Glosario conceptual e temático

CONCEPTOS XERAIS


Comunicación: dende un punto de vista etimolóxico, comunicación é “acción conxunta en – ou para o – común”. Dende a perspectiva académica, pode definirse como un sistema que articula e (se) desenvolve (entre) as relacións humanas, a organización social (e os discursos que esta produce) e os marcos normativos e explicativos que fundamentan e sancionan a vida social e política dos seres humanos. Na “Comunicación Interpersoal” – a máis básica -, “Comunicación” expresa unha forma de relación orientada a definir os roles e o dispositivo de entendemento para que sexa posible a “interacción”. Na “Comunicación Comunitaria”, “Comunicación” é a forma de intercambio que se produce nos lugares de encontro social para autoafirmar a pertenza, identidade e diferenzas. [Páx. 1] 

Comunicador:  O comunicador (o xornalista) desprega o operativo simbólico, actúa no seu mantemento e é axente ou catalizador na transformación social que se produce no seo da comunidade. A comprensión da natureza da transformación social nunha comunidade é unha das ferramentas que deben utilizar os comunicadores. A función distes comunicadores na organización orixínase na comprensión da comunidade como un organismo social que sofre mudas, como as sofren os individuos membros desa comunidade, no seu desenvolvemento como seres humanos.  Nese sentido a comunicación infire na transmisión dos símbolos e nas mudas nas mensaxes que conteñen eses símbolos, para urxir na mellora comunitaria. A comunidade, como sistema cultural, non posúe unha harmonía organizativa; no seu seo hai faccións. Neste sentido, o labor do comunicador pasa por crear condicións de diálogo entre esas faccións.

CAMPOS E TENDENCIAS

Mediacións. As Mediacións, u formas de uso e apropiación de bens culturais producidos dende as clases dominantes polos sectores subalternos e nos que se produce unha resignificación que as audiencias (receptores) fan da cultura hexemónica ao subverter o sentido orixinal, de forma que sexa útil aos grupos subalternos. Segundo Martín-Barbero, autor da Teoría das Mediacións, as mediacións son instrumentos de reconciliación das clases e de reabsorción das diferenzas sociais e prodúcense “entre a xente e os medios”. Son, pois, espazos onde se negocia o éxito ou o fracaso dos medios de comunicación como innovación técnica. [Páx. 2 e 3]

Educomunicación: dinámica ambivalente entre a comunicación, a comunidade e a educación. Unha oportunidade para recompoñer un itinerario común entre os ámbitos comunicativo e educativo, e tamén comunitario (Comunicación Comunitaria) ao se circunscribir a un entorno e fomentar a elaboración de discursos compartidos pola comunidade. A alfabetización ou educación mediática (media literacy) é a aplicación educomunicativa máis coñecida, pero tan só aprende o uso das tecnoloxías e dos medios, non busca a transformación do sistema mediático. Cuestiona, pero non mobiliza. Por isto, hai quen avoga por outros termos: comunicación/educación (Huergo). O propio Huergo, define a comunicación/educación como: “campo de articulacións, en principio, dos procesos e prácticas sociais de formación de suxeitos e subxectividades, cos procesos e prácticas sociais de produción de sentidos e significacións. Tamén onde se articulan equipamentos e dispositivos tecnolóxicos e culturais en xeral cos disposicións subxectivas e entre as interpelacións (como suxeitos textuais) e coñecementos e identificacións subxectivas” (Huergo, 2001). Este termo fundaméntase en que a humanidade evoluciona dende e co diálogo, coa rexeneración de significados. [Páx. 3]


Ecoloxía da Comunicación: liñamento científico xurdido na Europa dos anos oitenta que pode entenderse como primeiro paso cara a unha estratexia construtiva coa que aumentar a calidade de vida dos seres humanos. Pretende averiguar ata que punto poden crearse, a través da comunicación, comunidades onde o ser humano se sinta agusto. Trata, no seu sentido máis humanista, as consecuencias que se derivan das intervencións tecnolóxicas (técnicas) da comunicación para os seres humanos, a sociedade, a cultura e a comunicación. Eurich, e pouco despois, Mattler von Meibom falan da “conservación ou recreación dun mundo comunicacional intacto, axeitado á natureza humana, isto é, de espazos individuais de acción e experiencia, de redes interpersoais de contacto, e por ende, de comunicación” (1998). [Páx. 4 e 5]


COMUNICACIÓN INTERPERSOAL

Comunicación Interpersoal: modalidade comunicativa na que existe unha transacción continua de mensaxes na que interveñen persoas (dun individuo a outro – cara a cara -, dun individuo a unha colectividade, ou dunha colectividade a outra). É unha comunicación bidireccional na que se comparte un mesmo espazo e tempo. Nela é fundamental a empatía (aprecio polas actitudes e ideas do outro dende o seu punto de vista, captar o seu xeito de sentilas), a congruencia, e a aceptación incondicional (permite ao outro contactar cos seus sentimentos e expresalos sen temor a ser xulgados). (Rogers). A combinatoria dos tres permite a auto-revelación (nun ambiente non ameazante) pensada por Jourard. [Páx. 1]

Interacción: acción que se produce cando unha persoa ten a intención de transmitir información, busca que sexa compartida e consegue unha resposta por parte doutra persoa, un mutuo recoñecemento da posta en común. Se unicamente transmite, non se considera interacción, senón difusión (comunicación sen interacción). (Galindo). Para Kaplún, “a comunicación, ou é diálogo ou non é comunicación, senón tan só información ou difusión”. Ademais, considera que os medios de masa se apropian do termo “comunicación” confundíndoo con información.  [Páx 2]

Interaccionismo Simbólico:  Pódese definir como unha das correntes de pensamento microsociolóxica, relacionada coa antropoloxía e a psicoloxía social. Básease na comprensión da sociedade a través das das interaccións que os individuos crean, facendo estruturas simbólicas que outorgan sentido á realidade; estruturas sobre as que socialmente estaremos dacordo previamente. As interaccións simbólicas permiten ás persoas negociar, manipular e mudar ata certo punto a estrutura e a realidade. [Páx. 2]

Escola de Palo Alto: Trátase dun grupo de investigadores norteamericanos  procedentes da antropoloxía, a lingüística, as matemáticas, a sociología ou a psiquiatría, os cales destacaron por considerar a comunicación como unha interacción social, máis que en función dos seus contidos. As súas premisas fundamentais, resúmense na comunicación entendida como un proceso de interacción e de relación, comprender que todo o comportamento humano ten un valor comunicativo e entender o contexto como unha das claves no proceso relacional.  [Páx. 1 e 2]

Etnometodoloxía: Pódese definir como o estudo das maneiras nas que se organiza o coñecemento que os individuos teñen, dos cursos de acción normais, dos seus asuntos habituais, dos escenarios acostumados. A vida cotiá é, por tanto, a materia prima deste enfoque metodolóxico. A EM céntrase en estudar os métodos ou estratexias empregadas polas persoas para construirán e dar significado ás súas prácticas sociais cotiás. [Páx. 1] 

 

A COMUNICACIÓN COMUNITARIA

Comunicación comunitaria (ComCom): é unha comunicación básica orientada como dispositivo para xerar, manter e mudar acordos, controis e marcos normativos, é dicir, os dereitos e obrigas das persoas; e  para articular recursos e accións que sustenten a existencia e a socialidade desas persoas, que recoñecemos como Comunidade pola súa orixe, a súa adscrición ou o seu interese en común. Polo tanto, hoxe en día, ComCom é un campo de tensións onde converxen unha grande diversidade de intereses, formas de organización social e humana, imaxinarios, propostas e prácticas de control ou de mobilización, modelos e modalidades, espazos simbólicos, discursos e retóricas, identidades, pertenzas e permanencias,…  que se relacionan e se diferencian para a construción e para a participación e a transformación da vida en común. [Páx. 1]

