Suxeitos
S1A LGTBI
Avante LGBT: asociación xurdida en 2017 en Santiago de Compostela, que opera a nivel autonómico e conta con diversas delegacións nas principais cidades galegas. A súa finalidade principal é loitar contra o patriarcado e a heteronorma; de igual xeito, apoian o feminismo e a liberdade sexual e de xénero. Adoitan organizar asembleas e eventos relacionados co colectivo, e tamén funcionan coma un punto de información.
ARELAS: asociación creada en xullo de 2015 á que pertencen familias de menores trans; tamén conta cun grupo de traballo de adultxs trans. Loita polo recoñecemento dos dereitos deste colectivo en todos os ámbitos, e pretende visibilizar ás persoas trans, ofrecer apoio e asesoramento ás familias e formar e informar á cidadanía a través de charlas, mesas redondas, elaboración de protocolos, etc.
S2B Muller e Comunicación
Xornalistas Galegas: Xornalistas Galegas é un colectivo composto por máis de 200 mulleres profesionais dentro do campo das Ciencias da Comunicación que desenvolven, dentro de Galicia, a súa actividade en defensa dun xornalismo cunha clara perspectiva feminista. Visibiliza, desestigmatiza e promove unha comunicación informativa coa presenza e a acción de mulleres. Twitter.
S3C Mocidade e Comunicación
Centro Xuvenil Don Bosco: É un proxecto de animación xuvenil por parte dun conxunto de entidades que intenta satisfacer as necesidades da mocidade compostelá. O seu obxectivo é tratar de resolver a problemática da xuventude e favorecer a súa formación a nivel educativo.
Federación de ANPAS ‘Compostela’: É un conxunto de asociacións de nais e pais de alumnos que ten como interese a defensa da calidade da educación pública. Intentan intercambiar opinións a través do compromiso dos implicados na comunidade educativa co obxectivo de sensibilizar ós pais e nais sobre a defensa dun ensino público de calidade.
Sindicato Nacional de CCOO de Galicia: É unha organización sindical formada por traballadores e traballadoras que pretende defender os intereses da sociedade para que sexa máis xusta. Os principais obxectivos do sindicato é promover e conseguir a igualdade en Galicia, combatendo as discriminacións por motivos de xénero ou orixe e defendendo ós traballadores e ás traballadoras, á mocidade, e ós inmigrantes.
S3B Bens Relacionais
Colabora connosco Ígor Mella, bolseiro de pedagoxía na Facultade de Ciencias da Educación da USC. Participa no grupo de investigación Esculca, integrado por profesores de facultades como Ciencias da Educación, Filosoxía e Psicoloxía, bolseiros e persoal contratado. A función deste grupo é tratar diversos temas relacionados coa pedagoxía e a educación como os procesos motivacionais na educación, aprendizaxe cooperativa ou antropoloxía cultural. Destacan pola organización de actividades de I+D, xa que contan co apoio de fundacións e do Ministerio de Educación e Ciencia.
Contamos tamén coa participación de Roberto Castro, membro do Gabinete de Comunicación da USC.
O Gabinete de Comunicación encárgase de difundir as actividades e proxectos relacionados coa universidade nos medios de comunicación (ámbito científico, académico, cultural ou institucional), ademais de atender as demandas de información dos propios medios. Para realizar as súas funcións, distribúe as súas actividades en tres grandes áreas: comunicación interna, comunicación externa e comunicación institucional.
Cidade e Vida
S1D Ensino
I.E.S Maruxa Mallo de Ordes: Instituto de Educación Secundaria público situado en Rúa As Casillas, s/n, 15689 Ordes, A Coruña. Trátase dun centro educativo con moi boa reputación, destacando pola creación da Axencia Espacial Escolar Galega e sendo exemplo a seguir da calidade da educación pública.
I.E.S Félix Muriel: Instituto de Educación Secundaria público situado en Calle Rianxiño Zona Alta, 15920 Rianxo, A Coruña. Os seus principios educativos son a ensinanza democrática, sen exclusións, con valores e útil para a vida e para a vida en sociedade. Buscan unha educación activa, crítica, reflexiva, solidaria, tolerante e participativa, ademais de non sexista, respetuosa coa diversidade e normalizadora da lingua galega.
