Indicadores

Visibilidade e invisibilización

1. Non contar como fonte informativa coa persoa ou os grupos de atención social prioritaria aos que se refire a información.

2. Visibilizar a determinados colectivos só como axentes de consumo, e non como persoas con dereitos.

3. As informacións invisibilizan a realidade dos grupos de atención social prioritaria, ocultando os seus problemas e demandas.

Diversidade e homoxeneización

1. Encasillar nun colectivo concreto ás persoas, sen contemplar a abordaxe personalizada, plural e coordinada dende os distintos colectivos de atención aos que pode pertencer.

2. Non ter en conta ás persoas como suxeitos individuais senón só como suxeitos pertencentes a un grupo. Representar a unha persoa mediante as características do grupo social ao que pertence. Sen amosar as súas propias particularidades.

Tratamento informativo

1. Tratamento superficial e espectacularizante da información.

2. Emprego de elementos morbosos e superficiais, que banalizan as informacións e desvalorizan ás persoas que figuran nas mesmas.

Consecuencias para o menor criminalizado

1. Consecuencias na realidade social do xoven. De que modo lle pode perxudicar a criminalización e que situacións pode xerar isto.

2. Consecuencias no plano psicolóxico. Problemas derivados da criminalización na personalidade, actitude o comportamento do xoven.