Comunidade: significa aquilo no que se participa xuntos. A “comunidade” retén o seu poder nos símbolos e aspiracións. O concepto suxire a realización de relacións, no sentido de familiaridade, do que é a lealdade continua e a contribución ao grupo. Enlazado a isto está a comunalidade, que é modo de vida e de réxime político de diversos grupos humanos (o estudo de Esteva realizouse na observación activa sobre indíxenas na Oaxaca e en Chiapas, México) que recuperan a súa condición comunitaria, en tanto que non foron ou se resisten a seren “individuados” (é dicir,  separados da comunidade para seren orientados como “mercancía” ou “potenciais consumidores pasivos”). Por outra banda atópanse os Commons que poden entenderse como parte da comunidade, en tanto que rexenera ás comunidades a partir de experiencias e tradicións, alonxándose de estruturas como o Estado e o mercado para construír unha relación entre persoas e comunidades.  [Páx. 1, 8 e 10]

Comunitarismo: corrente filosófica que xorde en oposición a determinados aspectos do individualismo e en defensa de fenómenos como a sociedade civil. O comunitarismo, sobre todo o Latinoamericano, fundamenta que a comunicación é un ben común social e, xa que logo, tamén comunitario e liberador, ao mesmo tempo que defensa do que se considera propio.  [Páx. 9]

Comunidade de interese: definida ocasionalmente por lei, pero é xeralmente considerada como un grupo de individuos unidos por intereses ou valores comúns. Estes intereses comúns poden ser o resultado dunha historia ou cultura común, orixe étnica común, ou outros vínculos que crean unha comunidade de electores con intereses distintos. Aínda que o perímetro dunha comunidade de interese pode corresponder a límites administrativos, isto non sempre é o caso.  [Páx. 8] 

Comunicación popular: instrumento dun proceso educativo transformador feito co pobo. Ten unha forte ancoraxe nos movementos populares que xorden nas décadas dos setenta e oitenta do século pasado. E polo tanto, é a expresión das loitas populares para acadar mellores condicións de vida. Na comunicación popular é necesario ir mudando o modelo de comunicación emisor-receptor: todos deben ser emisores- receptores;  é preciso construír unha comunicación grupal e comunitaria.  [Páx. 2]

Comunicación alternativa (ComA): é un intento de comunicación máis involucrada cos procesos e discursos de transformación social profunda. Algunhas características da ComA poden ser: marxinalidade, contrainformación, oposición, participación, horizontalidade, resistencia, esfera pública alternativa (ou cívica), contrahexemonía, cultura popular e transformaciónn social democrática… Propón, pois, un discurso alternativo, á marxe do sistema e normas imperantes.  [Páx. 4 e 5]

Medios comunitarios: son un recurso en man da comunidade para participar dunha experiencia comunicativa ou mediática, lugares de encontro social sobre todo para o Terceiro Sector. Non son un servizo á comunidade, senón que é a comunidade propia quen articula un dispositivo de comunicación que se basea nunhas normas de acceso consensuadas asembleariamente. Ademais, por contaminación do alternativo responden maioritariamente a criterios contrahexemónicos, confrontados ao sistema de medios dominantes. Por contaminación do popular, responden a unhas características determinadas de identidade,  de pertenza e tamén de formas e técnicas específicas dunha cultura particular, aglutinadora, que se quere reproducir (e de aí o seu carácter educativo e socializador). Así mesmo, os medios comunitarios veñen caracterizados pola súa diversidade, atenta ás características propias de cada comunidade; oriéntanse cara a uns intereses da comunidade ben definidos e mobilízanse para acadalos; e son sen ánimo de lucro. Proporcionan novas linguaxes e a transformación das tecnoloxías apropiadas (xestión compartida) e amplifican o dereito a comunicar e outros dereitos e deberes da comunidade. Por último, cómpre sinalar que converxen no lugar distintas e diferentes organizacións e actividades, con contidos plurais, fornecendo o diálogo dentro delas e as accións solidarias conxuntas, facendo tecido social. [Páx 6]


AS REDES SOCIAIS HUMANAS


Rede: conxunto de persoas relacionadas cunha determinada actividade. Tamén pode entenderse como conxunto de relacións representadas por liñas ou lazos, entre unha serie definida de elementos que nos permiten a análise dun fenómeno (Molina, 1951). Ou como estrutura sistémica e dinámica que involucra a un conxunto de persoas e obxectos organizados para un determinado obxectivo, que se enlazan mediante unha serie de regras e procedementos. Permiten o intercambio de información a través de diversas canles e a súa representación gráfica proporciona unha visualización de cómo se articulan ou relacionan os seus elementos, nomeados coma vértices ou actores sociais. [Páx 1]

Redes sociais: conxunto definido de actores – individuos, grupos, organizacións, comunidades, sociedades globais, etc… que están vinculadas unhas ás outras a través dun conxunto de relacións sociais (Carlos Lozares, 1995). Tamén poden verse como unha metodoloxía para a acción (Elina Nora Dabas, 1993). [Páx. 1]


Teoría de grafos: nace a partir do problema matemático das sete pontes de Könisgberg. Na súa visualización distinguíase por tres elementos: a figura (grafo), os vértices (puntos) e as liñas (aristas). Esta teoría orixinal foi recuperada nos anos 30 do pasado século (Jacob Leví Moreno) para construir os seus sociogramas , que deron lugar á sociometría. Desde a Teoría de Grafos, a rede social é unha estrutura que pode representarse en formas topolóxicas diferentes, e na que os nós representan a individuos ou actores sociais, na que as súas accións son representadas mediante liñas ou aristas. Hai dúas visións da rede social desde estas Teorías: a) a visión atomista, descontextualizada e atributiva, e b) a visión relacional ou reticular, estruturalista. Nesta segunda visión o actor é considerado a partires da relación con outros integrantes da rede nun contexto determinado. [Páx. 1, 2 e 3]

Sociogramas: análises e modelizacións de redes sociais, proporcionan conceptos e teoremas para argumentar moitos indicadores que se empregar para a resolución de problemas de relación social. [Páx. 2]

CONCEPTOS APLICADOS AO TRABALLO

  • Fogar: O aspecto sociocultural do termo refírese á construción de relacións entre as persoas e o entorno o que da entrada a crenzas, significacións e prácticas, tanto particulares como grupais, onde o centro é a familia. A construción material está relacionada co aspecto físico-espacial do mesmo, vencellada ao concepto tradicional de “vivenda”. Non só ten un carácter físico de protección, senón que é o medio que permite interaccións, relacións e vínculos coas demais persoas e a contorna.

Cuervo Calle, J. J. (2010). ¿Vivienda, casa, hogar? La construcción del concepto “hábitat doméstico”. Iconofacto, 6(7), 70-88. https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=5204296

  • Xénero: Construción cultural, e por tanto un aspecto modificable, a través do cal se transmiten as crenzas e valores sociais vinculados con ser home ou muller, é dicir, descríbense e exemplificanse o masculino e feminino en forma de estereotipos, mensaxes e crenzas que  interiorizamos ao longo do proceso de socialización.

Gomà, I. (2018, 20 marzo). El género como construcción cultural y su influencia en nuestra libertad. Recuperado de https://institutgoma.com/articulos/genero-libertad/ 

  • Ama de casa: Traballadora por conta propia do sector doméstico e encargada de asumir a xestión e a produción doméstica do fogar. As labores da muller ama de casa implican, por definición, o traballo doméstico que está na base da maternidade e da relación conxugal. Ser ama de casa é inherente entón ao ser nai e esposa, real e/ou simbolicamente.

Vega Montiel, A. (2007, 15 de octubre). Por la visibilidad de las amas de casa: rompiendo la invisibilidad del trabajo doméstico. Recuperado en: http://www.scielo.org.mx/pdf/polcul/n28/n28a8.pdf

  • Patriarcado: Sistema de relacións sociais sexo-políticas baseadas en diferentes institucións públicas e privadas e na solidariade interclases e intraxénero instaurado polos varóns, quen como grupo social e en forma individual e colectiva, oprimen ás mulleres e aprópianse da súa forza productiva e reproductiva, dos seus corpos e dos seus productos, xa sexa con medios pacíficos ou mediante o uso da forza. 

FONTENLA, Marta. «Diccionario de estudios de Género y Feminismos». Editorial Biblos, 2008. Recuperado de: http://www.mujeresenred.net/spip.php?article1396 

  • Brecha salarial: Diferenza que existe de media entre os ingresos brutos por hora de mulleres e homes. Baséase nos salarios pagados directamente aos empregados antes de deducir o imposto sobre a renda e as contribucións a seguridade social. Deste xeito, non reflicte todos os factores que poden ter que ver con esta diferenza como o nivel educativo, o número de horas traballadas, o tipo de traballo, as baixas profesionais ou os horarios a tempo parcial. Ademais, só se teñen en conta nos cálculos as empresas de dez ou máis empregados. Con todo, mostra que en toda a UE as mulleres xeralmente gañan menos que os homes. No caso de España, un 15,1% menos. As altas proporcións de mulleres en traballos a tempo parcial, traballos non remunerados ou a súa concentración nun número restrinxido de profesións, son algunhas das principais causas desta brecha salarial.