Ronsel do Campus: Ronsel do Campus é un programa de enriquecemento que defende a idea da cooperación e o traballo en equipo a través de módulos de índole artística, científica ou tecnolóxica, entre outros, como base fundamental para o desenvolvemento integral dos nenos e nenas con altas capacidades. Ronsel procura entender a realidade das altas capacidades seguindo un esquema afastado dun contexto estritamente académico abordando os obxectivos mediante a inclusión de contidos extracurriculares: A educación académica de natureza programada e dirixida xera dificultades no desenvolvemento de experiencias creativas e potenciadoras do pensamento lateral.
I.E.S Pontepedriña: Instituto de Educación Secundaria público situado en Rúa de Amor Ruibal, 28, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña. Pretende constituírse nun espazo de convivencia e
formación da xuventude do seu contorno, nun ambiente plural que promova a participación, a tolerancia, a solidariedade e o desenvolvemento intelectual
nunha perspectiva crítica e racional da cultura, a sociedade e a ciencia do noso
tempo.
S2C Saúde e Comunicación
AGADEA (asociación galega de axuda aos enfermos con demencias). Trátase dunha asociación sen ánimo de lucro que desenvolve terapias de estimulación cognitiva e psicomotrices para persoas con deterioro cognitivo lixeiro e persoas con alzheimer e outras demencias en grao leve ou moderado.
SOS Sanidade Pública: SOS Sanidade Pública é unha plataforma a nivel galego que reivindica a defensa dos servizos de saúde públicos. Esta plataforma está liderada por Manuel Martín, presidente da Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública.
S3A Mobilidades Urbanas e Rurais
Federación de ANPAS ‘Compostela’: É un conxunto de asociacións de nais e pais dealumnos que ten como interese a defensa da calidade da educación pública. Intentan intercambiar opinións a través do compromiso dos implicados na comunidade educativa co obxectivo de sensibilizar ós pais e nais sobre a defensa dun ensino público de calidade.
FERUSA: Esta asociación grupa a 19 asociacións veciñais das parroquias rurais de Santiago de Compostela, que son 21 en total, polo que representa ao 90% do rural de Santiago. Ten como obxectivo primordial defender os dereitos da veciñanza do rural de Santiago, loitando por unha mellor calidade de vida, tanto no momento actual como para as xeracións futuras.
Asociación Veciñal A Xuntanza:“A Xuntanza” é unha Asociación Veciñal interesada na mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas do barrio. Queremos contribuír á solución dos problemas e tamén das carencias que hai tanto a nivel de equipamentos e infraestructuras dotacionais como no ámbito da convivencia, a saúde, a cultura, o traballo e o lecer.
Que facemos:
– Análise dos problemas do barrio e propostas de solución.
– Actividades educativas e de dinamización sociocultural
– Recuperación das festas populares (magostos, antroidos…).
– Programas para uso social das novas tecnoloxías.
– Cooperación con outras asociacións na Coordenadora do Barrio e coa Rede de Centros Socioculturais para desenvolver accións comúns.
– Colaboración con outras asociacións veciñais de Compostela.”
AMICO: AMICO é unha asociación que ten como misión principal a de promover a defensa dos dereitos das persoas con discapacidade de Compostela e Comarca. É unha entidade sen ánimo de lucro, independente e libre, aconfesional e antipartidista. AMICO constituíuse no 1992 polo interese xeral dun grupo de persoas coñecedoras das necesidades e demandas das persoas con discapacidade veciñas para darlle resposta ás mesmas. Na última década iniciaron un proceso de renovación coa intención de incrementar a colaboración cidadá na misión, o nivel de participación pública e a realización de actividades dirixidas a alcanzar o maior grao de autonomía e independencia das persoas con discapacidade da contorna.
Autoescuela Santa Eulalia: A Autoescuela Sta. Eulalia leva 40 anos ao servizo dos condutores. Traballan con todo tipo de permisos (Am, Aml, A1, A2, B, C, D, E). Tamén dispoñen de coche automático para aquelas persoas que teñan diferentes problemas de mobilidade. Imparten cursos teóricos intensivos co fin de aforrar tempo e esforzo aos seus alumnos. Fan todo tipo de cursos enfocados aos profesionais do sector do transporte: CAP, Formación Continua, ADR (básico, cisternas, explosivos), transportista, carretilla elevadora, grúa autoportante… Sta. Eulalia está ao servizo dos seus clientes, poñendo á súa disposición un gran grupo de profesionais, medios técnicos e vehículos para que o resultado sexa o desexado, coa maior celeridade e garantía de éxito.
