Colaboradores

 

 

Cidades, Comunidades e Desenvolvemento

 

Colaboradores do Grupo Barreiras Arquitectónicas (S3B)

FADEMGAFADEMGAFADEMGA Plena inclusión Galicia é a Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento. A súa misión é contribuír con apoios e oportunidades a que cada persoa con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e a súa familia poidan levar a cabo o su proxecto de vida, así como a promover a súa inclusión como cidadanía de pleno dereito nunha sociedade xusta e solidaria. Na actualidade conta con 40 entidades galegas federadas que prestan servizo a 4.331 persoas con discapacidade intelectual.

Atendiendo NecesidadesAtendiendo NecesidadesBlog escrito por Olga Sierra Cuadrillero, maestra especialista en pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe, experta en trastornos do espectro autista, en intervención logopédica e especialista en atención temperá. Trata temas relacionados coa diversidade funcional achegándose especialmente á xente máis nova, mostra dende terapias e noticias, ata películas e libros relacionados co tema.

 

ACEM

ACEM: Asociación Compostelana de Esclerosis Múltiple. Asociación que pretende dar luz sobre esta enfermidade, tendo como principal obxectivo o de mellorar a calidade de vida das persoas afectadas.

 

 

Colaboradores do Grupo de Mobilidade (S1C): 

LOGOAmico (1)Amico: Entidade sen ánimo de lucro que ten como obxectivo a promoción e defensa dos dereitos das persoas con discapacidade de Santiago de Compostela e Comarca. Constituída no 1992, é unha entidade independente, libre, aconfesional e apartidista.

LOGOAsBrañasdeAndrésAsociación veciñal “As Brañas de Andrés”: As Brañas de Andrés é una organización veciñal sen ánimo de lucro que realiza actividades para os veciños da zona. Dende o 2009 teñen un local moi ben equipado na rúa de Vista Alegre, que é precisamente onde realizamos as reunións de círculos.

LOGOCascoHistórico

Asociación de veciños “Casco Histórico”: Esta organización foi creada no ano 2015 por un grupo de residentes e comerciantes da zona de San Martiño Pinario, para que os veciños da zona poidan ter voz no Concello. A súa sede está situada no corazón da zona vella de Santiago, e dende alí, os seus membros traballan para mellorar os servizos no casco histórico.

 

 

Colaboradores do grupo Recursos Hídricos (S2D)

11265080_834107986683527_880103775900684401_n

Club Vía Láctea:  É unha agrupación sen ánimo de lucro formada por persoas de distintas procedencias, idades e sexos que se reunen co fin de disfrutar da natureza mediante o senderismo e o montañismo. Son un grupo de afeccionados que nos ratos libres unense pola práctica de deporte.

408086_10150697859699359_225650090_n

Fundación Galicia Sustentable:  É unha fundación galega sen ánimo de lucro. O seu obxectivo é o aproveitamentodo potencial de Galicia de cara á sustentabilidade. Pretende acadar unha sociedade cuxos individuos actúen de forma sustentable tendo en conta as necesidades futuras.

 

 

19247946_821099238064002_4903831202484421362_n

Plataforma pola Recuperación do río Sar:  É unha organización sen ánimo de lucro que se preocupa polo medio ambiente e polo estado do río. Agrupa a veciños de Santiago, Ames, Rois, Teo, Brión, Dodro e Padrón. Naceu no ano 2011 para recuperar os niveis de salubridade do río e identificar os vertidos que sofre o Sar para poñelos en coñecemento dos concellos implicados co fin de adoptar as medidas necesarias.