Comprender la brecha salarial de género: definición y causas | Noticias | Parlamento Europeo. (2020, 31 enero). Parlamento Europeo. https://www.europarl.europa.eu/news/es/headlines/society/20200109STO69925/comprender-la-brecha-salarial-de-genero-definicion-y-causas

  • Discriminación por razón de sexo: Consiste en tratar de maneira diferente ás persoas polo simple feito de pertencer a un determinado sexo. Baséase na existencia de estereotipos e roles de xénero vixentes nas sociedades e que poñen límites para que as mulleres e os homes poidan desenvolverse en liberdade. Un exemplo sería a non contratación de mulleres embarazadas ou que teñen previsto ter un fillo/a nun período curto de tempo. 

Centre Dolors Piera d’Igualtat d’Oportunitats i Promoció de les Dones. (s. f.). Talleres por la igualdad – Discriminación por razón de sexo. Talleres por la igualdad. Recuperado 6 de marzo de 2021, de http://www.cdp.udl.cat/tallers/index.php/es/glosario/item/95-discriminacion-por-razon-de-sexo

  • Empoderamento: Concepto central da perspectiva de xénero. Inclúe o fortalecemento da posición social, económica e política das mulleres. O seu obxectivo é reducir ou eliminar as relacións de poder entre os sexos. 

Glosario definitivo do Instituto Vasco de la Mujer | Emakunde (s.f.). Recuperado 5 de marzo de 2021, de  https://www.emakunde.euskadi.eus/contenidos/informacion/politicas_evaluaciones_2/es_def

  • Equidade de xénero: Establecemento e fortalecemento de mecanismos destinados a impulsar a igualdade de dereitos, responsabilidades e oportunidades de mulleres e homes; revalorizar o papel da muller e do home no seno familiar, e nos ámbitos institucional e social; eliminar a discriminación individual e colectiva cara o home, a mujer ou outras minorías. 

Presentación do glosario para a igualdade dee xénero da Universidade Nacional Autónoma de México (s.f.). Recuperado 5 de marzo de 2021, de http://www.economia.unam.mx/igualdaddegenero

  • Roles de xénero: Os roles de xénero son ideas preconcebidas que se foron construindo e transmitindo nas sociedades co paso do tiempo. Trátase de constructos culturais e sociais que clasifican os atributos psíquicos e físicos das persoas, dividíndoos en homes e mulleres, e limitando as súas respectivas posibilidades de desenvolvemento de certas capacidades persoais, culturais, sociais, económicas, políticas, deportivas, emocionaies, etc. Asimesmo,, os roles de xénero expresan o comportamento que, nunha sociedade concreta, se espera dunha persoa en razón do seu sexo.

Centre Dolors Piera d’Igualtat d’Oportunitats i Promoció de les Dones. (s. f.). Talleres por la igualdad – Estereotipos y roles de género. Talleres por la igualdad. Recuperado 6 de marzo de 2021. http://www.cdp.udl.cat/tallers/index.php/es/2013-11-25-15-42-43/introduccion-estereotipos/item/69-estereotipos-y-roles-de-genero

  • Violencia de xénero: A violencia de xénero é aquela que se exerce sobre as mulleres por parte de quenes esten ou estiveran ligados a elas por relacións de afectividade (parellas ou ex-parellas). O obxectivo do agresor é producir danno e conseguir o control sobre a muller, polo que se produce de maneira continuada no tempo e sistemática na forma, como parte dunha mesma estratexia.

Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades (s.f.). Definición Violencia de Género. Recuperado el 6 de marzo de 2021. https://www.inmujer.gob.es/servRecursos/formacion/Pymes/docs/Introduccion/02_Definicion_de_violencia_de_genero.pdf

  • Comercio xusto: sistema comercial solidario e alternativo ao convencional que persegue o desenvolvemento dos pobos e a loita contra a pobreza.

Coordinadora Estatal de Comercio Justo. (s.f.).  Qué es el Comercio Justo. Consultado o 7 de marzo de 2021.

  • Consumo responsable: consumo que se fai en comercio local con baixas emisións de dióxido de carbono e con proximidade entre produtores e consumidores, nun proceso de produción respectuoso co ambiente con uso nulo ou mínimo de insumos químicos, promovendo a biodiversidade, con prácticas de conservación do solo, manexo sustentable da auga, mantemento dos ecosistemas e redución das embalaxes, cun comercio xusto e socialmente responsable que asegure o respecto entre culturas, boas condicións de traballo e procesos de toma de decisións inclusivos e democráticos, nunha relación comercial baseada na transparencia. 

Jocelyn Soto. (2020, 30 de abril). ¿Qué es el consumo responsable y por qué debería importarte? Greenpeace México.

  • Pegada ecolóxica: indicador medioambiental que nos permite calcular cal é o impacto das accións humanas na natureza e canto tempo vai necesitar a terra para producir os recursos e absorber as consecuencias da súa actividade. Afecta a todo tipo de produtos e bens como son a moda, a alimentación, o cultivo, etc. 

Numon. (2020, 3 de febreiro). 5 términos para sumarte al consumo responsable.

  • Produción sostible: modelo de produción de bens e servizos que minimiza o uso de recursos naturais, a xeración de materiais tóxicos, residuos e emisións contaminantes, mediante a promoción dunha estratexia de xestión produtiva que integra a dimensión ambiental a través dun enfoque preventivo da contaminación e a administración eficiente dos recursos.

Portal oficial del Estado Argentino. (s.f.). Producción Sostenible. Consultado o 7 de marzo de 2021.

  • Produto ecolóxico: todo alimento cultivado respectando os ciclos da natureza, sen pesticidas químicos nin fertilizantes sintéticos ou transxénicos, rotando os cultivos para aproveitar os nutrientes propios da terra, fomentando as especies locais resistentes a pragas e enfermidades; no caso da gandería, cos animais vivindo en semiliberdade, estando prohibido o uso de antibióticos e hormonas.

Iberdrola. (s.f.). Diez cosas que tienes que saber sobre los productos ecológicos. Consultado o 7 de marzo de 2021.

  • Quilómetro cero: forma de producir que opta pola produción local dos produtos xa que isto supón un menor custe medioambiental para o planeta.

Numon. (2020, 3 de febreiro). 5 términos para sumarte al consumo responsable.

  • Responsabilidade social: conciencia sobre o impacto que as nosas decisións terán na sociedade nun futuro. Este concepto relaciónsase coa ética e coa moral.

Glosario Debitoor. (s.f.). Responsabilidad social- ¿Qué es la responsabilidad social? Consultado o 7 de marzo de 2021.