VIGalicia: Asociación sen ánimo de lucro, composta e xestionada por persoas con diversidade funcional. Valores: Dereitos Humanos e Civís, Axuda ao Apoio Mutuo, inclusión, responsabilidade sobre a propia vida e accións, dereito a asumir riscos.
Obxectivos: promover a vida independente, romper con modelos discriminantes, control sobre as propias vidas. Fins: promover alternativas á institucionalización imperativa e consecución e xestión de recursos suficientes para a Vida Independente. Misión: promoción da Asistencia Persoal (AP) tal e como se entende baixo o Ideario de Vida Independente que se basea no dereito de toda Persoa con Diversidade Funcional a exercer o poder de decisión sobre a súa propia existencia e participar activamente na vida da súa comunidade igual que calquera outro ciadadán.
S2D Activismos Creativos
Vella Escola é unha entidade que se dedica a promover e difundir en Galicia as manifestacións culturais e artísticas que nacen no medio urbano, centrándose fundamentalmente na mocidade mediante obradoiros e outros proxectos socioculturais.
Cestola na Cachola é unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro onde conviven distintos proxectos no ámbito do muralismo, a ilustración e a pintura artística. Ademais, ofrecen un servizo de acompañamento e consultaría para outros proxectos.
A Walking Gallery de Santiago de Compostela é un grupo de artistas que empregan as rúas desta cidade para chegar coas súas obras a un público máis amplo e variado que o que acode ás galerías de arte propiamente ditas.
Presentes da Comunicación
S1C Comunicación e Desenvolvemento
Con C de Comunicación: é unha axencia de publicidade que se encarga de que as empresas comuniquen correctamente e de que as mensaxes cheguen ao seu público obxectivo, aos medios de comunicación e á sociedade a través da canle máis axeitada. Tamén organiza eventos, realiza vídeos corporativos, xestiona redes sociais, etc.
Manos Unidas: ten como obxetivo dar a coñecer e denunciar ante a sociedade española a existencia da fame no mundo para así poder atopar solucións e poder facer fronte ás causas que provocan
En Manos Unidas apoian as poboacións máis vulnerables do planeta a través de organizacións locais coas que traballan en África, América Latina e Asia. Tamén apoian ás persoas que viven en condicións extremas de pobreza e risco de exclusión. Realizan accións de sensibilización en España có obxetivo de aumentar a conciencia e o compromiso das persoas con respecto a estes problemas.
InteRed: é unha ONGD fundada en 1992 que traballa en educación, desde o enfoque do xénero e dos dereitos humáns. Traballa polo recoñecemento do dereito universal a ter unha educación de calidade e igualdade.
Entreculturas: é unha ONGD xesuíta que defende o acceso á educación como medio de cambio social, xustiza e diálogo entre culturas.
Médicos do Mundo: atenden ás persoas desprotexidas e traballan contra os problemas que existen có acceso á asistencia sanitaria. Combaten contra a desigualdade e as inxustizas sociais.
S1B Precariedade no Xornalismo
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia: É unha corporación de Dereito Público que xorde para defender os intereses comúns de todas e todos os xornalistas e procura a mellora das súas condicións laborais. Actualmente, o Colexio conta con máis de 1100 colexiados.
A SEGA: É unha plataforma crítica que fomenta e incita á lectura de textos de autoras galegas.
Autodefínense como coñecemento feminista e subalterno onde se abre un espazo onde a crítica se entende coma un exercicio de intervención, de visibilización e de pertenza á comunidade lectora galega.
S2A Medios Comunitarios, Populares e Alternativos
Campo Galego: medio dixital de información do agro que aborda a actualidade de todos os sectores agrogandeiros de Galicia. O proxecto xornalístico pon o foco na información divulgativa e de servizo dirixida ó colectivo de profesionais do agro, así como na transformación e distribución dos produtos agroalimentarios. Campo Galego parte con vocación de pluralidade e está aberto á participación de todos os axentes do sector. O novo medio está impulsado e codirixido polos xornalistas Gonzalo Brocos e David González e conta cun equipo de colaboradores do xornalismo e do sector agrario.
IES Rosalía de Castro: Un dos centros educativos máis coñecidos e prestixiosos de Santiago de Compostela que puxo en marcha o desenvolvemento dunha revista escolar. O director deste IES Plurilingüe e, xa que logo, responsable do medio é Xabier Mouriño.
Mola.gal: páxina web ou webzine en galego que achega información e opinión sobre a actualidade do mundo da música, cinema, series, cómic e literatura, entre outros.
