Dende o Observatorio Cidadán de Comunicación queremos amosar o noso agradecemento a todas as insitucións que colaboraron este ano. Para acceder ao seu sitio web, podes pulsar no logotipo correspondente.
Paz, xustiza e institucións sólidas

Asociación AMIGA
Organización sen ánimo de lucro adicada á sensibilización, denuncia e compromiso en favor das persoas migrantes e en situación de vulnerabilidade social. Tenta ofrecer un espazo donde inmigrantes, migrantes retornados e solicitantes de protección internacional reciban axuda e asesoramiento para formar parte da nosa sociedade de forma activa.

Cruz Vermella
Institución humanitaria de carácter voluntario adicada, entre outras cousas, a temas de inclusión social e asistencia básica a persoas migrantes localizadas en certos asentamentos. Ofrecen axuda a persoas migrantes no ámbito laboral, social, educativo, internacional…

Asociación Diversidades
Entidade sen ánimo de lucro adicada a atención social, psicolóxica e educativa de persoas e colectivos vulnerables. Ofrecen unha intervención social dende unha visión integradora sendo as necesidades sociais, vulnerabilidade dos dereitos, a educación, interculturalidade e oportunidades educativas e laborais o seu obxectivo.
Educación de calidade

IES Maruxa Mallo
O IES Maruxa de Ordes leva anos apostando por unha educación de calidade e participativa, na que o alumnado sexa protagonista das actividades que se realizan no IES; ademais ten unha decidida aposta pola educación inclusiva e en igualdade. Froito dese ideario o Centro desenvolve actividades de moi diversa índoile: programa Coñecer Galicia, o lanzamento da sonda Marumasat ou as actividades relacionadas coa Igualdade de xénero e a diversidade sexual (Congreso escolar polas Igualdades, 25N, 8M, día da visibilidade LGTBI…).

CEIP A Cañiza
Contactamos con este CPI para completar a testemuña de diferentes centros de Educación Primaria con diferentes situacións culturais, co obxectivo de que a súa experiencia no eido de interculturalidade fora de utilidade á hora de realizar unha comparación no marco do sistema educativo galego.

CEIP Atios
Contactamos con este CEIP para completar a testemuña de diferentes centros de Educación Primaria con diferentes situacións culturais, co obxectivo de que a súa experiencia no eido de interculturalidade fora de utilidade á hora de realizar unha comparación no marco do sistema educativo galego.

CEIP Ben-Cho-Shey
A orientadora deste centro, Puri Álvarez, leva anos traballando como profesora e como orientadora, polo que posúe un certo recorrido e traxectoria no eido da inclusión intercultural. Ademais, centrámonos nas figuras do departamento de orientación que dentro dos colexios é o motor principal á hora da creación dos protocolos de inclusión e integración, así como da execución dos Plans de Acollida e a atención individualizada ao alumnado.

Olladas: cultura e pedagoxía
No marco da materia Pedagoxía Intercultural, que coordina o Profesor Miguel A. Santos Rego estase a poñer en marcha “Olladas: Culturas e Pedagoxía”, unha plataforma para difundir, comunicar, reflexionar e, tamén, educar en temáticas vinculadas á xestión da diversidade cultural. Para iso, un grupo de alumnado de segundo curso do Grao en Pedagoxía da Universidade de Santiago de Compostela, coordinados por Alexandre Sotelino e David García, teñen creado diversas RRSS onde irán actualizando con diferentes novidades e debates. Olladas enmárcase no proxecto de aprendizaxe-servizo PEINAS.

GI Esculca
Grupo de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela con sede na Facultade de Ciencias da Educación, no que participan profesores/as da USC e doutras universidades, profesorado non universitario e outros profesionais do ámbito socioeducativo. Entre as súas accións destacan, por exemplo, o apoio á realización de Teses de Doutoramento, a realización de Proxectos de Investigación ou a publicación de artigos científicos. As súas liñas de investigación abordan dende a arquitectura dos espazos educativos, ata as dificultades de aprendizaxe e a educación intercultural.