  • Fenda dixital: Segundo a UNESCO, “irregularidades en el acceso y en el empleo de las tecnologías de la información y de la comunicación, como Internet, tanto entre diferentes países como dentro de un mismo país”.
  • Educación a distancia: UNESCO: Educación impartida a distancia empregando as tecnoloxías da información/comunicación: radio, televisión, teléfono, correspondencia, correo electrónico, teleconferencia, cd-roms, ou en liña.
  • Educación equitativa: O concepto de equidade, no campo da educación, fai referencia ao tratamento igual, en canto ao acceso, permanencia e éxito no sistema educativo para todos e todas, sen distinción de xénero, etnia, relixión ou condición social, económica ou política. Noutras palabras, a equidade, en materia educativa é facer efectivo para todos e todas, o dereito humano fundamental da educación, proclamado na Declaración Humana dos Dereitos Humanos de 1948 (Artigo 26).
  • Ensinanza online: Aquela na que os docentes e estudantes participan nun entorno dixital a través das novas tecnoloxías e das redes de computadoras, facendo uso intensivo das facilidades que proporciona Internet e as tecnoloxías dixitais
  • ESA (Educación Secundaria para Adultos): opción para personas maiores de 18 anos que queiran ter o título de Educación Secundaria.
  • Rural: Segundo a RAG, “relativo ou pertencente ao campo e á súa vida e manifestacións, por oposición á cidade”.
  • Accesibilidade: Calidade dunha cousa que se pode usar con facilidade ou dun espazo ao que se pode acceder facilmente, é unha condición que deben cumplir os entornos, procesos, bens, produtos e servizos, así como os obxectos, instrumentos, ferramentas e dispositivos, para ser comprensibles, utilizables e practicables por todas as persoas en condicións de seguridade e comodidade e da forma máis autónoma e natural posible. (Definición de Plena Inclusión e do Observatorio de Accesbilidade e Vida Independiente)
  • Atención temperá: conxunto de accións destinadas ás crianzas entre os 0 e os 6 anos e tamén ás súas familias e entorno co obxectivo de responder o máis cedo posible ás necesidades que presentan as crianzas con trastornos no seu desenvolvemento ou que están en risco de pacedelos. Deben estar supervisadas por profesionais do campo e son chave para o desenvolvemento das persoas. (Def. de Plena Inclusión e Red de Salud de Cuba).
  • Discapacidade: Abarca as deficiencias, as limitacións da actividade e as restricións da participación. As deficiencias son problemas que afectan a unha estrutura ou función corporal; as limitacións da actividade son dificultades para executar accións ou tarefas, e as restricións da participación son problemas para participar en situacións vitais. Polo tanto, a discapacidade é un fenómeno complexo que reflicte unha interacción entre as características do organismo humano e as características da sociedade na que vive. (Definición da OMS)
  • Discapacidade intelectual: Termo empregado para definir a aquelas persoas que teñen algunhas limitacións para funcionar na súa vida diaria: cústalles máis que aos demais aprender, comprender e comunicarse e aprender habilidades sociais e intelectuais para actuar en diferentes situacións. A discapacidade intelectual depende tanto da propia persoa como das barreiras ou obstáculos que ten ao redor, na súa contorna. Aparece antes dos 18 anos e xeralmente é permanente, é dicir, para toda a vida, e ten un impacto importante na vida da persoa e da súa familia. (Definición de Plena Inclusión).
  • Doenza rara: tamén coñecidas como doenzas pouco frecuentes, son aquelas que teñen unha baixa prevalencia na poboación. Para ser considerada como rara, cada enfermidade específica só pode afectar a un número limitado de persoas. Concretamente cando afecta a menos de 5 de cada 10000 habitantes. Estas patoloxías afectan, segundo a OMS, ao 7% da poboación mundial. Definición: https://enfermedades-raras.org/index.php/enfermedades-raras 
  • Educación especial: modalidade educativa dirixida ao alumnado con necesidades de apoio intensas debido a difucultades físicas, sensoriais, intelectuais e/ou do desenvolvemento. (definición Plena Inclusión)
  • Educación inclusiva: sistema educativo baseado na atención á diversidade das crianzas, desenvolvendo accións para responder ás diferentes necesidades do estudantado. Relacionado coas persoas con diversidade funcional, o termo responde ao feito de incluir a estas persoas nas escolas convencionais. É dicir, que todo o estudantado estude xunto independentemente das súas características ou necesidades.  (def. da ONU, Plena Inclusión)
  • Educación combinada: Consiste na escolarización simultánea do alumnado con necesidades educativas especiais a un Centro de Educación Especial e a un Centro Ordinario. A frecuencia de asistencia a cada un varía en función das necesidades de cada caso. A finalidade é contribuir ao desenvolvemento das competencias básicas de autonomía, comunicación e socialización, e a mellora das súas habilidades adaptativas e da súa calidade de vida cun modelo educativo o máis normalizado e inclusivo posible. (Definición de Educastur e da Resolución sobre a Escolarización Combinada de Castela e León)
  • Integración: É un fenómeno complexo que se produce como consecuencia da adaptación do individuo ao medio e á interacción entre ambos. Algúns autores prefiren denominar a este proceso como asimilación, para referirse á adaptación dos individuos a unha determinada xerarquía de normas sociais. (Definición de www.plenainclusión.org e da Revista EspacioLogopédico).
  • Inclusión: Situación na que unha persoa goza dos mesmos dereitos que calquera cidadán e participa na sociedade porque está e se sinte dentro dela. No contexto educativo, é o proceso de identificar e responder á diversidade das necesidades de todos os estudantes, reducindo a exclusión. (Definición de www.plenainclusión.org e UNESCO).
  • Educación: Centrámonos na educación en igualdade, que é a proposta metodolóxica na que se forma a mulleres e homes nas mesmas condicións e ofrecendo iguais oportunidades a ámbolos dous sexos

Educación en Igualdad. Áreas de actuación, Consellería de Emprego e Igualdade. Xunta de Galicia: http://igualdade.xunta.gal/es/content/educacion-en-igualdad

  • Interseccionalidade: Enfoque que suxire que os aspectos como o xénero, etnia, clases ou orientación social son construídos polas sociedade e resultan estar interrelacionados todos entre eles.

Vídeo: El País (19 de xullo de 2019) Cuando el FEMINISMO deja fuera a algunas mujeres: https://www.youtube.com/watch?v=HLrwQWfTFUA 

  • Muller: Punto central do noso estudo. A partir dela veremos como e de que formas son discriminadas. tamén estudaremos como se educa as novas xeracións para que isto non suceda.

Instituto de la Mujer para la Igualdad de Oportunidades. Gobierno de España, Ministerio de Igualdad: https://www.inmujer.gob.es/ 

  • Transexualidade: Faremos especial énfase nas mulleres trans, aquelas que a pesar de nacer asignadas ao sexo masculino debido as súas características anatómicas se identifican como mulleres.

Portal Transrespect versus Transphobia:https://transrespect.org/es/

  • Educación de calidade: correspóndese co cuarto ODS da UNESCO, que ten como obxectivo “garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todos”. Considérase que unha educación de calidade é aquela que forma mellores seres humanos, cidadáns con valores éticos que exercen os seus dereitos e cumpren os seus deberes para convivir en paz. É unha educación que xera oportunidades de progreso e prosperidade para eles.
  • Rural: segundo a Real Academia Galega (RAG), “Relativo ou pertencente ao campo e á súa vida e manifestacións, por oposición á cidade.” Dentro deste entorno, no ámbito da educación atopamos centros educativos como os CRA.
  • Escola unitaria: este concepto fai referencia ós centros educativos que recollen os niveis de Infantil e Primaria situados no entorno rural e que se caracterizan pola impartición da docencia nunha aula conxunta (como o propio concepto indica), con tan só un ou varios profesores para todo o alumnado. Isto é posible porque se trata dunha escola cun baixo número de nenos e nenas.
  • Colexio Rural Agrupado (CRA): centro educativo localizado no rural dedicado ás ensinanzas infantís e primarias. Neles, o alumnado pode convivir nunha única aula e, noutros casos, o número é suficiente para realizar diversas agrupacións. Os centros asumen metodoloxías distintas ás dos centros urbanos, xa que xeran aulas con necesidades e dinámicas moi diferentes. Dentro da súa zona de influencia pode haber varias localidades.
  • ANPA: as súas siglas representan o nome da entidade “Asociación de Nais e Pais de Alumnos”. É unha asociación sen ánimo de lucro formada polos pais e nais do alumnado dun colexio. A súa intención é contribuír á mellora da calidade da educación, da convivencia do centro e das instalacións.
  • Despoboamento: supón a perda total ou parcial dos habitantes dun lugar, por motivos moi variados, normalmente por morte, envellecemento ou desprazamento a outros lugares. No caso galego, as zonas rurais atópanse maioritariamente despoboadas.
  • Éxodo: segundo a Real Academia Galega (RAG), este termo significa a “saída masiva que unha poboación fai dun sitio para outro, co fin de se establecer nel ou de xeito ocasional”. Se nos encadramos dentro do ámbito no que se desenvolve o tema que estamos a tratar (a educación de calidade no rural), o éxodo prodúcese das zonas rurais ás urbanas. Deste xeito, redúcese o censo destas áreas, producíndose consecuentemente o desuso das súas escolas.
  • Educación de calidade: segundo a UNESCO é aquela que se basea en aprender a coñecer, aprender a facer, aprender a vivir xuntos e aprender a ser. Manuel Zalaveta S., profesor da Universidade Autónoma de Baixa California, defínea como “aquel proceso que dota aos estudantes das habilidades, coñecementos, actitudes e valores necesarios para facer fronte aos desafíos da vida cotiá”.