 

Colaboradores do Grupo de Seguridade viaria (S2A):

AAVV Dr. Maceira: Entidade veciñal de Conxo, a máis antiga do barrio compostelano. Esta asociación destaca pola súa grande actividade á hora de denunciar desperfectos urbanísticos que poidan afectar á seguridade dos cidadáns. (Sen logo e sen páxina web)

Composcleta: Asociación sen ánimo de lucro que nace no ano 2013 co fin de promover a logo-composcleta-1.jpgbicicleta como medio de transporte urbano e realizar actividades formativas, informativas, lúdicas, culturais,  e divulgativas sobre a mobilidade sustentable.  Teñen abertas diferentes liñas de acción e actividades que procuran facer visible e normalizar o uso da bicicleta en Santiago de Compostela, como presentar propostas ás institucións que teñen competencia no ámbito da mobilidade sustentable e prestar asesoramento en aspectos relacionados coas infraestruturas, lexislación e ciclismo urbano en xeral. Ademais, Composcleta reivindica condicións seguras para os ciclistas na cidade a través da regulación normativa e das infraestruturas viarias.

 

unnamedStop accidentes Galicia: Asociación de axuda e orientación aos afectados por sinistros de tráfico. Fundada por familiares e amigos de vítimas de sinistros de tráfico. Buscan impulsar o crecemento dos valores viarios para asegurar unha movilidade segura e de calidade. Os seus obxectivos baséanse na prevención da violencia viaria en todas as súas formas para conformar un espazo de diálogo e de debate de ideas coas institucións así como no apoio e asesoramento ás vítimas e ós seus familiares. Buscan optimizar reivindicacións e crear actividades e iniciativas para impulsar a cultura da seguridade viaria.

 

Colaboradores do Grupo de Turismo (S2C)

 

stob

Santiagoturismo.es: Carlos Piñon, xestor do sitio web santiagoturismo.es crea este dominio, independente da páxina de turismo do concello, coa idea de proporcionar ós visitantes un portal con información útil sbre cidade. Dito portal inclúe mapas de Compostela, os horarios do botafumeiro, información sobre o transporte a través da cidade e recomendacións de onde comer ou onde aloxarse durante a súa estancia en Santiago de Compostela. Tamén se da a  opción de contactar a través de e-mail para obter máis información ou resolver calquera dubida.

apov

APATRIGAL: Creada en 2016, a Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego, nace coa idea de crear conciencia á cidadanía sobre a necesidade de conservación e posta en valor do legado herdado. Considerando a identidade cultural de Galicia como o conxunto de valores comúns da cultura galega como a paisaxe, arqueoloxía, arquitectura, música, artes, lingua e literatura ou as costumes ancestrais. O seu obxectivo e concienciar ás autoridades e os cidadáns de que temos a obriga de manter, conservar e mellorar a estrutura que recibimos e transmitila nas mellores condicións ás xeracións vindeiras.

auob

Acción Universitaria: É unha organización estudantil de carácter sindical, democrático, amplo, aberto e asembleario. Forma parte de Estudiantes en Movimiento, unha rede estudantil estendida por todo o Estado. A organización iniciou en 2017 unha campaña para reclamar a regulación dos horarios de visitas turísticas da biblioteca da Facultade de Historia, que estaban a sucederse de maneira continuada durante toda a xornada, dificultando o uso de esta por parte dos estudantes, conseguindo finalmente que a Universidade de Santiago tomase a decisión de restrinxir ditas visitas turísticas.

cmobb

Compostela MonumentalCreada en 1992, esta organización comercial e empresarial ten como finalidade representar, xestionar, defender e promocionar os interes

es económicos, sociais, profesionais e culturais dos seus asociados e da zona histórica de Santiago de Compostela. Dende Compostela Monumental desenrolan numerosos proxectos co fin de facer da zona monumental un Centro Comercial Aberto Sostible, acorde coas demandas actuais da sociedade. Tendo como obxectivo a mellora continua do comercio así como a conservación e mantemento de un entorno Patrimonio da Humanidade.

 

Comunicación, Xornalismo e Alternativas

 

Colaboradores do grupo Comunidades e medios alternativos (S3D)

Balea Cultural (Mario Vilariño): Balea Cultural é un medio alternativo que ten como 4sqZBWt4_400x400jpgprincipal obxectivo fomentar a cultura en galego, sendo conscientes da situación de Galicia e tratándoa en chave de país. Este fomento faise mediante música, literatura, entrevistas… xunto coa publicación das últimas novidades culturais, dando maior importancia as saídas galegas destes casos; sempre cunha actitude crítica.

