Indicadores

1. Autodeterminación das persoas: Restarlle relevancia á capacidade das persoas para defender os seus dereitos. Non dar cabida a denuncias de determinados grupos sociais. Tratar a determinadas persoas como se tivesen menor capacidade de decisión e deresponsabilidade, polo mero feito de pertencer a un determinado grupo social. Negación do dereito á autodeterminación persoal. Negar a capacidade de autorrepresentación dos grupos vulnerabilizados, establecendo unha representación externa aos mesmos.

2. Emprego da linguaxe: Emprego dunha linguaxe e/ou expresións pouco respectuosas coa dignidade das persoas. Manexar conceptos con implicacións negativas ou que non sexan inclusivos e actualizados. Adxectivar aos suxeitos, omitindo a condición de persoa.

3. Tratamento informativo: Tratamento superficial e espectacularizante da información: enfatizar as compoñentes dramáticas ou excepcionais dunha información para causar un maior impacto, sen engadiren estas información relevante para a comprensión dos feitos. Emprego de elementos morbosos e superficiais, que banalizan as informacións edesvalorizan ás persoas que figuran nas mesmas.Vulnerar o dereito ao honor e á intimidade das persoas con fins comerciais.

INDICADOR PROPOSTO POLO GRUPO

4. Problemática cotidiana versus problemática puntual: Tratamento da información de manera anecdótica ou casual en vez de relacionar o feito coa posibilidade de que sexa unha situación con la posibilidad ao que se poden enfrentar máis personas con discapacidade no día a día. Construcción resumida do relato noticioso, sen prestar demasiada atención tanto ao contexto personal do afectado como a situación e sen profundizar nas consecuencias para o protagonista da noticia. Noticias puntuales sobre o tema a analizar que aparecen nos medios e que teñen importante repercusión no momento pero que pronto son olvidadas.