Quen somos?

 No Observatorio Cidadán somos críticos co paradigma comunicativo que cede ás presións externas. O noso principal obxectivo é contribuir á política comunicativa dende unha perspectiva distinta á dos medios convencionais. Isto é, cunha visión propia e desligada das presións do poder e dos grandes medios de masas, comunicarnos cun público con vontade de informarse, formarse e concienciarse.

 Ofrecemos un xornalismo comunitario, de servizo e localizado -que non enraizado- na área de Compostela. Como medio comunitario, cremos que a comunicación nace nas fontes, lonxe dese xornalismo aparentemente ecuánime que consideramos que só fomenta o estigma e a ollada única e indiscutible, contribuíndo así a unha sociedade da “des” información, da indiferencia e da razón absoluta.

 Somos conscientes da necesidade dun xornalismo para as persoas, non politizado senón plural, un xornalismo sabedor das necesidades do seu entorno que axude a quen nos contacta e a quen nos le. Cremos na igualdade, nas comunidades, no progreso, na pluralidade e en todas as calidades humanas que deben ir ligadas ao xornalismo e que en ningún caso deberían separarse del. Esta é a base dunha sociedade xusta, respetuosa e esperta.

 Por este motivo, porque o xornalismo é clave para a construción social, no Observatorio adoptamos un rol informativo e reivindicativo pola alteración que supón de por si informar dende fóra do conglomerado mediático, coa garantía do enfoque deontolóxico, xoven e honesto do noso equipo e da diversidade, a argumentación e o coñecemento das nosas fontes. Buscamos a implicación, o debate, a trascendencia e a colaboración para tecermos xuntos redes de comunicación e liberdade.

 

           _____________________________________________________

CIDADE, COMUNIDADES E DESENVOLVEMENTO

BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS

Ola! Somos Uxía Pérez Fieiras (coordinadora de grupo), Christian Rodríguez Pereira(encargado de axenda e arquivos), Paula Rodríguez Valderrey (difusión), Laia Ruíz de Eguilaz Ayensa (círculos), María Vaquero Cadenas (actividade) e Aida Vilariño García (edición), e imos tratar os límites que existen á accesibilidade física e cognitiva en Santiago de Compostela. Decidimos decantarnos por este tema non só co fin de visibilizar, senón de escoitar, como xornalistas e como parte da sociedade, a un grupo tan desatendido como é o das persoas con discapacidade intelectual. Con isto pretendemos concienciar do que supón vivir baixo estas limitacións: unha falla na garantía de dereitos e na propia autonomía.

WhatsApp Image 2018-02-21 at 17.47.50

En canto á proposta, decantámonos polo tratamento todas aquelas barreiras e límites á accesibilidade, tanto física como cognitiva, á que están sometidas as persoas con discapacidade intelectual. Falaremos así de grupos invisibilizados, persoas con discapacidade  consideradas como inferiores polo resto da sociedade debido ás etiquetas de “ invulnerables” que se lles coloca por parte da maioría dominante. Trataremos de dar voz a aqueles que se mantiveron silenciados por outros temas de actualidade, prioritarios para o resto da poboación. Non obstante, aínda que en España se desenvolveron algunhas leis que promoven esta accesibilidade, non todas foron levadas á práctica. Quizáis isto veña motivado, en parte, por unha falta de coñecemento  por parte do resto da sociedade. Con esta proposta  pretendemos  dar a coñecer ao resto da sociedade as demandas deste grupo social así como indagar nos enfoques que os medios dan desta problemática.

As nosas palabras clave son: accesibilidade universal – autonomía – barreiras arquitectónicas – discriminación – lectura fácil – persoas con discapacidade. Podes consultar o seu significado completo  aquí.