 

22886274_142590469696357_1961268700698606176_n

Serpes na cachola (Carmen Conde Gaute):  Carmen Conde é humorista, narradora e guionista; ademáis administra os Premios Darwin no apartado de Comedia, así como Serpes na cachola. Esta última, toma forma nun micro aberto cada 15 días no que, a de sobra coñecida, Luz Fandiño é sen dúbida un dos espellos no que se mirar.

 

 

Colaboradores do grupo Muller e Comunicación (S3A):

Captura de pantalla (89).pngAGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes): é unha asociación empresarial pioneira do sector audiovisual galego creada en 1994 e que agrupa a máis de trinta empresas produtoras de cine, televisión, publicidade e servizos, contribuíndo activamente á consolidación e desenvolvemento da industria audiovisual de Galicia. Interésanos pola súa experiencia laboral e pola cantidade de mulleres que traballan aí. A súa vicepresidenta forma parte do noso círculo.

Captura de pantalla (90).pngAcademia Galega do Audiovisual: é unha asociación sen ánimo de lucro que agrupa a creadores e profesionais do audiovisual galego (cine, televisión, multimedia, publicidade, vídeo). Os académicos exercen diversos oficios, traballan en diversos xéneros, medios, empresas e institucións e, en palabras da súa academia, pensan o seu labor desde diversos postulados estéticos, industriais e ideolóxicos. Organizan os Premios Mestre Mateo, un punto clave que nos pode ser moi útil. Importante conseguir a colaboración desta asociación.

Captura de pantalla (91)Acción Universitaria: é unha organización estudantil de carácter sindical, democrático, amplo, aberto e asemblear. Forma parte de Estudiantes en Movimiento, unha rede estudantil estendida por todo o Estado. É interesante contar con elas para coñecer os pensamentos e preocupacións de mulleres que aínda miran cara o futuro laboral, sobre todo no mundo audiovisual, e que ao mismo tempo controlan de dereitos laborales, discriminación, historia e sindicalismo.

Captura de pantalla (92)Farhampton Mag: é unha revista online de contido cultural: cine, música, literatura, deporte… Todos teñen cabida neste medio. Sen embargo, interésannos pola súa sección adicada en exclusivo ao feminismo. É interesante contar cun medio independiente, real e de bo funcionamento.

Fátima Frieiro Santaya: xornalista do Diario de Arousa que contribuíu ás máis de 8.000 firmas do manifesto “As xornalistas paramos” previo ao 8M. É interesante contactar con ela debido á súa vontade por reivinidicar aquilo polo que as mulleres loitan, sobretodo neste sector.

 

Colaboradores de Grupo de Xornalismo e Precariedade (S1B):

apm.jpg

Asociación de Periodistas de Madrid: fundada en 1895, leva a cabo a defensa das liberdades de información e expresión na Comunidade de Madrid. Pretende o bo desenvolvemento da profesión xornalística, rexéndose por uns principios de democracia, pluralismo, transparencia e participación.

Xornalistas.pngColexio Profesional de Xornalistas de Galicia: unha corporación de Dereito Público, con personalidade xurídica propia, que xorde para defender os dereitos comúns dos xornalistas e mellorar as súas condicións laborais. Conta con máis de 1100 colexiados, repartidos arredor de toda Galicia.

la_opinion_a_coruna.ai-converted

La Opinión A Coruña: este diario rexional nacido no ano 2000 aporta as últimas novas da área da Coruña e de toda Galicia. Pertence ao Grupo Prensa Ibérica Media e conta cunha edición dixital.