Calidad educativa según la UNESCO (2020) https://www.calidadeducativa.edusanluis.com.ar/2020/02/calidad-educativa-segun-la-unesco.html

  • Escolas unitarias: son aquelas escolas de menor tamaño e cun número reducido de alumnado, situadas maioritariamente nun ambiente rural. Nelas un ou dous mestres atenden alumnos de diversas idades e grados, dende o primeiro ano de infantil ata o último de primaria. O traballo vai dirixido a un profesor co propósito de orientar todas as asignaturas a un grupo reducido de estudantes de básica a primaria, co obxectivo de cumplir o dereito fundamental á educación.

Las escuelas unitarias (2010) https://escuelarural.net/las-escuelas-unitarias

  • Zona rural: territorio que dispón dunha escasa cantidade de habitantes onde as principais actividades que se desenvolven están relacionadas co campo, como a agricultura e a gandería. Xeralmente atópanse ubicadas a gran distancia das zonas urbanas.

Definición de zona rural (2017) https://definicion.de/zona-rural/

  • Educación básica: é a educación máis importante que recibe un individuo pois lle permite obter os coñecementos máis elementais a partir dos cales desenvolverá a súa intelixencia e raciocinio. Abarca a ensinanza primaria e o primeiro ciclo da ensinanza de grados secundarios, según a Clasificación Internacional Normalizada da Educación (CINE).

Informe de Seguimiento de la EPT en el Mundo (2011) https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000191186_spa

  • Gasto público en educación: segundo a UNESCO, trátase do total de gasto ordinario e en capital adicado á educación polas administracións locais, rexionais e nacionais, comprendidos os municipios. Este termo inclúe tanto o gasto público efectuado para os centros docentes públicos como privados. No noso caso fixarémonos nos recursos que destina a Xunta de Galicia a estas escolas.

Informe de Seguimiento de la EPT en el Mundo (2011) http://www.unesco.org/new/fileadmin/MULTIMEDIA/HQ/ED/pdf/gmr2011-glossary-es.pdf

  • Proporción alumnos/docente: segundo a UNESCO, é o promedio de alumnos por docente nun determinado nivel de ensinanza. É importante destacar este concepto nas escolas unitarias pois este promedio soe ser bastante desproporcionado.

Informe de Seguimiento de la EPT en el Mundo (2011) http://www.unesco.org/new/fileadmin/MULTIMEDIA/HQ/ED/pdf/gmr2011-glossary-es.pdf

  • Educación de calidade: É o cuarto Obxectivo de Desenvolvemento Sostible marcado na axenda 2030 da Organización das Nacións Unidas (ONU). A Educación de calidade é básica para mellorar a calidade de vida e conseguir un desenvolvemento sostible. No sentido do noso traballo, a educación de calidade no rural é básica para que todos os nenos e nenas destas zonas teñan as mesmas oportunidades, e para abastecer así estes lugares da innovación e da desenvolvemento requeridos no mundo actual.
  • Educación: Proceso a través do cal os individuos desenvolven a súa capacidade intelectual, moral e afectiva, de acordo coa cultura e coas normas de convivencia propias da sociedade á que pertencen. Para isto, suminístranselle ferramentas e coñecementos para seren aplicados nas súas vidas cotiás. Esta educación comeza a adquirirse dende a infancia, cando se inicia o proceso de crecemento, polo que as escolas e as familias desempeñan un papel moi importante á hora de implantar no cativo ou na cativa identidades ou valores éticos e culturais. Neste punto, podemos reflexionar sobre se a educación rural é diferente á educación urbana, no entanto que se lle impartan aos rapaces e ás rapazas identidades e valores dispares. 
  • Despoboamento rural: Perda masiva de habitantes dunha zona rural por motivo da súa morte, envellecemento ou desprazamento a lugares urbanos (o denominado “éxodo rural”). As baixas taxas de natalidade son as causantes do envellecemento da poboación, que produce á súa vez o aumento da mortalidade da zona. Moitas veces, esta situación é causa do abandono do campo por parte das políticas do goberno, en materia educativa, santaria ou medioambiental, entre outras, que deixan o rural con carencia e precariedade de múltiples servizos básicos. Outra das causas pode ser a aparición de novos recursos en zonas urbanas, como novos empregos, que as fai máis atractivas para a poboación. 
  • Escola unitaria: Colexio xeralmente situado nun entorno rural que conta cun número reducido de alumnado. Nelas, un ou dous profesores atenden a rapaces de idades variadas, agrupados nun ou en máximo dous grupos de aprendizaxe (aulas). Estes colexios, ademais de cubrir as necesidades educativas dos nenos e nenas, posúen algunhas vantaxes respecto das escolas urbanas, como pode ser unha ensinanza máis individualizada e un trato máis próximo, ou, un maior vínculo entre a escola e o entorno, polo que esta interacción entre os rapaces e rapazas cos seus veciños e ca natureza durante os anos escolares, permítelle un maior grao de liberdade fóra das fronteiras físicas do propio colexio. 
  • Prexuízos: Idea ou opinión preconcebida (e xeralmente negativa) respecto de algo ou de alguén, é dicir, un xuízo formado antes de ter a oportunidade de experimentar a realidade directamente. Quen son dados a este tipo de opinións ou puntos de vista, son chamados prexuizosos. No tema da educación rural, centrarémonos sobre os prexuízos e os estereotipos que ten a xente sobre as escolas rurais, un dos motivos principais polos que deciden non levar aos seus fillos a esas escolas.
  • Medios de transporte: Diferentes sistemas ou maneiras de desprazar un determinado contido dun lugar a outro. Dito contido pode ser unha mercancía, unha persoa ou ambas. Estes medios clasifícanse en medios terrestres (ferrocarril, automóvil), aéreos (avión) ou acuáticos (fluviais ou marítimos), e cada un deles necesitará dunhas infraestructuras diferentes para o seu funcionamento: vías férreas e estacións para o tren, estradas para os automóviles, aeroportos para os avións, e portos náuticos para os barcos. Neste tema abordaremos a complicada situación que vive a xente e as escolas do rural no que respecta ao transporte escolar. A falta de autobuses para o transporte ao centro de estudos é un dos principais problemas. Isto débese en parte á falta de alumnado matriculado nestes centros e tamén a que polo xeral, a poboación galega se caracteriza por ser diseminada. 
  • Poboación diseminada: Tipo de agrupamento agrario de forma dispersa no que as vivendas se atopan dentro do espazo agrícola no que cada familia cultiva, estando máis ou menos distantes as unhas das outras. Existen pequenas aldeas próximas a un núcleo de poboación algo maior no que se concentran os principais servizos administrativos e municipais. Este tipo de poboamento é característico da zona norte española: Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco…
  • Contaminación mariña: é o resultado da contaminación dos océanos, cando están presentes nel substancias nocivas. Anos atrás a poboación cría que a gran cantidade de auga dos océanos tiña a capacidade de absorver todo o que se vertera nel. Pero realmente non é así, xa que no mar acumúlanse os contaminantes vertidos durante moito tempo.

Fonte: García-Astillero, A. (2019, 11 abril). Contaminación marina: causas y consecuencias. ecologiaverde.com. https://www.ecologiaverde.com/contaminacion-marina-causas-y-consecuencias-1518.html

  • Contaminación hídrica: é a presenza de compoñentes químicos ou doutra natureza nunha densidade superior á natural. Pola existencia de microbios, metais pesados, sedimentos, microorganismos ou substancias químicas, a calidade da auga está alterada e pode ter efectos daniños para o ser humano.

Fonte: ¿Qué es la contaminación del agua? (2020, 6 octubre). iAgua. https://www.iagua.es/respuestas/que-es-contaminacion-agua

  • Desenvolvemente sostible: é a satisfacción das necesidades da xeración presente sen comprometer a capacidade das xeracións futuras para satisfacer as súas propias necesidades. É o principio rector para o desenvolvemento mundial a longo prazo. O desenvolvemento sostible quere conseguir o desenvolvemento económico, o desenvolvemento social e a protección do medio ambiente.

