InfoXusta

InfoXusta é un proxecto para a creación dun selo que avalía o tratamento que os medios de comunicación producen sobre grupos de atención social prioritaria (muller, mocidade, migrantes, persoas con diversidade funcional, persoas maiores…). O selo permite identificar as institucións mediáticas que publican información ecuánime e correcta sobre a realidade social.

Asociacións, organizacións sociais e institucións de diversa índole poden facer uso do selo InfoXusta para distinguir aqueles medios de comunicación que destacan polo correcto tratamento xornalístico da súa área de interese. A concesión ou denegación do selo é o resultado de analizar o discurso e as representacións dos medios, mediante a aplicación de indicadores que reflicten problemáticas concretas e que poden ser ampliados e readaptados para acoller unha gran diversidade de situacións. A metodoloxía utilizada contempla, ademais, baremos cuantitativos que permiten unha avaliación do grao de ecuanimidade da produción mediática por parte das empresas informativas e de entretemento. O resultado sérvelles ás institucións e organizacións sociais para considerar as súas relacións coas empresas mediáticas á hora de facilitar información ou promover campañas dirixidas á cidadanía ou á hora de promover premios á excelencia informativa, por exemplo.

Neste proceso o proxecto admite suxestións das asociacións, organizacións e institucións

conducentes á súa efectiva aplicación.IX004

O uso final do selo InfoXusta, por parte das asociación, organizacións sociais e

institucións é de carácter gratuíto mais require a adhesión previa. Pódese solicitar

información no correo electrónico proxectocidec@gmail.com