaxe e/ou expresións pouco respectuosas coa dignidade das persoas.
  • Visibilidade e invisibilización
    • Non contar como fonte informativa coa persoa ou os grupos de atención social prioritaria aos que se refire a información.
    • As informacións invisibilizan a realidade dos grupos de atención social prioritaria, ocultando os seus problemas e demandas
  • Diversidade e homoxeneización
    • Non ter en conta ás persoas como suxeitos individuais senón só como suxeitos pertencentes a un grupo. Representar a unha persoa mediante as características do grupo social ao que pertence. Sen amosar as súas propias particularidades
    • Extrapolar unha característica individual ao conxunto de características que definen a un grupo. Representar á totalidade dun grupo social mediante a caracterización dunha soa persoa.
    • Encasillar nun colectivo concreto ás persoas, sen contemplar a abordaxe personalizada, plural e coordinada dende os distintos colectivos de atención aos que pode pertencer.

-Propios

  • Normalización ou a súa ausencia
    • se as persoas do grupo son tratadas con total  normalidade ou se marcan as diferenzas ou condescedencia no tratamento informativo tratamento espectacularizante.
    • tendencia do medio de comunicación e enfoque das noticias.

 

INDICADORES

Na  realización dos círculos de lectura tratarase a análise negativa ou desfavorable que os medios de comunicación, na súa vontade por dar cobertura a diversos feitos, realizan sobre temas relacionados co  colectivo LGTBI (Lesbianas, Gais, Transexuais, Bisexuais e Intersexuais).

Para iso establecemos unha serie de indicadores, isto é, aspectos concretos nos que cremos que debe centrarse esta análise.

Un deles é a crítica cara  a linguaxe empregada na redacción informativa, que, tal e como podemos observar na actualidade, é superficial e moitas veces errónea, xa sexa por falta de coñecemento ou de  conceptos.

Así mesmo, advertimos certa tendencia nos medios informativos á  xeralización e homoxeneización das persoas pertenecentes a este colectivo, sen existir a conciencia de que cada persoa é  diferente  polo que non deben de ser diluidas en convencións ou crenzas xenéricas. Para paliar isto, as noticias deberían contar co relato e as declaracións das persoas implicadas nos feitos, conseguindo así unha maior e mellor visibilidade.

Tamén se analizarán aquelas noticias nas que se realice un tratamento espectacularizante do tema, indo en contra por tanto da normalización e inclusión.

Por último, tamén serán obxecto de análise aquelas noticias nas que a  neutralidade do xornalista  non sexa moi clara e poida  implícitamente coñecer a súa postura. Así mesmo tamén se tratarán aquelas noticias nas que non haxa contras de fontes, unha das grandes lacras desta profesión.

 

Advertisements