Fonte: Presidente de la Asamblea General de las Naciones Unidas. (s. f.). http://www.un.org. https://www.un.org/es/ga/president/65/issues/sustdev.shtml

  • Saneamento da auga: consiste en métodos e medios para recoller e eliminar as excretas e as augas residuais dunha colectividade de maneira hixiénica para non poñer en perigo a saúde das persoas e da comunidade no seu conxunto.

Fonte: Diccionario de Acción Humanitaria. (s. f.). http://www.dicc.hegoa.ehu.eus. https://www.dicc.hegoa.ehu.eus/listar/mostrar/8

  • Biodiversidade mariña: é a variedade inmensa de seres vivos microscópicos e macroscópicas que habitan nos mares e océanos do planeta. Toda a flora e fauna que conforman os ecosistemas conformados ó longo de catro millóns de anos de evolución da Terra, que comenzou nos mares.

Fonte: Carolina, M. (2021, 3 febrero). Biodiversidad Marina: [Concepto, Ubicación, Organismos, Beneficios y Preservación]. EnergiaToday. https://energiatoday.com/biodiversidad/marina/

  • Dereito ambiental: é o conxunto de normas xurídicas que regulan os comportamentos humanos que poden alterar directa ou indirectamente o medio ambiente e que teñen por obxecto previr e remediar as perturbacións que alteran o seu equilibrio.

Fonte: Derecho ambiental | Diccionario Cear. (s. f.). diccionario.cear. https://diccionario.cear-euskadi.org/derecho-ambiental/

  • EDAR (Estacións Depuradoras de Augas Residuais): é a instalación ou conxunto de estruturas en que, a través de distintas tecnoloxías, trátanse as augas residuais a fin de conseguir unha auga con mellores características de calidade e cantidade, tomando como base certos parámetros normalizados.

Fonte: Real Academia Española – RAE. (2020). estación depuradora de aguas residuales (EDAR). Diccionario panhispánico del español jurídico – Real Academia Española. https://dpej.rae.es/lema/estaci%C3%B3n-depuradora-de-aguas-residuales-edar

  • Proxecto Ríos: é un programa de educación e voluntariado ambiental que basea o seu labor na importancia da educación ambiental para dar a coñecer os sistemas acuáticos, a constancia do traballo co voluntariado ambiental e o fomento da participación cidadá para unha sociedade máis sensibilizada para mellorar os ecosistemas.

Fonte: Que é o Proxecto Ríos – Proxecto Ríos. (s. f.). proxectorios.org. http://proxectorios.org/que-facemos/

  • Concienciación ambiental: é o coñecemento que o ser humano ten do entorno que lle rodea para coidalo. As actividades de concienciación ambiental tenden a ser dinámicas e intentan facer que os individuos sexan conscientes da problemática ambiental existente, así como das interaccións entre o medio ambiente e o ser humano.

Fonte: AEC – Concienciacion ambiental. (s. f.). http://www.aec.es. https://www.aec.es/web/guest/centro-conocimiento/concienciacion-ambiental

  • Protección das augas: a Directiva marco sobre a auga (DMA) establece un marco xurídico para protexer e rexentar a agua limpa na Unión Europea e para garantir a súa utilización sostible a longo prazo. Está completada pola lexislación máis específica, por exemplo, as directivas sobre agua potable, aguas de baño ou sobre inundacións e a Directiva marco sobre a estratexia mariña, así como por acordos internacionais.

Fonte: Parlamento Europeo. (2021, enero). La protección y la gestión de las aguas | Fichas temáticas sobre la Unión Europea | Parlamento Europeo. https://www.europarl.europa.eu/https://www.europarl.europa.eu/factsheets/es/sheet/74/la-proteccion-y-la-gestion-de-las-aguas

  • Visibilidade: traballar por parte da sociedade no recoñecemento dun colectivo, as súas necesidades especiais, a comprensión da súa realidade vital e a aceptación do colectivo como unha parte digna e vital da sociedade. Neste caso, dar a coñecer a situación de certos traballadores durante a pandemia, así como intentar comprender como isto pode afectar a saúde mental.

Universidad Nacional de Mar del Plata (2018). https://es.slideshare.net/genymdq/posicionamiento-y-visibilidad-social-en-bibliotecas-escolares

  • Inclusión: é a actitude, tendencia ou política de integrar a todas as persoas na sociedade, co obxectivo de que estas poidan participar e contribuír nela, así como beneficiarse neste proceso. Con isto tentamos formar un espazo onde calquera poda contar a súa experiencia e compartir pensamentos e críticas. 

Coelho, F. (2019, 17 de mayo). Significados. https://www.significados.com/inclusion/

  • Precariedade: Dentro do ámbito de traballo, consideramos como precarias aquelas situacións nas que o traballador se atopa falto das seguridades e garantías mínimas para desenvolver a súa tarefa en plenas facultades. Esta condición pode darse pola falta de pagos, ou pode incluso non chegar a ter que ver cas ganancias, senón que pode vir en forma de horas extra, malos tratos, etc.

Definición.de (2020). https://definicion.de/precariedad/

  • Inserción laboral: Basease na promoción e creación de novos postos de traballo para a xente que ten dificultades para atopar emprego mediante o acceso normativo. Por outra parte, o ámbito máis destacable desta acción, é a inserción socio-laboral, que se basea na inclusión dos colectivos minorizados que se atopan nas situacións máis desfavorables.

Universidad Internacional de Valencia (2017, 12 de junio). Inserción socio-laboral: más allá de la integración laboral, una herramienta imprescindible para la sociedad.  https://bit.ly/2IqjYAB

  • Estabilidade laboral: Está ligado á continuidade do traballador no emprego que desempeña e a garantía de conservar o mesmo sen que poida ser despedido sen as garantías previstas na lei. Con isto pretendemos afondar nos casos nos que esta estabilidade nos existe ou se ve afectada. Actualmente, tamén a falta de estabilidade a causa da pandemia e as normas laborais que cambian constantemente. 

http://www.orfis.gob.mx/wp-content/uploads/2017/05/Estabilidad.pdf

  • Estrés laboral: descríbese como unha serie de reaccións físicas e psicolóxicas que ocorren cando os traballadores deben facer fronte a esixencias ocupacionais, que non se corresponden cos seus coñecementos ou habilidades. Pero tamén cando a situación no traballo non é a correcta para o desempeño deste. Porén é certo que en moitos casos esta situación de pandemia pode ter unha relación directa co desempeño do noso traballo. 
  • Saúde mental: A saúde mental é un estado de benestar no que a persoa realiza as súas capacidades e é capaz de facer fronte ao estrés normal da vida, de traballar de forma produtiva e de contribuír á súa comunidade. 

https://www.who.int/es/news-room/fact-sheets/detail/mental-health-strengthening-our-response

  • Teletraballo: Traballo que se realiza dende un lugar fora da empresa utilizando as redes de telecomunicación para cumprir coas cargas laborais asignadas.

https://dle.rae.es/teletrabajo

  • ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego): é unha medida de flexibilización laboral que habilita á empresa para reducir ou suspender os contratos dos seus traballadores, durante un período de tempo determinado, por causas económicas, técnicas, de produción ou de forza maior. 

