“Facer máis e mellor con menos”. Con estas palabras resume as Nacións Unidas a produción e consumo responsables. Así, trátase de desvencellar o crecemento económico coa degradación medioambiental, aumentar a eficiencia dos recursos dispoñibles e promover estilos de vida sostibles.
A produción e consumo responsables é unha das metas e Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que deseñou a Organización das Nacións Unidas coa finalidade de mellorar a vida no planeta en diversos campos tales como a educación, a igualdade, o planeta ou a pobreza.
O noso grupo de traballo, formado por Paula Pérez Cantelar (difusión), Iria Ramos Mesía (actividades), Martín Rei Leis (editor), Uxía Sánchez Lorda (coordinadora) e Iria Tojo Aldariz (editora), centrarémonos neste ODS 12: produción e consumo responsables. Focalizarémonos, principalmente neste último, o consumo responsable, xunto coa importancia da xestión dos seus derivados, é dicir, dos residuos. Un consumo responsable e sostible pode supor unha mellor xestión dos residuos, o que á súa vez pode resolver moitos dos problemas relacionados coa carencia de recursos e coa contaminación.
A través de diferentes publicacións tentaremos achegar á realidade das pautas de consumo nos distintos fogares e en diversos núcleos de poboación diferenciados, os métodos que permiten levar a cabo un consumo sostible, o impacto dos nosos residuos no medio ambiente ou inclusive as claves para unha xestión destes máis responsable co noso entorno.
Traballaremos nestes puntos coa axuda de asociacións, institucións, así como os propios consumidores e consumidoras, de xeito que poidamos desenvolver un maior coñecemento sobre o que se fai e o que se podería facer en prol dun maior e mellor coidado do medio. Deixámosche, a continuación, para que non perdas ningún detalle, algúns termos chave aos que faremos alusión nas nosas vindeiras publicacións.
GLOSARIO
- Comercio xusto: sistema comercial solidario e alternativo ao convencional que persegue o desenvolvemento dos pobos e a loita contra a pobreza.
- Consumo responsable: consumo que se fai en comercio local con baixas emisións de dióxido de carbono e con proximidade entre produtores e consumidores, nun proceso de produción respectuoso co ambiente con uso nulo ou mínimo de insumos químicos, promovendo a biodiversidade, con prácticas de conservación do solo, manexo sustentable da auga, mantemento dos ecosistemas e redución das embalaxes, cun comercio xusto e socialmente responsable que asegure o respecto entre culturas, boas condicións de traballo e procesos de toma de decisións inclusivos e democráticos, nunha relación comercial baseada na transparencia.
- Pegada ecolóxica: indicador medioambiental que nos permite calcular cal é o impacto das accións humanas na natureza e canto tempo vai necesitar a terra para producir os recursos e absorber as consecuencias da súa actividade. Afecta a todo tipo de produtos e bens como son a moda, a alimentación, o cultivo, etc.
Numon. (2020, 3 de febreiro). 5 términos para sumarte al consumo responsable.
- Produción sostible: modelo de produción de bens e servizos que minimiza o uso de recursos naturais, a xeración de materiais tóxicos, residuos e emisións contaminantes, mediante a promoción dunha estratexia de xestión produtiva que integra a dimensión ambiental a través dun enfoque preventivo da contaminación e a administración eficiente dos recursos.
Portal oficial del Estado Argentino. (s.f.). Producción Sostenible. Consultado o 7 de marzo de 2021.
- Produto ecolóxico: todo alimento cultivado respectando os ciclos da natureza, sen pesticidas químicos nin fertilizantes sintéticos ou transxénicos, rotando os cultivos para aproveitar os nutrientes propios da terra, fomentando as especies locais resistentes a pragas e enfermidades; no caso da gandería, cos animais vivindo en semiliberdade, estando prohibido o uso de antibióticos e hormonas.
- Quilómetro cero: forma de producir que opta pola produción local dos produtos xa que isto supón un menor custe medioambiental para o planeta.
Numon. (2020, 3 de febreiro). 5 términos para sumarte al consumo responsable.
- Responsabilidade social: conciencia sobre o impacto que as nosas decisións terán na sociedade nun futuro. Este concepto relaciónsase coa ética e coa moral.
Publicacións
Produción ecolóxica, a alternativa á actual sobreprodución
S3A Cada día está máis presente a palabra “eco” nos produtos que mercamos, pero… que ten de ecolóxico un aguacate cultivado de forma responsable en Perú que é consumido aquí, a miles de quilómetros? A produción pode ser ecolóxica, pero o feito de transportalo afástase un pouco da idea. Deste xeito entendemos por produto ecolóxico… Seguir lendo Produción ecolóxica, a alternativa á actual sobreprodución
Concienciación, materia pendente dos medios de comunicación no consumo responsable
Se lle preguntamos a Óscar Rodil, doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, que reformas se poden introducir para conseguirmos producir e consumir de forma responsable, a súa resposta é clara: “os papeis importantes son da educación e da política… pero hai cuestións que teñen que ver cos medios de comunicación que… Seguir lendo Concienciación, materia pendente dos medios de comunicación no consumo responsable
A riada do consumo e a produción
S3A “Sempre digo que non me gustaría xubilarme de Ames sen ver mellor o Sar, pero xa estou dando por perdida a batalla”. Con estas palabras, Patricia Reboreda, técnica de Medio Ambiente no Concello de Ames, móstranos unha realidade que se repite nos ríos galegos, especialmente naqueles próximos á actividade humana. “Canto máis preto está… Seguir lendo A riada do consumo e a produción
Unha ruta pola oferta ecolóxica en Compostela
S3A O da alimentación é un ámbito que constitúe unha parte fundamental do noso volume de consumo. Todos os días adquirimos produtos alimentarios, e o certo é que adoitamos facelo dun xeito que non contribúe en absoluto á meta do consumo responsable. Acotío mercamos máis do que precisamos: non cociñamos todo o que pensabamos que… Seguir lendo Unha ruta pola oferta ecolóxica en Compostela
É ecolóxico o que nos venden como tal?
S3A “A nosa filosofía é esa, de que o ecolóxico sexa completo, igual que os produtos que sexan, o máximo posible de proximidade, para que tampouco se contamine ao traelos á nosa terra”. Con estas palabras Suso Fernández, rexente da tenda Seiva de Abril en Compostela, transmite a filosofía da produción ecolóxica. As autoridades aportan… Seguir lendo É ecolóxico o que nos venden como tal?
Comecemos co consumo e produción responsables
“Ao día temos tres oportunidades de cambiar o mundo: cando almorzamos, cando comemos e cando ceamos” di Isabel Calabria, que rexenta unha tenda de comercio xusto en Compostela. E é que no noso día a día tomamos decisións que teñen a súa repercusión no mundo que nos rodea. Aínda así acotío vemos información nos medios,… Seguir lendo Comecemos co consumo e produción responsables