ZRttl5oQ_400x400.jpg

Laboratorio de Radio :dende 2013, este proxecto presenta a radio como un elemento lúdico, terapéutico e pedagóxico, mediante a realización de obradoiros. Tamén é unha produtora de podcasts e contidos radiofónicos e, en 2017, recibiu o Premio Jóvenes Emprendedores Sociales, da Universidade Europea de Madrid.

 

 

 

Mediatizacións, estigmas e Relacións humanas

Colaboradores do grupo Humanos e Animais (S3C):

 

APACAAPACA – Asociación Protectora Animais do Camiño: creada no 2015, é unha asociación de protección dos animais centrada, a pesar de atender tamén gatos e outros animais de forma exporádica, nos cans perdidos e abandonados ao longo do Camiño de Santiago.

ética animal.jpg

Ética Animal: é unha Asociación sen ánimo de lucro que actúa actualmente en varios países e que pretende dar información e promover a discusión e o debate sobre cuestións referentes á ética animal. Ademais, pretenden dar recursos a aqueles que defenden aos animais e realizar un traballo de difusión sobre as formas en que os animais son danados.

cova do lobo.png

A Cova do Lobo: é un centro canino que realiza servicios tanto de residencia como de adestramento e cría. Realizan tamén Seminarios Formativos sobre todo o relacionado cos cans, dispoñendo dun servicio integral tanto para particulares como para profesionais. Ademais, conta cunhas instalacións que permiten aos animais vivir en condicións naturais.

 

 

Colaboradores do Grupo de Mobbing (S1A):

LOGO AGACAM   

AGACAM (Asociación Galega Contra o Acoso Moral): esta asociación sen ánimo de lucro, fundada en setembro de 2001, é independiente e apolítica. O seu obxetivo é axudar e asesorar a todalas vítimas de mobbing que acuden a eles en busca de axuda.

 

Colaboradores do grupo sobre LGTBI (S2B)

 

12308315_723031434464709_2847334345974086997_n

Ultreia LGTBI: Ultreia LGTBI é unha asociación de lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais de Compostela, fundada o 19 de Marzo de 2015 para a defensa dos dereitos da comunidade LGTBI en Galicia. Moi activa na capital galega onde convoca asambleas e manifestacións buscando reivindicar os dereitos do colectivo.

 

Colaboradores do grupo Saúde Mental (S1D)

andainaAsociación Andaina Pro Saúde Mental: foi creada ante a necesidade de cubrir un baleiro existente que atendera dun xeito global ás persoas con trastornos mentais, nas comarcas que abranguen as areas sanitarias de Santiago de Compostela, centrándose sobre todo no ámbito rural. Os seus principios son: “A persoa como eixe” e “A inserción social e laboral”. Por iso, tratan de engadir nunha soa asociación educación para a autonomía propia do doente na vida, educación medioambiental, talleres deportivos e de tempo libre.

Defenden, ademais, os intereses e dereitos das persoas que padecen trastornos mentais buscando mellorar a asistencia e calidade de vida destas persoas, así como de familiares e amigos/as.

a creba

A Creba: fundada por iniciativa dun grupo de profesionais e familiares de persoas afectadas por enfermidades mentais ou psíquicas que buscaban tanto orientación como apoio profesional.

O seu obxectivo principal é promover aquelas intervencións na área da saúde mental non cubertas polas institucións existentes, co fin de mellorar a calidade de vida de afectados e familiares, buscando unha mellor relación entre o enfermo psíquico, o entorno familiar, social e a ser posible, laboral.

albores

Albores: trátase dunha entidade que traballa para a asistencia e mellora da calidade de vida das persoas con enfermidades mentais crónicas e as súas familias.

Nos seus centros desenvolven actividades encamiñadas ó tratamento de aspectos nos que as persoas con enfermidades deste tipo teñen dificultades ou carencias, así como intervencións familiares de cara a mellora da convivencia e coidado. Todas as actividades teñen como meta global o mantemento da persoa afectada no seu entorno social e familiar nunhas condicións o máis autónomas, normalizadas e independentes que sexa posible.

SaveSave

Advertisements