A organización Nacións Unidas deseñou unha serie de obxectivos e metas de desenvolvemento sostible (ODS) que teñen a finalidade de mellorar a vida no planeta en campos como a educación, a igualdade, a pobreza ou o cambio climático.

O noso grupo de traballo, do cal formamos parte Javier Caínzos Seco (difusión), José Campos Prieto (documentación), Raquel Fernández Álvarez (axenda e calendario), Lydia Fernández Cortabitarte (actividades) e Lucía Ortigueira Piñeiro (edición e coordinación), centrarase no ODS número 12, produción e consumo responsables, que se basea na produción e consumo de auga, enerxía e comida. Focalizarémonos nesta última, dado que unha boa xestión dos alimentos pode solucionar moitos dos problemas relacionados coa falta de recursos e a contaminación. Os métodos empregados para a produción de diversos alimentos e o compra desmesurada dos mesmos, constitúen un problema que afecta a diversos ámbitos, como poden ser o social, o profesional e o medio ambiental.
Realizaremos un traballo de investigación e análise, a través de varios artigos, que estudará a realidade da produción e consumo de alimentos, os métodos actuais que permiten unha produción sostible e un consumo responsable, e indagaremos sobre a importancia dos produtos ecolóxicos e as institucións de comercio xusto. Do mesmo xeito, trataremos de descubrir os mitos e realidades que envolven a este ámbito: por exemplo, saes se a agricultura ecolóxica é realmente máis beneficiosa para o medio ambiente?
O traballo con organizacións, así como con produtores e consumidores, será esencial para achegar un chisco de luz sobre todas estas incógnitas. E para que non te perdas durante o camiño, aquí che presentamos unha serie de conceptos que serán recorrentes nas nosas publicacións e que congregan a esencia do noso traballo, para que che botes unha ollada:
Glosario
Produto ecolóxico: aquel obtido sen empregar compostos químicos que danen o medio ambiente. Ningunha das súas etapas de produción pode ter intervención artificial. – Real Academia Española. (2020). Diccionario de la lengua española (edición del tricentenario). https://dle.rae.es/ecol%C3%B3gico
Produción sostible: ademais de respecta-lo medio ambiente, debe asegura-lo benestar das persoas, o que se relaciona coa posibilidade de xerar beneficios económicos. – Palou, N. (2016, 14 de xuño). ¿Sabes que diferencia hay entre alimentos eco, bio y sostenibles? La Vanguardia. https://www.lavanguardia.com/vivo/ecologia/20160614/402498428265/ecologico-biologico-organico-sostenible-alimentacion.html
Consumo responsable: trátase de elixir os produtos a consumir en función das necesidades reais que poidamos ter, así como ás do planeta, asegurando ademais que estes produtos favorezan ao medio ambiente e á igualdade social. – Fundación Vivo Sano. (2017, 15 de novembro). ¿Qué es el consumo responsable?https://www.vivosano.org/que-es-el-consumo-responsable/
Comercio xusto: trátase dunha iniciativa internacional que loita pola xustiza global a través da produción e venda de produtos elaborados en condicións xustas. Ante todo, céntrase na preservación do medio ambiente e no respeto aos dereitos dos traballadores. – Portal de economía solidaria. (s.f.). Comercio Justo. Consultado o 17 de febreiro de 2020. https://www.economiasolidaria.org/comercio_justo
Responsabilidade social: conciencia sobre o impacto que as nosas decisións terán na sociedade no futuro. – Glosario Debitoor. (s.f.). ¿Qué es la responsabilidad social? Consultado o 17 de febreiro de 2020. https://debitoor.es/glosario/definicion-responsabilidad-social
Biocombustible: mestura de substancias de orixe orgánico que se usan como combustibles para a obtención de enerxía. – Moriana, L. (2018, 25 de setembro). Qué son los biocombustibles, ventajas y desventajas. Ecología verde. https://www.ecologiaverde.com/que-son-los-biocombustibles-ventajas-y-desventajas-1364.html
