Enerxías renovables: traballo e consumo

Ola! Somos – de arriba abaixo e de esquerda a dereita – Andrea Lago Rodríguez (difusión), Carmen Novo Castiñeiras (edición e coordinación), José María Loureiro Seijas (axenda e calendario), Iago Martínez Martínez (actividades), Iván López Carreira (documentación) e Samuel Pérez Pérez (documentación). Entre todos vamos a tratar o tema da enerxía asequible e non contaminante, centrándonos especialmente no factor humano que a sustenta. O obxectivo será amosar as condicións tanto dos traballadores como nos consumidores deste tipo de enerxía

De esquerda a dereita e de arriba abaixo, Andrea Lago, Carmen Novo, Josema Loureiro, Iago Martínez, Iván López e Samuel Pérez.

O núcleo xeográfico da proposta será Galicia na sua totalidade. Non queríamos limitar o campo de traballo a unha cidade ou área particular porque  impediría mostrar unha visión global do que é o uso das enerxias renovables. As plantas están esparcidas por toda a comunidade, e cada provincia conta cunhas características e recursos propios que se explotan de formas distintas.

En canto aos traballadores, queremos amosar como son as condicións de traballo, os salarios en comparación con outros tipos de enerxia ou a duración da xornada. Deste mesmo xeito, cos consumidores e consumidoras de enerxía renovables profundizaremos en cuestións como a que tipo de fogares chega, como é o perfil do consumidor ou o nivel de vida destes. Tamén contaremos co punto de vista de expertos do sector que expliquen se se pode chegar a vivir só con enerxias renovables. Ademais, teremos en conta as persoas que se ven directamente afectadas polo factor proximidade por este tipo de enerxías e as empresas que xeneran estes tipos de enerxía.

Todos estes aspetos someteranse a unha comparación coas enerxías non renovables, gas petróleo e carbón, para comprender as diferencias e ver as carencias dende o punto de vista social que as renovables teñen para afrontar o reto medioambiental. 

En canto a articulación da proposta, baseamos o traballo na publicación de entrevistas, infografías, microreportaxes ou investigacións no blog e publicación de posts noutras redes sociais. Todo isto irá acompañado de contido visual que reforze as ideas, xa sexa unha galería de fotos ou pequenos vídeos. Establecemos, na base, a idea de poder realizar cada unha das propostas no periodo estipulado.

As actividades que se plantexarán varían entre táboas redondas con diferentes personaxes do sector, encontros e xuntanzas con traballadores e consumidores ou charlas dos protagonistas e exposicións fotográficas.

O procedemento para chegar a toda a información serán entrevistas, documentos oficiais e fontes de prmeira man acadadas grazas ao contacto vía telefónica ou redes sociais.

Glosario


Para entender mellor a información, hay unha serie de termos que todas e todos debemos coñecer. En Galicia podemos atopar estes tipos de enerxía renovables en torno aos cales xirará o traballo:

ENERXÍA EÓLICA: A enerxía eólica é a enerxía que se obtén do vento. Trátase dun tipo de enerxía cinética producida polo efecto das correntes de aire. Esta enerxía podémola converter en electricidade a través dun xerador eléctrico. É unha enerxía renovable, limpa, que non contamina e que axuda a substituír a enerxía producida a través dos combustibles fósiles.

ENERXÍA SOLAR: A Enerxía solar é a que chega á Terra en forma de radiación electromagnética (luz, calor e raios ultravioleta principalmente) procedente do Sol, onde foi xerada por un proceso de fusión nuclear. O aproveitamento da enerxía solar pódese realizar de dúas formas: por conversión térmica de alta temperatura (sistema fototérmico) e por conversión fotovoltaica (sistema fotovoltaico).

ENERXÍA HIDRÁULICA OU HIDROELÉCTRICA: a enerxía hidroeléctrica é aquela que se xera ao transformar fórzaa da auga en enerxía eléctrica. Para aproveitar a devandita forza, constrúense grandes infraestruturas hidráulicas capaces de extraer o máximo potencial deste recurso renovable, libre de emisións e autóctono.

BIOMASA: A biomasa é aquela materia orgánica de orixe vexetal ou animal, incluíndo os residuos e desfeitos orgánicos, susceptible de ser aproveitada enerxéticamente. As plantas transforman a enerxía radiante do sol en enerxía química a través da fotosíntesis, e parte desta enerxía queda almacenada en forma de materia orgánica.

ENERXÍA XEOTÉRMICA: A enerxía geotérmica é un tipo de enerxía renovable e limpa que aproveita a calor do subsolo para climatizar, tanto para calefacción como para refrixeración e para obter auga quente sanitaria. A diferenza da maioría das fontes de enerxía renovables, a geotérmica non depende do clima, do vento nin da radiación do sol, senón que radica na diferenza de temperatura que existe entre o interior da terra e a súa superficie.