MOBILIDADE

Ola! O noso grupo de traballo tratará o tema de mobilidade na nosa cidade e arredores. De esquerda a dereita os membros son: Concha Caneiro Losada (axenda e arquivo), Ana Álvarez García (coordinadora e editora do grupo), Cristóbal Lauda Durán (apoio do grupo), Xurxo Trillo Sendón (acción), Alberto Ingelmo Estévez (círculos) e Bieito Baliño Vázquez (actividade de difusión).

IMG_5016

Queremos falar de mobilidade, pero non pretendemos afondar neste concepto dende o punto de vista da seguridade vial e do tráfico das cidades, senón que prestaremos máis atención a unha mobilidade ligada ao concepto humano, é dicir, estudando con que recursos ou deficiencias conta a nosa urbe e arredores. Isto ten a finalidade de analizar se as persoas con algunha discapacidade física se poden mover con facilidade polas beirarrúas, se as persoas do rural teñen que achegarse ó centro da cidade para suplir necesidades básicas ou se o transporte urbano se comunica con todos os puntos do concello. En liñas xerais, observar se vivimos nun lugar onde moverse non supoña ningún esforzo e non teñamos que prescindir dos desprazamentos para poder adquirir unha boa calidade de vida, é dicir, vivir ben.

As nosas palabras clave son: servizo público – accesibilidade –  desprazamento – necesidade – circulación – transporte. Podes consultar o seu significado aquí.

RECURSOS HÍDRICOS

Ola! O proxecto que vai iniciar o noso grupo no Observatorio Cidadán de Comunicación consiste na análise da contaminación dos ríos de Santiago de Compostela. O noso equipo está formado (de esquerda a dereita comezando por arriba) por: Paula Perales (círculos e acción), Adriano Ferreiro (difusión), Nerea Fernández (edición),   Fátima Fernández (círculos e acción), Inés Fernández (coordinadora do grupo) e Hugo Figueroa (axenda e arquivos).

11f2ec58-387c-41d8-ab60-d95f2a9a8753

A contaminación e a perda da biodiversidade nos ecosistemas acuáticos está chegando a afectar a saúde das persoas; sen embargo, é chamativa a ausencia de noticias nos medios que denuncien está situación.  O noso obxectivo é aportar visibilidade a esta problemática. Intentaremos analizar tanto as causas como as consecuencias da contaminación dos ríos, as trabas políticas que impiden a elaboración dunha nova depuradora así como o mal uso humano dos recursos naturais. Buscamos a colaboración por parte do pobo para asegurar unhas boas condicións de vida no futuro próximo. O primeiro paso é unha concienciación para poder desenrolar comportamentos favorables co medio ambiente, é de lei comezar a respectar o noso entorno.

As nosas palabras clave serían: Contaminación- Ríos- Depuradora- Medio ambiente- Auga- Sociedade.

Se queres consultar a nosa bibliografía e glosario, clicka aquí.

SEGURIDADE VIAL

Ola! Somos o grupo que se encargará de levar a cabo o proxecto sobre seguridade viaria en Santiago de Compostela. Empezando por enriba, de esquerda a dereita somos: María González (encargada da administración dos círculos); Hugo García (encargado da difusión); Laura Martínez (encargada da administración dos círculos); María Iglesias (encargada da actividade final); Mónica Palacios (encargada da edición); Gloria García (encargada da coordinación do grupo) e Tania Forja (encargada da axenda).

IMG_20180221_173756

O noso proxecto busca principalmente atopar cales son as eivas  da  seguridade  viaria na cidade de  Santiago  de  Compostela e ver cales son as principais áreas onde se está a producir esta problemática. Falaremos cos usuarios que se ven  afectados  por  este asunto e veremos que demandas   e   propostas  propoñen os  prexudicados para solventar as carencias existentes. Tamén buscaremos cales son as consecuencias derivadas desta inseguridade  viaria e trataremos subtemas relacionados como pode ser: a presenza da seguridade  viaria  nos  medios  de  comunicación, a seguridade  viaria  no Camiño de Santiago  ou a seguridade viaria nos transportes públicos. Coa nosa labor no blog intentaremos dar unha maior visibilidade a todo isto e tratar de atopar posibles solucións que rematen cos problemas.

