Coordinación do Observatorio

Os comentarios que non aporten información relevante e carezan de enlaces vivos, serán eliminados e trasladados ao lixo, que pode atoparse no menú esquerdo de “Mi sitio> Comentarios> Papelera”. Unha vez eliminados, se se quere que conten as roldas de respostas, deberán ser restaurados e editados polos editores de cada respectivo grupo, xa que son quen teñen a opción de facelo.

A raíz das dúbidas xurdidas, faise un engadido ao libro de estilo respecto a algúns aspectos dos comentarios para concretar o que puidese dar lugar a confusión.

-Autoría
Será o coordinador ou coordinadora quen, en virtude da súa estratexia de publicación, designe quen do grupo ten que documentar e escribir os comentarios, do mesmo xeito que fai cos posts. Os comentarios, aínda que asinados por membros e/ou colaboradores, computan nas tarefas grupais.

 

-Validez
Os comentarios son válidos cando cumpren canda menos dúas quendas (pregunta-resposta) e máximo até seis quendas (máxima puntuación posíbel). O comentario, á hora de valoralo, enténdese con cada interlocutor, non en conxunto; é dicir, preguntar ou respostar a varias persoas. Obrígase a respostar a cada quen.

 

-Responsabilidade de difusión e edición
Os comentarios enténdense coma difusión interna, estando suxeitos a competencias de difusión e control de edición no seo do grupo. Os colaboradores poden facer comentarios se difusión estimula esta opción, o que contará cunha maior valoración. Xestionarase esta intervención por medio do encargado ou encargada de difusión do grupo, coa intervención do editor ou editora. O comentarios nados destas colaboracións deben ser revisados, previa publicación, polo editor ou editora, e autorizados pola coordinadora de Edición (Cecilia Doforno Nóvoa). Os comentarios irán asinados polo colaborador ou colaboradora, amais dos encargados ou encargadas de difusión e edición.
Os comentarios eliminados deberán ser restaurados polo editor de cada grupo no menú lateral esquerdo, en: “Mi sitio> Comentarios> Papelera” e logo modificados, engadindo enlaces vivos aos mesmos e facendo as correccións precisas.