Fame Cero (S3E)

O noso grupo de traballo está formado por: Raúl Villamarín (Edición), Daniel Pereira (Coordinación e difusión), Diego Real (Edición) e Carlos Ramírez (Actividades). 

O noso interese ao traballar co ODS Fame Cero, centrado nesta ocasión na área de Galicia, baséase en analizar as consecuencias que deixa o impacto do virus Covid-19, non só a nivel de saúde, senón de todo o fondo macrosocial que ocupa adaptarse a un novo modo de vida.

O desequilibrio económico foi o desencadeante de moitas dificultades, incluído o aumento do paro, a pobreza e, por suposto, a falta de alimentos e subministracións.

Tamén analizaremos como os servizos públicos responderon a tal avalancha de novos grupos familiares que agardan ser subvencionados dun xeito ou doutro.  Cáritas, comedores públicos, redes veciñais e ONG serán os nosos principais distribuidores de información para poder analizar os procesos e que a falta de información non sexa un problema.  Por outra banda, veremos como se xestionaron a nivel agroindustrial para poder abastecer a todas as pequenas e grandes empresas adicadas ao suministro de bens básicos e por que se desencadea un aumento de prezo nun momento de maior necesidade social.

GLOSARIO

Seguridade Alimentaria: a seguridade alimentaria implica a aplicación de estratexias para garantir que todos os alimentos son seguros para o consumo. É dicir, a seguridade alimentaria preocúpase de que os alimentos non supoñan un risco para a saúde das persoas e sexan saudables. – Educo [en liña]. ¿Qué es la seguridad alimentaria y por qué es importante? (2021). Consultado o 3 de marzo 2021. Dispoñible en: 

https://www.educo.org/Blog/Que-es-la-seguridad-alimentaria-y-su-importancia#

Desnutrición: a desnutrición é un trastorno orgánico debido a unha deficiente alimentación. – RAG [en liña]. Diccionario online da Real Academia Galega (2021). Consultado o 3 de marzo 2021. Dispoñible en: Dicionario – Real Academia Galega

Muac: o MUAC é unha cinta plástica con código de cores que mide a circunferencia do brazo esquerdo dos nenos de entre 6 meses e 5 anos de idade. É un dos indicadores que se empregan para detectar a desnutrición aguda e o risco do morte entre nenos. Utilízase tanto en nenos como en nenas. – ACNUR; MUAC (2019). Consultado o 3 de marzo 2021. Dispoñible en: HojaAgosto.indd (eacnur.org)

Agricultura Sostible: para ser sostible, a agricultura debe satisfacer as necesidades das xeracións presentes e futuras, e ao mesmo tempo garantir a rentabilidade, a saúde ambiental, e a equidade social e económica. A alimentación e a agricultura sostibles contribúen aos catro piares da seguridade alimentaria e ás tres dimensión da sustentabilidade. – Organización de las Naciones Unidas para la Alimentación y la Agricultura [en liña]. Consultado o 3 de marzo 2021. Dispoñible en: Alimentación y agricultura sostenibles | Organización de las Naciones Unidas para la Alimentación y la Agricultura (fao.org)

Fame: insatisfacción da necesidade de alimentarse, por causa da escaseza de alimentos, da falta de medios para conseguilos, etc,.. – Real Academia Galega 

https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/fame

Pandemia: enfermedad epidémica que se extiende a moitos países e que ataca a case todos os individuos dunha localidad ou rexion. https://www.who.int/csr/disease/swineflu/frequently_asked_questions/pandemic/es/

Desastre natural: fai referencia as enormes pérdidas materiais e vidas humanas ocasionadas por eventos e fenómenos naturais, coma terremotos, inundacións , tsunamis, deslizamentos de terra, entre outros . … Por outra parte, algúns  desastres son causados únicamente polas actividades humanas. https://www.google.com/amp/s/www.responsabilidadsocial.net/desastres-naturales-que-son-definicion-tipos-caracteristicas-y-prevencion/

Sobreproducción: exceso de producción ou producción dunha cousa por encima das necesidades de compra do mercado.. http://www.claseshistoria.com/glos

Óscar Rodil: “Ao empresario non lle interesa baixar os prezos, prefire en moitas ocasións tirar os produtos…”

Falamos con Óscar Rodil, doutor en Ciencias económicas e profesor do Grao en Economía na Universidade de Santiago de Compostela. A sobreprodución, como concepto económico, pódese definir como o nivel de produción que está por enriba da demanda de bens e servizos que require o mercado. Este fenómeno está motivado polas propias dinámicas do sistema… Seguir lendo Óscar Rodil: “Ao empresario non lle interesa baixar os prezos, prefire en moitas ocasións tirar os produtos…”

Cociñas Económicas

S3E Preservación de medios e consumo A colaboración de asociacións solidarias é un dos piares fundamentais para as esperanzas de moitas persoas que, practicamente de forma diaria, se ven sen recursos dos que poder valerse. Dende o noso grupo de traballo quixemos falar directamente con algunha destas organizacións, co obxectivo de coñecer dende dentro como… Seguir lendo Cociñas Económicas

APOIO DAS AUTORIDADES

A loita contra a fame gáñase coa unión de múltiples ferramentas. Hai que facer fincapé en todos os factores determinantes, desta maneira pódese obter un mellor resultado. A axuda que aportan as cociñas económicas, os bancos de alimentos, as asociacións como Cruz Vermella… son piares fundamentais para a esperanza de moitas persoas e as súas… Seguir lendo APOIO DAS AUTORIDADES

BANCO DE ALIMENTOS

Cada proxecto precisa un plan de traballo A situación de fame, xunto coas demais necesidades que poden estar vivindo as familias e os grupos sociais de escasos recursos, repercute de forma claramente negativa no desenvolvemento individual de cada persoa dentro da sociedade. O que se viviu durante os comezos de 2020 ata agora, debido á… Seguir lendo BANCO DE ALIMENTOS