https://dpej.rae.es/lema/expediente-de-regulación-temporal-de-empleo-erte

  • Aculturación: adopción progresiva de elementos dunha cultura estranxeira por persoas, grupos ou clases dunha cultura determinada. A adaptación parcial ou total é o resultado de contactos e interaccións entre diferentes culturas a través da migración e das relacións comerciais. https://publications.iom.int/bookstore/free/iml_7_sp.pdf
  • Control Sanitario: No contexto da migración, é a función de reducir e encamiñar adecuadamente o impacto que ten a saúde pública a mobilidade da poboación nos países receptores, así como de facilitar a integración dos migrantes a través da orientación e o manexo do custe efectivo das condicións de saúde e da documentación médica. O control sanitario antes da partida serve para promover a saúde dos migrantes asistidos, dándolles a oportunidade de iniciar tratamentos curativos ou preventivos de condicións que, se os deixasan de tratar, poderían ter un impacto negativo no estado de saúde do migrante e/ou da súde pública das comunidades receptoras. https://publications.iom.int/bookstore/free/iml_7_sp.pdf
  • Dereitos laborais:  é o conxunto de normas dictadas coa finalidade de regular as relacións laborais que se establecen nun determinado páis. O obxectivo principal do dereito laboral consiste en defender os intereses do traballador e protexelo daquelas circunstancias que poidan chegar a prexudicalo. O cal implica varias accións como, por exemplo:
  • Regular os dereitos e deberes tantos dos empregados como do empregador;
  • Regular todos aqueles aspectos vinculados coa relación laboral como o soldo, as horas de traballo, os tipos de contratos, os despidos e demais;
  • Integración: Refírese ó proceso bidireccional de adaptación mutua entre os migrantes e as sociedades nas que conviven. Conleva a consideración dos dereitos e as obrigas dos migrantes e as sociedades dos países de destino, do acceso a diferentes tipos de servizos e ó mercado laboral, e do recoñecemento e o respecto do conxunto esencial de valores que estreitan os lazos entre os migrantes e as comunidades receptoras co obxectivo dun propósito común (OIM, 2011). Adquiriu relevancia no panorama mundial coa chegada da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible  na que se fai un chamamento a “non deixar a ningúen atrás”.  https://migrationdataportal.org/es/themes/integracion-de-los-migrantes
  • Institución: elemento estrutural esencial do ordenamento xurídico ou da ordenación política e social. No primeiro sentido, por exemplo, son institucións a lei e o regramento, a derrogación e a retroactividade. No segundo sentido, o matrimonio, a propiedade, a herdanza, un ministerio, un concello, a monarquía ou a Universidade. https://dpej.rae.es/lema/instituci%C3%B3n
  • Migrante: Segundo elaborou a OIM, toda persoa que se traslada fóra do seu lugar de residencia habitual, xa sexa dentro dun país ou a través dunha fronteira internacional, de xeito temporal ou permanente, ou por diversas razóns. Este termo comprende unha serie de categorías xurídicas ben definidas: os traballadores migrantes; as persoas cuxa forma particular de traslado está xurídicamente definida, como os migrantes obxecto de tráfico; así como as persoas cuxa situación ou medio de traslado non estean expresamente definidos no dereito internacional, como os estudantes internacionais. https://www.iom.int/es/quien-es-un-migrante
  • Políticas de Inclusión: as políticas de inclusión deben contar coa participación organizada, informada e en igualdade de condicións respecto á participación nas decisións, dos sectores grupos ou persoas involucrados. Significa transformar as relacións para darlle máis poder real ós sectores, grupos ou persoas involucradas. No plano individual, deben basearse na realización persoal, como criterio ético-social, antes que na adaptación social. https://revistas.uv.cl/index.php/rcs/article/view/927
  • Inclusión social: a UE define a inclusión social coma un “proceso que asegura que aquelas personas que están en risco de pobreza e exclusión social, teñan as oportunidades e recursos necesarios para participar completamente na vida económica, social e cultural desfrutando dun nivel de vida e benestar que se considere normal na sociedade na que viven”. Pon énfase no dereito das persoas de “ter unha vida asociada sendo un membro dunha comunidade”. As fronteiras da exclusión son amplas e diversas: dende a exclusión por acceso a recursos económicos, pobreza, ata a exclusión por ser de certa nacionalidade, raza ou etnia.  http://www.andaluciasolidaria.org/que-hacemos/inclusion-social
  • Refuxiado: os refuxiados son personas que foxen de conflictos armados ou persecución. A finais de 2015, había 21,3 millóns de refuxiados no mundo. A miúdo, a súa situación e tan perigosa e intolerable, que cruzan fronteiras nacionais en busca de seguridade en países que están preto e, así, ser recoñecidos internacionalmente como “refuxiados”, con asistencia dos estados, o ACNUR e outras organizacións. Eles son recoñecidos precisamente porque é demasiado perigoso para eles regresar a casa, e necesitan asilo noutros lugares. Son persoas ás que negarlles o asilo pode traerlles consecuencias mortais.  https://www.acnur.org/noticias/noticia/2016/7/5b9008e74/refugiado-o-migrante-cual-es-el-termino-correcto.html
  • Migración irregular: movemento de persoas que ten lugar á marxe da lei, das regulacións ou acordos internacionais dos gobernos que rixen a entrada e saída do Estado de orixe, tránsito e destino. https://www.iom.int/key-migration-terms
  • Educación de calidade: aquela que permite que todos aprendan o que necesitan aprender, no momento oportuno da súa vida e das súas sociedades e en felicidade (Cecilia  Braslavsky, 2006). 
  • Educación inclusiva: “o proceso de identificar e responder á diversidade das necesidades de todos os estudantes a través da maior participación na aprendizaxe, as culturas e as comunidades, e reducindo a exclusión na educación. Involucra cambios e modificacións en contidos, aproximacións, estruturas e estratexias, cunha visión común que inclúe a todos os nenos e nenas do rango de idade apropiado e a convicción de que é a responsabilidade do sistema regular, educar a todos os nenos e nenas”.

Fonte: UNESCO

Baséase no principio de que cada persoa (neno/a, novo ou adulto) ten características, intereses, capacidades e necesidades de aprendizaxe distintos e deben ser os sistemas educativos os que estean deseñados tendo en conta a ampla diversidade de ditas características e necesidades.

Fonte:  https://www.unir.net/educacion/revista/educacion-inclusiva/ 

  • Inclusión social:  proceso mediante o cal se realizan esforzos para garantir a igualdade de oportunidades -que todos, independentemente da súa orixe, poidan alcanzar o seu máximo potencial na vida. Ditos esforzos inclúen políticas e accións que promoven a igualdade de acceso aos servizos (públicos) e posibilitan a participación cidadá nos procesos de toma de decisións que afectan as súas vidas. 

Fonte: https://www.un.org/development/desa/socialperspectiveondevelopment/issues/social-integration.html

É o proceso de mellorar os termos nos que os individuos e grupos participan na sociedade, mellorando a capacidade, as oportunidades e a dignidade dos desfavorecidos sobre a base da súa identidade.

Fonte:  https://www.worldbank.org/en/topic/social-inclusion 

  • Interculturalidade: Refírese á presenza e interacción equitativa de diversas culturas e á posibilidade de xerar expresións culturais compartidas, a través do diálogo e do respecto mutuo.

Fonte: Artigo 4.8 da Convención sobre a Protección e a Promoción da Diversidade das Expresións Culturais.

Fonte:  https://es.unesco.org/creativity/interculturalidad 

  • Migración: A migración é o traslado ou desprazamento da poboación dunha rexión a outra ou dun país a outro, co consecuente cambio de residencia; dito movemento constitúe un fenómeno xeográfico de relevante importancia no mundo.

Segundo o lugar do destino, a migración pode ser interna, cando se realiza dentro dun mesmo país; por exemplo, do campo á cidade (éxodo rural); e externa, cando se dá dun país a outro. Tanto no caso das migracións internas como as externas atopámonos cos aspectos de: inmigración e emigración.

Fonte:  https://www.un.org/es/sections/issues-depth/migration/ 

  • Xenofobia: Toda distinción, exclusión, restrición ou preferencia baseada en motivos de raza, cor, liñaxe ou orixe nacional ou étnico que teña por obxecto ou por resultado anular ou menoscabar o recoñecemento, goce ou exercicio, en condicións de igualdade, dos dereitos humanos e liberdades fundamentais nas esferas política, económica, social, cultural ou en calquera outra esfera da vida pública. (Artigo 1.º de CERD)

Fonte: https://www.ucm.es/data/cont/docs/471-2013-11-05-xeno3.pdf 

  • Racismo: Exacerbación do sentido racial dun grupo étnico que adoita motivar a discriminación ou persecución doutro ou outros cos que convive. 

Fonte: RAE

  • Protocolo: Secuencia detallada dun proceso de actuación científica, técnica, médica, etc.