IES Monte Castelo
Grazas á orientadora puidemos analizar a situación intercultural do centro educativo, xa no plano da Ensinanza Secundaria Obrigatoria, onde o “fracaso escolar” ten unha maior presenza, e tamén da Formación Profesional, unha saída a ter en conta para aqueles que chegan nunha situación de desvantaxe á nosa ensinanza.

CEIP Virxe do Carme
Centro educativo da localidade mariñá de Burela onde se ve reflexada a situación dos migrantes no sistema educativo galego con moita presenza de poboación caboverdiana. Dende o centro intenta atallarse do mellor xeito posible a inclusión dos migrantes, xa que os anos na Educación Infantil e Primaria son fundamentais para que a asimilación e inclusión cultural sexan posibles.

CEIP Apóstolo Santiago
Exemplo dun bo proxecto educativo intercultural, o CEIP Apóstolo Santiago ten unha diversidade cultural e étnica bastante superior á maioría dos centros da contorna. Decidimos contactar con eles pola súa accesibilidade e as dinámicas de traballo que seguen na integración e inclusión dos alumnos.

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI)
COGAMI é una confederación que busca conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade. A consecución deste obxectivo búscase a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as necesidades e expectativas destas persoas.

Asociación Juan XXIII
A Asociación Juan XXIII constitúese no ano 1968 por un grupo de familiares de persoas con discapacidade intelectual de Pontevedra para promocionar o desenvolvemento integral deste colectivo. A súa misión principal é a formación e promoción das persoas con discapacidade intelectual, prestando apoio e servizos de calidade ante as demandas dos seus usuarios e familiares e traballando para promover a súa inclusións na sociedade. Contan cun Colexio de Educación Especial, dous Centros Ocupacionais e dous de día e unha vivenda tutelada.
.
Persoas que colaboraron:
Ángel Segovia: ex- director e ex-profesor del CRA de Teo, ademáis de ser coordinador da asociación AMCRAGA, Asociación de Mestres dos Colexios Rurais Agrupados. É unha das persoas que máis sabe da organización das unitarias na comarca de Santiago, xa que ten contacto coa Concellería de Educación en Santiago e co persoal do concello de Teo. Moitas das medidas que se levaron a cabo nas unitarias e CRA nesta comarca foron petición súa e do seu equipo pertencente a AMCRAGA.
Sandy Cebral: conselleira de Educación do Concello de Brión, gobernado actualmente polo PSdeG-PSOE.
Cristina Gómez Costoya: nai dun neno, Leo, que estudou un ano na escola unitaria De San Pedro de Nós en A Coruña. A súa opinión para nós era importante para coñecer as opinións dos pais e dos nenos que son tan importantes como a información que nos poidan proporcionar os profesores.
Emilia Naya: profesora galega. Actualmente e dende fai un ano é a única profesora e polo tanto directora da escola unitaria de Bemantes, en Miño. Debido á súa ampla experiencia tanto en colexios convencionais como en unitarias amosa unha opinión formada de ambos tipos de educacións.
Sandra Camós: en representación da Fundación Princesa de Girona, concretamente responsable do Programa Xeneración Docente que brinda a futuros Mestres a oportunidade de facer prácticas en escolas unitarias galegas.
Amanda Martínez: futura mestra en prácticas no CRA Nosa Señora do Faro.
Julia Prados: nai de dous menos que son alumnos na unitaria de Bemantes.
Carla Casal: ex alumna da unitaria de Bastavales.
Vida submarina

Plataforma Nunca Máis
A Plataforma Nunca Máis foi creada o 21 de novembro de 2002, poucos días despois do afundimento do Prestige fronte ás costas galegas. Esta organización aglutinou desde entón a resposta cidadá ao desastre ecolóxico e á xestión levada a cabo polos diferentes gobernos responsables.

Cofradía San Francisco de Vigo
A Confraría de Pescadores “San Francisco” de Vigo é unha corporación de Dereito Público, sen ánimo de lucro, que representa os intereses dos profesionais do sector pesqueiro e á vez actúa como órgano de consulta e colaboración coa Administración, de acordo cos principios de observancia da legalidade, transparencia contable e democracia na súa estrutura interna e funcionamento.

