Entorno rural

Cruzamento na estrada N-550
“A falta de sinalización, tanto horizontal como vertical, é unha das deficiencias que crea inseguridade á hora de conducir polo rural”
. Cruz Vázquez

Parada 602 do transporte urbano, na Sionlla de Arriba
“No rural a accesibildade é moito peor”
. María Jesús Pérez

Parada 682 do transporte urbano, en Bálsoma
“O rural ten unha gran deficiencia de servizos de transporte público”
. Cruz Vázquez

Senda peonil e ciclista na estrada DP-0701, á altura do Queiroal

Marquesiña preto de Pontealbar
“Non só a nivel conexión coa cidade, senón tamén o rural entre si, que tamén necesita estar conectado e para iso fan falta unhas vías en condicións”
. Cruz Vázquez

Garabal
“Evidentemente, no rural hai unha cultura de reagruparse para reducir custos “
. Suso Vilariño

Fotografía aportada por FERUSA
“O rural ten 15.000 habitantes case. E logo din:
‘Santiago, case 100.000 habitantes’. Quítalle o rural, que quedan en 82.000. Din que ‘cerquiña de 100.000’ ou ‘100.000’ porque lles convén, e moi ben, que se tire por poboación para presupostos e demais cuestións, pero logo inviste no rural e ten en conta ao rural, dálle servizos”
. Cruz Vázquez

Panel indicativo nun cruzamento da estrada N-550
“Na cidade de Compostela, da que forma parte o rural, déixase ás veces no esquecemento por outro tipo de cuestóns”
. Coro González

Cruzamento na estrada N-550
“Nos plans de mobilidade primeiro defínese o que é a cidade e non se preocupan de que o entorno, o rural, tamén repercute”
. Cruz Vázquez

Artigo de La Voz de Galicia do 22 de marzo de 2019
“O rural aquí só é noticia cando provoca un problema. Cando non o provoca, non é noticia, non hai maior interese”
. Fernando Lacaci

Parada 616 do transporte urbano, na Susana
“No rural, o transporte público ata a cidade complica o tráfico na propia cidade. Os habitantes do rural non podemos prescindir de coche particular porque non temos servizo público. Obríganche a traer o teu coche, a aparcar… O que crea problemas de tráfico dentro da cidade”
. Cruz Vázquez