Fonte: RAE

Seguridade Alimentaria: a seguridade alimentaria implica a aplicación de estratexias para garantir que todos os alimentos son seguros para o consumo. É dicir, a seguridade alimentaria preocúpase de que os alimentos non supoñan un risco para a saúde das persoas e sexan saudables. – Educo [en liña]. ¿Qué es la seguridad alimentaria y por qué es importante? (2021). Consultado o 3 de marzo 2021. Dispoñible en: 

https://www.educo.org/Blog/Que-es-la-seguridad-alimentaria-y-su-importancia#

Desnutrición: a desnutrición é un trastorno orgánico debido a unha deficiente alimentación. – RAG [en liña]. Diccionario online da Real Academia Galega (2021). Consultado o 3 de marzo 2021. Dispoñible en: Dicionario – Real Academia Galega

Muac: o MUAC é unha cinta plástica con código de cores que mide a circunferencia do brazo esquerdo dos nenos de entre 6 meses e 5 anos de idade. É un dos indicadores que se empregan para detectar a desnutrición aguda e o risco do morte entre nenos. Utilízase tanto en nenos como en nenas. – ACNUR; MUAC (2019). Consultado o 3 de marzo 2021. Dispoñible en: HojaAgosto.indd (eacnur.org)

Agricultura Sostible: para ser sostible, a agricultura debe satisfacer as necesidades das xeracións presentes e futuras, e ao mesmo tempo garantir a rentabilidade, a saúde ambiental, e a equidade social e económica. A alimentación e a agricultura sostibles contribúen aos catro piares da seguridade alimentaria e ás tres dimensión da sustentabilidade. – Organización de las Naciones Unidas para la Alimentación y la Agricultura [en liña]. Consultado o 3 de marzo 2021. Dispoñible en: Alimentación y agricultura sostenibles | Organización de las Naciones Unidas para la Alimentación y la Agricultura (fao.org)

Fame: insatisfacción da necesidade de alimentarse, por causa da escaseza de alimentos, da falta de medios para conseguilos, etc,.. – Real Academia Galega 

https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/fame

Pandemia: enfermedad epidémica que se extiende a moitos países e que ataca a case todos os individuos dunha localidad ou rexion. https://www.who.int/csr/disease/swineflu/frequently_asked_questions/pandemic/es/

Desastre natural: fai referencia as enormes pérdidas materiais e vidas humanas ocasionadas por eventos e fenómenos naturais, coma terremotos, inundacións , tsunamis, deslizamentos de terra, entre outros . … Por outra parte, algúns  desastres son causados únicamente polas actividades humanas. https://www.google.com/amp/s/www.responsabilidadsocial.net/desastres-naturales-que-son-definicion-tipos-caracteristicas-y-prevencion/

Sobreproducción: exceso de producción ou producción dunha cousa por encima das necesidades de compra do mercado.. http://www.claseshistoria.com/glos

  • Pesca INDNR: é un termo amplo que se divide en tres actividades pesqueiras: a pesca ilegal, a pesca non declarada e a pesca non regulamentada.
  • A pesca ilegal é a realizada sen o permiso do Estado ou incumprindo a súa lexislación
  • A pesca non declarada é aquela que non foi manifestada, ou foino dun modo inexacto á autoridade nacional competente.
  • Pesca non regulamentada: é a realizada en poboacións de peixes sen medidas aplicables de conservación ou ordenación e nas que estas actividades pesqueiras se levan a cabo sen responsabilidades.

A pesca ilegal, non declarada e non regulamentada (pesca INDNR) esgota as poboacións de peixes, destrúe os hábitats mariños, deforma a competencia, prexudica inxustamente aos pescadores legais e debilita ás comunidades costeiras, especialmente nos países en desenvolvemento.

Pesca ilegal (INDNR) – Pesca – European Commission. (2021). consultado o 6 de marzo de 2021, obtido dende https://ec.europa.eu/fisheries/cfp/illegal_fishing_es

¿Qué es la pesca INDNR? | Pesca ilegal, no declarada y no reglamentada (pesca INDNR) | Organización de las Naciones Unidas para la Alimentación y la Agricultura. (2021). consultado o 6 de marzo de 2021, obtido dende http://www.fao.org/iuu-fishing/background/what-is-iuu-fishing/es/

  • Técnicas pesqueiras destructivas: son os métodos que fan referencia á devastación dos fondos mariños causada pola pesca de arrastre, os descartes, o emprego de velenos e explosivos e a pesca fantasma.
  • A pesca de arrastre é un método industrial baseado no uso de enormes redes lastradas con pesadas cargas e dotadas dunhas pezas metálicas ou de madeira que rascan os fondos mariños, rompendo todo aquilo que encontran ao seu paso, dende os peixes ata os corais centenarios.
  • Os descartes son os exemplares da especie buscada cuxa talla non se axusta, ademais de outras especies que non se comen ou non teñen mercado, e especies prohibidas ou en perigo de extinción. Todos estes, millóns de toneladas de pescado, son devoltos ao mar mortos ou feridos.
  • A pesca fantasma consiste no abandono na auga, xeralmente accidental, de redes e outros materiais que continúan capturando inutilmente peixes, moluscos, e grandes mamíferos mariños, que morren atrapados.
  • O uso de velenos e explosivos. O emprego de velenos para matar ou atordar aos peixes é unha práctica moi difundida, no mar e nas augas doces, incluídas as lagoas costeiras e as barreiras coralinas. Estes velenos matan a todos os organismos do ecosistema, entre eles os corais que forman as barreiras.

O uso de explosivos existe desde hai séculos e encontrase en expansión. As explosións poden producir cráteres moi grandes que devastan dos dez aos vinte m2 de fondo mariño. Non acaban só cos peixes buscados, senón tamén coa fauna e a flora.

Las técnicas de pesca destructiva y los descartes – El océano en peligro | Slow Fish – Local Sustainable Fish. (2021). consultado o 6 de marzo de 2021, obtido dende https://www.slowfood.com/slowfish/pagine/esp/pagina–id_pg=43.lasso.html

  • As confrarías de pescadores: son corporacións de dereito público sectoriais, sen ánimo de lucro, representativas de intereses económicos de armadores de buques de pesca e de traballadores do sector extractivo, que actúan como órganos de consulta e colaboración das administracións competentes en materia de pesca marítima e de ordenación do sector pesqueiro. A súa xestión desenvólvese co fin de satisfacer as necesidades e intereses dos seus socios e co compromiso de contribuír ao desenvolvemento local, a cohesión social e a sustentabilidade.

Cofradías de pescadores. (2021). consultado o 6 de marzo de 2021, obtido dende https://www.cepes.es/social/entidades_cofradias_pescadores

  • A contaminación marítima: é, segundo a RAE, a introdución directa ou indirecta no medio mariño de sustancias ou enerxías como consecuencia da actividade humana, incluídas as fontes sonoras submarinas, que provocan ou poden provocar efectos nocivos, como prexuízos aos recursos vivos e aos ecosistemas mariños – incluída a pérdida de biodiversidade-, riscos para a saúde humana, obstáculos ás actividades marítimas, especialmente á pesca, ao turismo, ás actividades de ocio e demais usos permitidos do mar, así como alteracións da calidade das augas mariñas que limitan a súa utilización e unha redución do seu valor recreativo, ou en termos xerais un menoscabo do uso sostible dos bens e servicios mariños, incluíndo os seus recursos.

Definición de contaminación marina – Diccionario panhispánico del español jurídico – RAE. (2021). consultado o 6 de marzo de 2021, obtido dende https://dpej.rae.es/lema/contaminaci%C3%B3n-marina

  • Os detritos mariños: afectan a todos os océanos e a todas as costas, e causan custos desmedidos, danos ecolóxicos e impactos sociais. Están compostos principalmente por refugallos plásticos que non foron dispostos adecuadamente, así como por plásticos mal xestionados, e representan unha das principais ameazas para as especies e os fráxiles ecosistemas do mar.

Ocean Care (2021). consultado o 6 de marzo de 2021, obtido dende https://www.oceancare.org/wp-content/uploads/2017/10/Marine_Debris_CMS_es.pdf

  • A eutrofización ou polición por nutrientes: está provocada polo exceso de nutrientes na auga, principalmente nitróxeno e fósforo, procedentes maioritariamente da actividade do home. Este exceso de nutrientes fai que as plantas e outros organismos crezan en abundancia. Durante o seu crecemento e putrefacción, consumen gran cantidade de osíxeno disoluto e aportan materia orgánica (lama) en abundancia.

Contaminación de Nutrientes y Proliferación de algas – LG Sonic. (2021). consultado o 6 de marzo de 2021, obtido dende https://www.lgsonic.com/es/contaminacion-de-nutrientes-y-proliferacion-de-algas/

Ibérica, S. (2021). Eutrofización: Causas, consecuencias y soluciones. Consultado o 6 de marzo 2021, obtido dende https://www.iagua.es/noticias/sewervac-iberica/eutrofizacion-causas-consecuencias-y-soluciones