Cofradía Virxe do Carme de Arcade
A Confraría de Pescadores “Virxe do Carme” de Arcade é unha corporación de Dereito Público, sen ánimo de lucro, que representa os intereses dos profesionais do sector pesqueiro e á vez actúa como órgano de consulta e colaboración coa Administración, de acordo cos principios de observancia da legalidade, transparencia contable e democracia na súa estrutura interna e funcionamento.

Cofradía de Perscadores Fisterra
A Confraría de Pescadores Fisterra é unha corporación de Dereito Público, sen ánimo de lucro, que representa os intereses dos profesionais do sector pesqueiro e á vez actúa como órgano de consulta e colaboración coa Administración, de acordo cos principios de observancia da legalidade, transparencia contable e democracia na súa estrutura interna e funcionamento.

Instituto Español de Oceanografía
O Instituto Español de Oceanografía é un organismo público adicado á investigación en ciencias do mar, especialmente no relacionado co coñecemento científico dos océanos, a sostenibilidade dos recursos pesqueiros e o medio ambiente mariño. O IEO representa a España na maioría dos foros científicos e tecnolóxicos internacionais relacionados co mar e os seus recursos.

Cofradía de Muxía
A Confraría de Muxía, ao igual que o resto de Confrarías de Pescadores, corporacións de dereito público, sin ánimo de lucro, dotadas de personalidade xurídica e de capacidade para obrar, para o cumprimento dos fins e o exercicio das funcions que lle están encomendadas, que actúa como órgano de consulta e colaboración coa Administración na promoción do sector pesqueiro e representa ós intereses económicos e corporativos dos profesionales do sector, de acordo cos principios de observancia da legalidade, transparencia contable e democracia na estructura interna e funcionamiento.
Cofradía de Camelle
A Confraría de Pescadores de Camelle é unha corporación de Dereito Público, sen ánimo de lucro, que representa os intereses dos profesionais do sector pesqueiro e á vez actúa como órgano de consulta e colaboración coa Administración, de acordo cos principios de observancia da legalidade, transparencia contable e democracia na súa estrutura interna e funcionamento.

Asociación Mar de Fábula
A Asociación Mar de Fábula é unha asociación sen ánimo de lucro que ten por obxectivo limpar o mar. A asociación promove a recollida e retirada dos refugallos sólidos depositados na beiramar polos temporais, correntes marítimas ou verteduras procedentes da terra. Pretenden transmitir á cidadanía a necesidade de asumir cada persoa unha postura activa de conservación do mar e do medioambiente mariño. Para chamar a atención sobre estes aspectos, organizan obradoiros de creación artística e artesanal reutilizando os materiais plásticos que recollen do mar. Contamos coa colaboración de Xosé Manuel Barros, membro da asociación.

Plataforma pola recuperación do Sar
Organización sen ánimo de lucro que nace no ano 2012 co fin de acadar para o Sar, así como para as súas ribeiras, unhas condicións ambientais óptimas. Trátase de manter e conservar unha biodiversidade faunística e florística tan ampla como sexa posíbel, tanto en variedade de especies como na densidade das súas poboacións, así como a consecución duns parámetros fisicoquímicos que permitan a existencia e a pervivencia dun axeitado equilibrio ecolóxico. Non esquecemos a preservación do patrimonio cultural e etnográfico de forma que xunto co patrimonio natural, sexan fonte de riqueza para toda a bisbarra por onde discorre o río.

Instituto Fontem Albei da Fonsagrada
O Instituto Plurilingüe Fontem Albei da Fonsagrada (Lugo) imparte Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato. Unha das actividades que desenvolveron xunto ao seu alumnado foi a limpeza do río Lamas. Esta actividade está incluída no Proxecto Ríos. Os alumnos do instituto realizaban actividades nas aulas sobre a concienciación ambiental e posteriormente traballaban a pé de campo no río Lamas. Os profesores Miguel Pavón e Carmen Gómez explicáronnos estas labores que realizaron.

