Indicadores

S 1B:

Debido a que o tema do noso traballo, o tratamento que fan os medios sobre a prostitución decidimos que os nosos indicadores debían reflexar custións de xénero e de visualización dun colectivo marxinado e estereotipado.

Sexismo: As novas sobre prostitución adoitan un fiel reflexo dunha sociedade machista e trátanse desde un punto de vista sexista, a nosa labor será ver cales son as bases nas que se apoian os medios para dar deste xeito as noticias.

Visibilidade e a insibilización: Consideramos que case nunca se teñen en conta as protagonistas dos feitos e son caracterizadas como colectivos sen voz.

O tratamento informativo: É o indicador máis importante porque cremos que as informacións que se publican moitas veces non se corresponden a realidade que elas viven.

Emprego da linguaxe: Pese a que a maioría de libros de estilo aos que accedimos son estrictos, a linguaxe que atopamos nos medios adoita estar contaminada de prexuízos.

Racismo: Este indicador teríamolo que negociar co grupo, pero é a idea que lles imos a propoñer, xa que vemos que nos medios de comunicación as mulleres que se dedican a prositución  atribúenselles determindas características dependendo de onde procedan. Isto está relacionado ca inmigración, pensamos que en moitos casos son reducidas a meros grupos de ilegais, persoas sin papeis que non teñen dereito a estar aquí.

Advertisements