Radio CampUSCulturae: unha radio comunitaria nacida no seo do proxecto da Universidade de Santiago de Compostela campUSCulturae.
Dirixido polo profesor Xosé Antonio Neira Cruz, este proxecto está a prol das culturas do mundo, do entendemento multicultural e do fomento da diversidade e o pluralismo. Para darlle continuidade á iniciativa da radio creouse a Asociación Universitaria Cultural Radio campUSCulturae, unha organización sen ánimo de lucro cuxo actual presidente é Jonathan Barral Otero.
Quinteiro do Umia TV: proxecto de televisión comunitaria da zona
do Umia. O seu representante é Santi Martínez López. Os seus
contidos poden ser vistos gratuitamente a través da súa canle de
YouTube.
Radio Kalimera: radio comunitaria da cidade de Compostela. Estivo enemisión máis de 25 anos, pero actualmente atópase inactiva.
S3D Audiovisual Participativo
– Lorena Seijo, coordinadora de AGARESO:
A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) é unha organización sen ánimo de lucro, formada por un colectivo de profesionais do mundo da comunicación en Galicia que cren no poder da comunicación como ferramenta de transformación social. O seu principal obxectivo é utilizar as ferramentas de comunicación para conseguir a Transformación Social, principalmente a través de proxectos de Cooperación Internacional, Educación para o Cambio e Acción Social.reada en maio de 2008, AGARESO defínese como unha organización non gobernamental de desenvolvemento laica, comprometida politicamente pero apartidista. Estamos convencidas e convencidos de que a comunicación é unha disciplina imprescindible cara a unha reflexión social colectiva, o empoderamento dos individuos/as, a defensa dos dereitos humanos e o desenvolvemento dos pobos. Os seus integrantes están comprometidos co deseño, a produción, realización e difusión de proxectos de cooperación que contribúan á creación dunha cidadanía máis crítica e capacitada para a loita contra a desigualdade global.
– Coque Dosil, produtor do festival audiovisual Curtocircuito:
Curtocircuíto – Festival Internacional de Cine, naceu no ano 2003 como unha iniciativa do Concello de Santiago de Compostela, coa intención de potenciar a creación cinematográfica. Quince edicións despois, Curtocircuíto é un festival destacado no panorama estatal que traballa en contacto directo con outros festivais de Europa. Na súa Sección Oficial compiten filmes de todo o mundo e nas seccións paralelas ofrécese unha ampla variedade de duracións e formatos, tendo sempre a contemporaneidade e o risco como referentes. Curtocircuíto é un festival comprometido co seu tempo, que apoia os creadores e creadoras, a formación e a integración da cidadanía no mesmo. Máis alá de ser un festival de cine, coas súas actividades paralelas e concertos, Curtocircuíto é un punto de encontro lúdico e cultural.
– Iván Pérez, integrante de Savia Nova:
Iván Pérez é técnico medio e superior en xestión de recursos naturais e paisaxísticos. Graduado en Ciencias Ambientais e máster en profesorado. Tamén é bombeiro forestal, educador e presidente da mancomunidade de montes de Pontevedra. A súa vez é a cabeza visible e o protagonista de Savia Nova que é un proxecto audiovisual que amosa as virtudes e problemas do monte galego, facilitando a información para o relevo xeracional por medio de Youtube.
– Xoán-Xil López e Horacio Gonzalez Diéguez, ex-integrantes de Escoitar.org:
O 25 de xuño de 2006 Escoitar.org fixo público un mapa colaborativo, unha ferramenta nacida coa vontade de por en valor os sons do entorno e reivindicar a escoita como un proceso clave na construción dos discursos culturais. Este proxecto converteuse así nun espacio pensado máis en “instituír” que en “conservar”, en ofrecer e non en poser, someténdose a unha “democratización efectiva” que se mide sempre polo criterio da participación e o aceso ao arquivo, a súa constitución e a súa interpretación.
Creadora de contido dixital (2btube), Coordinadora de contidos catálogo & web e auxiliar de produción en Curtocircuíto – International Film Fest, Coordinación de invitados no Festival Melona, Creadora de contido audiovisual en Nano Studios S.L. e co-productora audiovisual.
– Xavi Castro e OlallaRodríguez, , levan a cabo o programa participativo Veráns de Cine en Sintelobos:
Integrantes de SinteLobos produtora de contidos audiovisuais e formación actoral.
– Lucas Santiago: Arqueólogo e director de documentais.
– Manuel Pena e Carmen Novas de FicBueu:
O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu nace en 2008 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público.