Concello da Fonsagrada
O Concello da Fonsagrada está situado no noroeste da provincia de Lugo, preto de Asturias. Por parte da corporación municpal contamos coa colaboración de María Xosefa Ortiz de Galisteo “Nenoso”, do BNG. Explicounos a situación do río Lamas na comarca da Fonsagrada e os problemas que este presenta.

Concello de Teo
O Concello de Teo localízase ao sureste da provincia da Coruña, no linde coa provincia de Pontevedra. O alcalde de Teo, Rafael Sisto, explicounos a situación do río Ulla na localidade e as actuacións que realizan dende a entidade para protexer este curso fluvial.

Asociación ADEGA
ADEGA Vigo é a delegación comarcal da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) na cidade de Vigo e na súa contorna. Pretenden dar unha resposta crítica e propositiva na defensa do medio ambiente e do patrimonio natural da comarca. Puidemos contar co punto de vista de Miguel Leirós, membro da asociación. Explicounos aspectos como a limpeza que realizan do río Lagares ou os problemas que este presenta actualmente.

Asociación medioambiental AMABUL
A Asociación Medioambiental ama a biodiversidade ullán (AMABUL), do Concello de Vedra, é unha organización sen ánimo de lucro que loita por poñer en valor a comarca natural do río Ulla. Procura unha ética ecolóxica entre as súas xentes, intentando ser un referente na educación medioambiental das mesmas. O encargado de darnos información sobre o río Ulla foi o seu presidente, Rubén Villasenín. Contounos como está a situación no río Ulla e tamén as actividades que levan a cabo dende esta asociación

Asociación Cultural Bidueiro
A Asociación Cultural Bidueiro comezou a súa andaina no 2016 en Vigo. Segundo nos indicou a súa presidenta, Rosa Casal Tielas, a orixe da asociación está nun grupo de amigos que realizaban xuntos diferentes tipos de actividades e saídas. Para poder incrementar o número de persoas coas mesmas inquedanzas e ter unha cobertura en canto ás accións a realizar, constiuíron a Asociación, cuxos fins principais son divulgar a cultura, conservar o patrimonio e protexer o medio ambiente, así como contribuír ás relacións sociais e interxeracionais.
Produción e consumo responsables

Augas de Galicia
Entidade pública e empresarial pertencente á Xunta de Galicia e que ten como finalidade a execución das comprecencias autonómicas do dominio hidráulico. Ten as funcións de planificación, redacción de proxectos e participación na construción de obras hidráulicas, planificación urbanística, a ordenación e promoción dos servizos de abastecemento e saneamento así como a autorización e control das verteduras no dominio público hidráulico.

Departamento de Medio Ambiente do concello de Ames
Departamento do concello de Ames, limítrofe co de Santiago de Compostela, baixo a responsabilidade municipal da Concellería de Transición Ecolóxica e Medio Rural. Está formada pola Garda Ambiental (co seu responsable e peóns), a Aula da Natureza (coa súa responsable) e a Brigada de Garda Medioambiental (cunha técnica e dous peóns). Algunhas dos servizos e programas que levan a cabo son a campaña “oficinas sostibles” ou “recollida de excrementos caninos”, entre outras moitas.

Fridays for Future Compostela
Trátase dun movemento internacional nacido no ano 2018 e principalmente estudantil que se manifesta para reclamar a acción contra o quecemento global e o cambio climático. O movemento cobrou forza cando a activista Greta Thunberg comezou a manifestarse fronte ao Parlamento Sueco. FridaysForFuture Compostela viu a luz en marzo de 2019, cando un grupo de estudantes de diversas facultades decidiron xuntarse para seguir o movemento.
Igualdade de xénero

CIM Ferrol
Servizo destinado a proporcionar asesoramento xurídico, atención psicolóxica, información en materia de recursos e asesoramento e orientación social ás mulleres de Ferrol, tanto de forma individual como colectiva

CIM Viveiro
Departamento de carácter permanente que ten como finalidade previr e loitar contra a desigualdade existente entre mulleres e homes, procurando un maior acceso á información que posibilite a integración da muller en todos os ámbitos da nosa sociedade, e tendo sempre como principio de actuación o anonimato da identidade das usuarias, respecto á súa vontade, gratuidade e principio de confidencialidade.

