Sen mobilidade non hai cidade

A acción do grupo Mobilidades Urbanas e Rurais (S3A) é unha colección fotográfica online na que se retratan as carencias en mobilidade. Os pés de foto das imaxes son conclusións extraídas das xuntanzas do Círculo. Tamén hai fotos de bos exemplos en materia de mobilidade. Ademais da difusión por redes sociais, a cidadanía pode chegar á colección mediante o código QR dos carteis pegados nas rúas de Compostela. Parte das fotografías foron tomadas polos santiagueses e compartidas polo hashtag #MobilidadeSantiago. Podes clicar nas diferentes categorías (entorno rural, transporte urbano, accesibilidade e tráfico) para consultar as fotografías coas reflexións dos nosos colaboradores.

Cartel acción
Cartel que pegamos polas rúas de Compostela.

Entorno rural

O transporte público é aínda máis deficiente nas zonas rurais, onde as frecuencias de autobús son escasas e os servizos de transporte público non se axeitan ao número de habitantes das aldeas. Ademais as estradas e beirarrúas, onde as hai, en mal estado. En xeral, todos os servizos relativos á mobilidade atópanse nunha peor situación que na cidade.

Transporte urbano

Transporte urbano é o conxunto de medios transporte público de uso xeralizado, que permite solucionar as necesidades de desprazamento das persoas dentro dos límites do Concello. Entre as principais carencias que atópamos no transporte público estaría a falta de frecuencias e a nula adaptación dos vehículos ás necesidades das persoas con dificultades visuais, acústicas, de movemento…

Accesibilidade

A Sociedade Española de Documentación e Información Científica define así a accesibilidade: “A accesibilidade ao medio físico refírese á cualidade que teñen os espazos para que calquera persoa, incluídas aquelas con discapacidades de mobilidade ou comunicación, poidan chegar a todos os lugares e edificios sen esforzos de máis e con autonomía. Ademais de acceder aos establecementos de uso público e aos servizos que presten en condiciones de seguridade e autonomía”. Un simple paseo pola cidade serve para comprobar que a vía pública non é axeitada para persoas con mobilidade reducida.

Tráfico

A RAE define tráfico como: “Movemento ou tránsito de persoas, mercancías, etc. por calquera medio de transporte”. Os problemas xorden cando o tráfico provoca atascos en horas puntas, fai as salidas dos colexios peligrosas ou que as ambulancias se retrasen.

Ligazóns:

Definición de accesibilidad web (s. f.). SEDIC. Recuperado de
https://www.sedic.es/autoformacion/accesibilidad/2-definicion-accesibilidad.html

Tráfico (s. f.). RAE. Recuperado de https://dle.rae.es/?id=aEMKqDr