Certificación de agricultura sostible: aval que figura en selos de diferentes entidades sobre os produtos agrícolas que recolle o cumprimento cos requisitos dos distribuidres en materia de calidade, seguridade alimentaria e boas prácticas. – Probelte. (s.f.). Certificados de agricultura sostenible. Cuáles son y cómo conseguirlos. Consultado o 17 de febreiro de 2020. https://www.probelte.es/noticia/es/certificados-de-agricultura-sostenible-cuales-son-y-como-conseguirlos/53
Selo FSC: marca distintiva que axuda aos consumidores a identificar a sostibilidade dos produtos madeireiros que foron extraídos dunha maneira responsable e sostible para garantir a correcta xestión dos recursos forestais. – WWF España. (s.f.). Sello FSC. Consultado o 17 de febreiro de 2020. https://www.wwf.es/nuestro_trabajo/bosques/madera_con_sello_fsc/
Alimentación Bio: dieta baseada no consumo de produtos orgánicos frescos libres de residuos tóxicos procedentes de pesticidas, antibióticos ou fertilizantes non naturais. – Nieves, R. (2017, 24 de novembro). La dieta ecológica: alimentación bio. Ecología verde. https://www.ecologiaverde.com/la-dieta-ecologica-alimentacion-bio-312.html
Publicacións
Epílogo: a túa quenda
A nosa aventura chega á súa fin. Pero coma nas historias máis fascinantes, non é un final pechado. Agora é a túa quenda. Tes as ferramentas básicas para actuar en prol da mellora do noso planeta e das condicións sociais dos seus habitantes, cómpre que as poñas en práctica. Nesta viaxe descubrimos, aprendemos e sobre… Seguir lendo Epílogo: a túa quenda
Actividades durante a corentena
Desde fai unhas semanas non podemos saír á rúa, pero iso non significa que non poidamos aprender e disfrutar. Desde o grupo de Produción e Consumo Responsables queremos amenizarche esta cuarentena, para o que creamos unhas actividades educativas, e deixámosche outras para que poidas descargalas. Con estas actividades queremos que os máis pequenos se entreteñan… Seguir lendo Actividades durante a corentena
O compromiso dos medios (co medio)
Nesta entrega, realizamos unha enquisa para ver, de primeira man, cal era a situación da que partían os lectores sobre o tema de alimentación ecolóxica e de comercio xusto. Dos resultados, démonos de conta de que non todos sabían a diferenza entre un produto local, ecolóxico e convencional. Un dos temas que máis nos interesaba… Seguir lendo O compromiso dos medios (co medio)
O poder das decisións: Soberanía Alimentaria
O catorce de xaneiro do 1995 emitíase na TVG o primeiro programa de Senda Verde, un espazo que difundía a importancia de coidar o medio natural. Enrique Banet López de Rego, o seu director, convertiríase nun pioneiro no referente á concienciación nesta materia nos medios de comunicación galegos. Préme na seguinte imaxe para saber máis: A… Seguir lendo O poder das decisións: Soberanía Alimentaria
Na busca dun modelo de consumo responsable
S1D – Produción sostible e consumo responsable Cando falamos de consumo responsable referímonos a unha práctica que favorece a preservación do medio ambiente e a consecución da igualdade social. Nembargantes, non é unha modalidade que estea presente nos fogares de toda a poboación. Sen dúbida, a situación provocada pola crise do coronavirus tampouco axuda: o… Seguir lendo Na busca dun modelo de consumo responsable
Alimentación ecolóxica: a materia pendente dos colexios
S1D Dise que a alimentación ecolóxica é aquela na que a procedencia dos produtos que consumimos está libre de químicos. Porén, a maioría dos colexios de Compostela non contan con este modelo de alimentación nos seus comedores. Só un leva a palma de ouro: o C.E.I.P. López Ferreiro, que destaca por ter cociña de elaboración… Seguir lendo Alimentación ecolóxica: a materia pendente dos colexios
Produción sostible e consumo responsable
A organización Nacións Unidas deseñou unha serie de obxectivos e metas de desenvolvemento sostible (ODS) que teñen a finalidade de mellorar a vida no planeta en campos como a educación, a igualdade, a pobreza ou o cambio climático. O noso grupo de traballo, do cal formamos parte Javier Caínzos Seco (difusión), José Campos Prieto (documentación),… Seguir lendo Produción sostible e consumo responsable