Conservación do ecosistema mariño

Este grupo de traballo centrarase na meta ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) número 14, a vida submariña. O proxecto a desenvolver terá como temática principal o análise e investigación do tratamento mediático e problemáticas da vida submarina en Galicia. 

Somos un grupo formado por seis integrantes e presentámonos mediante a seguinte fotografía: 

B95549B2-66A4-411F-A3DB-F56D1D182DC6

De esquerda a dereita somos: Clara Rial Oro (actividades), Andrea Gay Otero (documentación), Miriam Santos Caridad (documentación), Cinthia Piñeiro Acevedo (editora-coordinadora), Ana Ramos Bermudez (difusión) e Lucía Roibás Suárez (axenda e calendario).

A nosa finalidade é dar a coñecer os escollos para a conservación da vida submarina tal e como a coñecemos. A conservación e a utilización de forma sostible dos océanos, o problema da contaminación mariña galega e o coñecemento das explotacións pesqueiras son asuntos alleos para gran parte da sociedade. A formación que se proporciona nos medios sobre a vida submarina é tamén escueta e, xeralmente, moi superficial. Por iso ao longo deste proxecto trataremos de comunicar a regularidade da explotación pesqueira así como os conflictos e solucións que se están a tratar.

Outro dos obxetivos que queremos plasmar é a perigosidade da chamada pesca furtiva, é dicir, o exceso da pesca ilegal e as súas consecuencias. Este apartado vai conectado á desaparición de determinadas especies tanto nos ríos como nas rías galegas, tema que sobre o que tamén afondaremos.

O traballo de investigación poderase seguir mediante os artigos que iremos subindo ao longo das semanas. Para redactalos traballaremos con grupos de peixeiros e pescadores, empregados e propietarios de pequenos comercios. Asemade, queremos dar visibilidade ás ópticas dos biológos, coñecedores da contaminación mariña ou submarinistas. En canto ao coñecemento dos servizos pesqueiros, procuraremos a información en distribucións nas zonas rurais. Ademáis, partimos dunha documentación previa grazas a organizacións como Oceana, Cram, Greenpeace e Secac.

Glosario


Para comezar a nosa andaina no Observatorio, deixamos a definición dunha serie de conceptos que poden ser útiles para comprender mellor os temas que imos tratar:

Contaminación mariña. É a introdución de elementos nocivos que non son habituais no ecosistema mariño. Ademais de contaminación física, tamén podemos distinguir a contaminación acústica. Na actualidade algúns dos exemplos máis habituais de contaminación acústica son os ruidos dos barcos e instalacións petrolíferas ou os de caza de animais. 

Fonte: Redacción (2016, 20 de xuño). La contaminación marina. National Geographic. Recuperado de https://www.nationalgeographic.es/medio-ambiente/la-contaminacion-marina

Pesca furtiva. É aquela que viola as normas establecidas dunha pesqueira, que non se declara a súa captura ou que opera nunha pesqueira non regulada, que ninguén a xestiona. Lévase a cabo de xeito ilegal por diversos motivos: falta de licencia, actividade fóra dos prazos estrablecidos, utilización de medios prohibidos para a pesca, etc. 

Fonte: Jo Benn. Pesca ilegal: los piratas de este siglo nos roban los verdaderos tesoros del mar. WWF España. Recuperado de https://www.wwf.es/nuestro_trabajo/oceanos/pesca_sostenible/pesca_ilegal/

Dereito Marítimo: orixinariamente o Dereito Marítimo tiña como obxetivo a regulación do comercio por mar, sen embargo, actualmente abarca toda a regulación do transporte por mar, sinda que o transporte non teña finalidade comercial, poidendo definirse como a parte do Dereito Mercantil aplicable a quenes explotan un buque para o transporte, aos contratos mediante os que o busque se utiliza, ás institucións auxiliares que o posibilitan, así como os riscos, danos e accidentes relativos á navegación marítima.

Fonte: Lei nº14 (2014). Lei de Navegación Marítima. Boletín Oficial do Estado. Madrid: 24 de xullo. Recuperado de https://www.boe.es/eli/es/l/2014/07/24/14/con

Explotación pesqueira: Fai referencia a todo traballo realizado co fin de obter peixes ou calquera outro tipo de animal acuático recurrindo á pesca como actividade para conseguilo. Ten como principal obxectivo conseguir pezas para o consumo humano, destinándose estas ao sector alimenticio. Porén, tamén pode ter como finalidade a elaboración doutros productos de menos importancia como, por exemplo, fariña ou aceites. 

Fonte: Sobrepesca o sobre explotación pesquera, ¿qué son las pequerías? Espesca. Recuperado de https://espesca.com/sobre-explotacion-pesquera/ 

Desaparición de especies. Trátase da eliminación de todos os membros dunha mesma especie. Prodúcese coa morte do último individuo da mesma. É un feito que a acción humana está a provocar a desaparición e a extinción de especies tanto animais como vexetais, non soamente a nivel terrestre senón tamén a nivel marítimo. 