ENERXÍA MAREOMOTRIZ: A enerxía maremotriz baséase no almacenamento de auga nun encoro formado ao construír un dique cunhas comportas que permiten a entrada de auga ou caudal para a xeración eléctrica.

FONTES:

Energía eólica. Qué es, cómo funciona, ventajas y desventajas.(2018, Julio 23). Recuperado el 6 de Marzo de 2020, de Factorenergía: https://www.factorenergia.com/es/blog/eficiencia-energetica/energia-eolica/

Recio Miñarro, Joaquín.(s.f). La energía solar.  Recuperado el 6 de Marzo de 2020, de: http://newton.cnice.mec.es/materiales_didacticos/energia/solar.htm

¿Sabes cómo funcionan las centrales hidroeléctricas?. (s.f). Recuperado el 6 de Marzo de 2020, de Iberdrola: https://www.iberdrola.com/medio-ambiente/que-es-energia-hidroelectrica

¿Que es la biomasa?. (s.f). Recuperado el 6 de Marzo de 2020, de Plantas de Biomasa: http://www.plantasdebiomasa.net/que-es-la-biomasa.html

¿Que es la energía geotérmica?. (s.f). Recuperado el 6 de Marzo de 2020, de Geotérmica Vertical: https://www.geotermiavertical.es/energia-geotermica/

¿Qué es la energía mareomotriz?. (2019, Agosto 10). Recuperado el 6 de Marzo, de Twenergy: https://twenergy.com/energia/energia-hidraulica/que-es-la-energia-mareomotriz-588/

Publicacións


Galicia en transición enerxética

Chegamos xa ao final do noso percorrido polas enerxías renovables en Galicia e para rematar o traballo queremos facer unha análise sobre as nosas experiencias e vivencias, tanto coas persoas que nos facilitaron axuda e información como coas organizacións coas que nos puxemos en contacto. O primeiro que temos claro é que cando comezamos a… Seguir lendo Galicia en transición enerxética

A enerxía mareomotriz, próximo obxectivo nas costas galegas

A enerxía maremotriz e a undimotriz son das enerxías con maior proxección de futuro no mundo. Durante o 2019 intaláronse dúas novas plantas, sen contar as que están en proceso de experimentación.  A vantaxe principal das mareas que producen este tipo de enerxías é que son predicibles e inagotables. Polo tanto, para cumprir as expectativas… Seguir lendo A enerxía mareomotriz, próximo obxectivo nas costas galegas

“O modelo ideal das enerxías renovables é o autoconsumo”

Galicia sempre fora pioneira en enerxía eólica. Mais, dende 2009 ata 2018, non se instalaron máis parques eólicos na nosa comunidade. Unha década na que Galicia perdeu importancia a nivel estatal e que gañaron outras comunidades como, por exemplo, Aragón. Esta situación da enerxía eólica en Galicia non se transmitiu nos medios convencionais. As mensaxes… Seguir lendo “O modelo ideal das enerxías renovables é o autoconsumo”

A SITUACIÓN DA CENTRAL TÉRMICA DE AS PONTES

Achegámonos ao concello de As Pontes para coñecer máis arredor de todo o que está a acontecer na vila debido aos problemas coa central térmica. Tivemos a oportunidade de falar cun concelleiro desta vila, Javier Acosta, co presidente da Asociación de Transportistas de Carbón de As Pontes Manuel Bouza “Cholo” e con Marcos Prieto, ligazón… Seguir lendo A SITUACIÓN DA CENTRAL TÉRMICA DE AS PONTES

Qué sabemos das enerxías en Galicia?

Un dos primeiros piares desta investigación está estreitamente leixado coa enerxías renovables, neste caso, mais ben coa transición enerxética. Endesa non considera viable continuar coa producción de enerxía na Central Termoeléctrica d’As Pontes e no mes de setembro de 2019 toma medidas para acelerar o seu peche. Desde entón, os catro grupos electróxenos permanecen parados… Seguir lendo Qué sabemos das enerxías en Galicia?

Enerxía renovables: traballo e consumo

Ola! Somos – de arriba abaixo e de esquerda a dereita – Andrea Lago Rodríguez (difusión), Carmen Novo Castiñeiras (edición e coordinación), José María Loureiro Seijas (axenda e calendario), Iago Martínez Martínez (actividades), Iván López Carreira (documentación) e Samuel Pérez Pérez (documentación). Entre todos vamos a tratar o tema da enerxía asequible e non contaminante,… Seguir lendo Enerxía renovables: traballo e consumo