Fame e agricultura

O noso grupo compónse, de esquerda a dereita por: Laura García Vázquez (coordinadora), Antía Cuadrado Grande (documentación),  Paula Fernández Blanco (axenda), Pablo Diaz Cuiña (actividades) e Diego Iglesias Freire (difusión). Imos tratar o tema de Fame Cero, que se enmarca dentro dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) promovidos pola Organización das Nacións Unidas (ONU) para a súa Axenda 2030. 

Coa nosa proposta pretendemos poñer en contexto e dar visibilidade á situación de fame que viven moitas persoas na nosa comunidade xa que as veces podemos ter a percepción de que este tema tócanos de lonxe, e non é así, por iso queremos amosala dende diferentes perspectivas e buscar solucións para rematar con estas situacións. 

Por outra parte, tamén queremos dar a coñecer os procesos do sector agrícola e da agricultura sostible; para tratar as debilidades da producción de alimentos e posibles medidas e propostas de mellora xa que o sector alimentario e o sector agrícola poden ofrecer solucións claves para o desenvolvemento e son vitais para a eliminación da fame e da pobreza.

Glosario


Para que a comprensión do noso traballo se faga máis fácil imos achegar un serie de termos útiles:

Fame: Insatisfacción da necesidade de alimentarse, por causa da escaseza de alimentos, da falta de medios para conseguilos, etc,..

RAG [en liña]. Dicionario online da Real Academia Galega (2020). Consultado o 28 de febreiro 2020. Dispoñible en: https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/fame

Sector agrícola: É o sector da economía que produce produtos agrícolas (materias primas de orixe vexetal). Son aquelas actividades que comprende a explotación directa dos recursos naturais do solo, do subsolo ou do mar.

WIKIPEDIA [en liña]. Sector agrícola (2018). Consultado o 28 de febreiro 2020. Dispoñible en: https://es.wikipedia.org/wiki/Sector_agr%C3%ADcola

Agricultura: Cultivo da terra co obxecto de obter dela produtos útiles ao home, particularmente para a súa alimentación.

RAG [en liña]. Dicionario online da Real Academia Galega (2020). Consultado o 28 de febreiro 2020. Dispoñible en: https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/Agricultura

Horta: Terreo de pouca extensión onde se cultivan fundamentalmente verduras, legumes e hortalizas e tamén nalgúns casos árbores froiteiras.

RAG [en liña]. Dicionario online da Real Academia Galega (2020). Consultado o 28 de febreiro 2020. Dispoñible en: https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/horta

Sostibilidade: Característica da evolución que preservar, manter ou mellorar a calidade dos recursos e dos equilibrios naturais, así como velar polo futuro.

RAG e Fundación Barrié [en liña]. Portal das palabras (2020). Consultado o 28 de febreiro 2020. Dispoñible en: https://portaldaspalabras.gal/lexico/palabra-do-dia/sostibilidade/

Dereito alimentario: É a rama do dereito encargada da supervisión e control de todo o relacionado coa alimentación, tanto humana como animal, dende a industria ata a mesa. O dereito alimentario vixía rigurosamente o proceso de manufactura dos alimentos dunha maneira moi practica, vinculando tamén ao consumidor, xa que é o quen da o veredito final da calidade do produto. Este campo xurídico contempla entre as súas responsabilidades a creación dun sistema de leis o cal regula a forma na que elabórase la comida.

CONCEPTODEFINICIÓN [en liña]. Definición de dereito alimentario (2019). Consultado o 28 de febreiro 2020. Dispoñible en: https://conceptodefinicion.de/derecho-alimentario/

Seguridade alimentaria: A nivel de individuo, fogar, nación e global, conséguese cando todas as persoas, en todo momento, teñen acceso físico e económico a suficiente alimento, seguro e nutritivo, para satisfacer as súas necesidades alimenticias e as súas preferencias, co obxectivo de levar unha vida activa e sana.

Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), dende a Cume Mundial da Alimentación (CMA) de 1996.

Publicacións


Fame cero nos medios de comunicación (II)

Dende o noso grupo no que traballamos en prol do ODS Fame Cero levamos a cabo un traballo de investigación nos medios da nosa contorna para saber como é o tratamento desta información a nivel autonómico e a visibilización que danlle os medios a fame en Galicia, no periodo 2019-2020. Para iso, analizamos diferentes medios… Seguir lendo Fame cero nos medios de comunicación (II)

A seguridade alimentaria e o dereito á alimentación

En pleno século XXI, existen millóns de persoas que pasan fame a diario a pesar da riqueza que se xera constantemente e do potencial agrícola do que dispoñemos, a fame afecta a máis de 820 millóns de persoas no mundo. Os países pobres necesitan os instrumentos de desenvolvemento, económicos e de política precisos para impulsar… Seguir lendo A seguridade alimentaria e o dereito á alimentación

Sor Alicia Lourido: “Moita xente que viviu ben no pasado necesita agora acudir ao comedor económico ”

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible buscan terminar con todas as formas de fame e desnutrición. Esta tarefa implica promover prácticas agrícolas sostibles para a produción de alimentos. Sen embargo, se esta produción non chega a todas as mans necesarias, seguiríamos a falar de situacións de pobreza alimentaria. Non só é importante quen produce alimentos, tamén… Seguir lendo Sor Alicia Lourido: “Moita xente que viviu ben no pasado necesita agora acudir ao comedor económico ”

Luz Eyo, coordinadora do programa “Hortalíza-te”: “Hortalíza-te está impregnando todas as hortas de Santiago.”

Como xa falamos na publicación “Da horta á neveira e á despensa”, as hortas convertéronse nun movemento urbano imparable. En Santiago de Compostela hai cerca de 300 hortas e o número segue aumentando xa que a súa demanda vai en aumento. O proxecto “Hortalíza-te” é un dos artificieiros desta crecente demanda xa que moitos xoves… Seguir lendo Luz Eyo, coordinadora do programa “Hortalíza-te”: “Hortalíza-te está impregnando todas as hortas de Santiago.”

Concurso de carteis: Fame cero

O noso equipo adicado ao obxectivo Fame Cero, está traballando nunha serie de proxectos e actividades relacionadas con este tema, un dos dezasete Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Para concienciar tamén aos máis xoves, decidimos levar a cabo un concurso de carteis no nivel de 1º da ESO do instituto Val Miñor de Nigrán (Pontevedra). En… Seguir lendo Concurso de carteis: Fame cero

Da horta á neveira e á despensa

A agricultura de subsistencia é un modo de agricultura na cal unha parte da terra produce só unha vez ao ano o suficiente como para almacenar alimentos para os agricultores que traballan nela a través da súa actividade diaria normal. En función do tipo de terreo, cultivo, desenvolvemento da plantación, técnicas agrícolas, etc., estimouse que… Seguir lendo Da horta á neveira e á despensa

Os anos da fame en Galicia

O pasado século, a Galicia das filloas, as castañas, o pan de cea, o bacallau, as sardiñas, os cachelos e a empanada pasou por tempadas de duras fames. O bo comer dos galegos dependía das estacións, os temporais e, sobre todo, da condición social da que gozasen. Os campesiños máis pobres, os bodegueiros, empregaban as… Seguir lendo Os anos da fame en Galicia