Fonte: Obxectivo 14: Conservar e utilizar de forma sostible os océanos, os mares e os recursos mariños para o desenvolvemento sostible. Nacións Unidas. Recuperado de https://www.un.org/sustainabledevelopment/es/oceans/ 

Conservación dos océanos: Baséase basicamente na acción de coidar o ecosistema mariño. Son os responsables da existencia de todos os seres vivos que habitan na Terra, polo que é necesario tomar conciencia e levar a cabo medidas que poidan provocar un efecto positivo nos mesmos. 

Fonte: Preservar el océano. UNESCO. Recuperado de: https://es.unesco.org/themes/preservar-oceano 

Desenvolvemento sostible: Satisfación das necesidades da xeración presente sen comprometer a capacidade das xeracións futuras para satisfacer as súas propias necesidades. O desenvolvemento sostible trata de lograr de maneira equilibrada  o desenvolvemento económico, o desenvolvemento social e a protección do medio ambiente.

Fonte: Desenvolvemento sostibe. Nacións Unidas. Recuperado de: https://www.un.org/es/ga/president/65/issues/sustdev.shtml  

Publicacións


E ti, con cal te quedas?

Como se visibiliza a vida submariña nos medios convencionais? E nos especializados? En prensa non só é importante o que se conta, senón tamén como o fan. Nesta entrada poderedes coñecer a importancia que se lle da a este tema no mundo mediático. Para iso analizaremos noticias de tres medios: La Voz de Galicia. GCiencia. Europa Azul. Sendo La Voz de Galicia un medio xeralista, … Seguir lendo E ti, con cal te quedas?

Poñémosvos a proba!

Este grupo estivo participando nunha actividade que ten por obxetivo visibilizar e ampliar o coñecemento da vida submariña a todo tipo de sectores da sociedade. Para iso dividimos o traballo en dous grandes apartados. O primeiro vai destinado a un target adulto, onde se puxo a proba os seus coñecementos cun xogo por redes sociais. Nesta actividade participaron un total de 146 persoas, as cales … Seguir lendo Poñémosvos a proba!

Pesca furtiva e estibadores, dous fenómenos afectados pola globalización

O marisqueo profesional é o subsector que máis se está vendo afectado economicamente por mor do furtivismo. Esta pesca ilegal lévase a cabo mediante métodos non permitidos, que atrapa animais que non teñen o tamaño permitido ou que se atopan en perigo de extinción. A Fiscalía de Galicia leva loitando contra este fenómeno dende hai anos, onde demandan a mellora da coordinación entre os actores … Seguir lendo Pesca furtiva e estibadores, dous fenómenos afectados pola globalización

A outra cara do coronavirus

A pandemia causada polo covid-19 está a provocar actualmente unha crise sanitaria a nivel global sen precedentes. Porén, o decreto do estado de alarma e o confinamento das persoas está a repercutir favorablemente no medio ambiente e no ecosistema mariño. Mentres tanto, os sectores pesqueiros manteñen a súa actividade solicitando ao Ministerio de Sanidade a súa suspensión para evitar contaxios e reclaman axudas económicas para … Seguir lendo A outra cara do coronavirus

Un sector abandonado pola burocracia e por nós mesmos

Dende fai dous anos o sector que vive do mar está a sufrir recortes que lles impiden avanzar na súa labor para confrontar a situación actual. Investigadores do Instituto Español de Oceanografía (IEO) xa iniciaron unha campaña de protesta. Foi en febreiro cando o Ministerio de Ciencia anunciou que, durante o proceso de trámites, non se poderán sufragar gastos en combustible, víveres e tripulación. Polo … Seguir lendo Un sector abandonado pola burocracia e por nós mesmos

Non sabemos coidar o planeta

  Non resulta novo para todas nós escoitar que as persoas están a coidar mal o planeta. Porén, só un pequeno sector da poboación amosa interese en saber o motivo desta situación e por que se trata con tanta frecuencia e alarmismo.  O científico Victoriano Urgorri Carrasco explicounos o motivo polo que na sexta extinción masiva de especies o ecosistema acuático está sendo o máis … Seguir lendo Non sabemos coidar o planeta

Que está a ocorrer no ecosistema mariño?

Nos mares, nos ríos e nos océanos conviven multitudes de especies acuáticas, ben sexan animais ou plantas, que conforman o chamado ecosistema mariño. Na actualidade este ecosistema está a sufrir importantes perdas debido, en gran medida, á acción incontrolada do ser humano: a explotación desmesurada da pesca, acidificación dos océanos ou a alteración de espazos naturais son algúns exemplos. Fundacións como Aquae alertan sobre o incremento … Seguir lendo Que está a ocorrer no ecosistema mariño?

Conservación do ecosistema mariño

Presentación Este grupo de traballo centrarase na meta ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) número 14, a vida submariña. O proxecto a desenvolver terá como temática principal o análise e investigación do tratamento mediático e problemáticas da vida submarina en Galicia.  Somos un grupo formado por seis integrantes e presentámonos mediante a seguinte fotografía:  De esquerda a dereita somos: Clara Rial Oro (actividades), Andrea Gay Otero … Seguir lendo Conservación do ecosistema mariño