Casa da Muller
Organización que actúa en colaboración co concello de Lugo, para educar en materia de igualdade ou ofrecer gratuitamente atención psicolóxica, informar e asesorar social e xuridicamente ás vítimas de malos tratos.

Asociación ESMAR
Entidade sen ánimo de lucro dedicada a dar cobertura e apoio a todas as persoas da comarca do Salnés que se vexan inmersas nunha situación de maltrato por parte da súa parella. Está formada por mulleres que sufriron maltrato de xénero, pero tamén outras que non habendo pasado por esa difícil situación, se senten comprometidas coa sociedade e queren servir de axuda.

APAGOIA
Asociación que nace para defender o perfil profesional de axente de igualdade de oportunidades en todos os ámbitos, así como promover a igualdade de oportunidades e a non discriminación por razón de xénero entre mulleres e homes en todos os eidos sociais.

Concello de Guitiriz
Este concello chairego ten moi presentes os ODS que tratamos no Observatorio para o funcionamento dos seus departamentos. Rocío Fanego, a súa educadora familiar, colaborou connosco ofrecéndonos o seu punto de vista e tamén o deste concello que traballa en prol do ODS número 5.

IES de Curtis
Contactamos cun profesor do centro para que os alumnos do instituto responderan ás preguntas do noso cuestionario sobre a igualdade de xénero no fogar.

IES Poeta Díaz Castro
Coñecemos da man da súa orientadora algunhas das actividades que levan a cabo no centro con respecto á igualdade de xénero. Tamén se lles enviou unha enquisa para coñecer a opinión da mocidade sobre a igualdade de xénero no fogar.

IES Pedregal de Irimia
O IES Pedregal de Irimia é o instituto do concello de Meira onde se imparte educación secundaria obrigatoria e bacharelato. Ademais de dar acollida ao alumnado de Meira tamén é o instituto dos/as rapaces/zas do concello de Ribeira de Piquín.

IES Fonmiñá
O IES Fonmiñá é o instituto do concello de A Pastoriza onde se imparte educación secundaria obrigatoria, de primeiro a cuarto da ESO.

IES Pedregal de Irimia
O IES Lois Peña Novo é un dos institutos do concello de Vilalba, capital da comarca da Terra Chá onde se imparten ciclos de FP básica, medios e superiores. Así como tamén bacharelato e educación secundaria para adultos, ademais de castelán e galego para inmigrantes.

IES Río Cabe
O IES Río Cabe é un dos institutos do concello de Monforte de Lemos onde se imparte educación secundaria e bacharelato. Ademais tamén se ofertan ciclos formativos, educación secundaria e bacharelato para adultos, así como castelán e galego para inmigrantes

IES Mínelos
Este instituto de ensinanza secundaria e e bacharelato acolle a case medio millar de estudantes da cidade da Coruña e alrededores. Entre algúns deles, repartiuse o noso cuestionario sobre a igualdade de xénero no fogar.

IES Ramón Otero Pedrayo
O IES Ramón Otero Pedrayo é un instituto coruñés que imparte cursos de 1º a 4º da ESO. Contactamos cun profesorpara a elaboración da nosa actividade con cuestionarios por diferentes institutos de Galicia.

IES de Brión
É o único instituto do concello de Brión, a 10km de Santiago. Imparte secundaria e bacharelato e ten arredor de 400 alumnos, a maioría habitantes do concello, máis tamén acolle alumnos de concellos colindantes, como Ames ou Rois

IES Rosalía De Castro
O IES Rosalía de Castro é un dos institutos de Compostela que máis alumnos acolle, e imparte secundaria,bacharelato e algúns ciclos de FP. A el acoden tanto xóvenes de Santiago como de toda Galicia, atraídos pola súaoferta do bacharelato internacional..