As nosas palabras clave serían: Cidade inclusiva – Educación viaria – Mobilidade sostible – Seguridade viaria – Sinistro – Violencia viaria

Se queres consultar a nosa bibliografía e o glosario, clicka aquí.

Se tes algo que contar ou queres contactarnos utiliza o correo: Comuncacionseguridadeviaria@gmail.com

TURISMO

Ola! O noso equipo será o responsable de poñer unha ollada no turismo de Santiago dende unha nova perspectiva. Empezando por enriba, de esquerda a dereita somos: Laura González (encargada da difusión), Lucía Gómez (encargada de círculos), Gloria Pérez (encargada dos círculos), Laura López (encargada da edición), Ana López (encargada da acción e actividade final), Eugenio Muñoz (encargado da coordinación) e Yaiza López (encargada de axenda e arquivos).

51380359fd74e5a87ed5026d69a20472

En canto á nosa proposta, levaremos a temática do turismo na cidade de Santiago de Compostela. Analizaremos a actualidade turística en Santiago. Os seus defectos e as súas vantaxes. Temos como fin darlle visibilidade a diferentes voces, que aínda que ás veces pode que estean confrontadas, formarán un diálogo cordial que nos leve a modelos alternativos e sostibles do turismo na capital galega. 

As nosas palabras claves: Turismo, turismo sostenible, modelo turístico y acción universitaria.

Se queres consultar a nosa bibliografía e o glosario, clicka aquí.

Se queres contactar connosco ou queres ofrecernos o teu punto de vista, preme no seguinte correo: OCCTurismo@gmail.com

COMUNICACIÓN, XORNALISMO E ALTERNATIVAS

CULTURAS E MEDIOS ALTERNATIVOS

Ola! O noso grupo vaise encargar de analizar os medios de comunicación e culturas alternativas en Santiago de Compostela. Somos, comezando por arriba de esquerda a dereita, Anxo Tato Arjona (difusión) e Andrés Vázquez Martínez (edición). Abaixo están, de esquerda a dereita tamén: Alba Prada Núñez (agenda), Celia Riande García (acción), Uxía Pérez Lojo, (círculo) e Ángeles Soutelo Charle (coordinadora de grupo).

WhatsApp Image 2018-02-15 at 11.09.43

A nosa proposta consiste en analizar os medios de comunicación e culturas alternativas que se están a dar en Santiago de Compostela. A través desta iniciativa tentamos darlles voz a estas novas correntes culturais que non se ven representadas na sociedade actual. Ademais, estudaremos os medios de comunicación que empregan para relacionarse dentro do seu propio círculo cultural e para interactuar co mundo exterior. Estes medios responden tanto a unha visión alternativa do mundo como á necesidade de achegar a ese mundo exterior os valores da cultura á que representan.

MULLER E COMUNICACIÓN 

Ola! O noso grupo poñerá en marcha o proxecto sobre Muller e Comunicación. Empezando por enriba, de esquerda a dereita, estamos: Alba Ulloa Peteiro (encargada de administrar o círculo); Javier Piñeiro Maneiro (edición); Rebeca Santomé Seijas (acción e actividade final); André Siso Zapata (difusión); Fátima Lucía Pérez Pérez (coordinadora do grupo); e Antía Pérez Viéitez (axenda e arquivos).

WhatsApp Image 2018-02-08 at 14.22.42

En canto á nosa proposta, o principal obxectivo da mesma consiste na posta en coñecemento dos diferentes problemas profesionais aos que se atopan sometidas as mulleres no eido comunicativo e, en concreto, no audiovisual. Nos encontros acordados trataremos  aspectos como a desigualdade salarial, os prexuízos estéticos, ou os micromachismos dentro do ámbito citado. Así pois, o noso fin é dotar de visibilidade ó sector feminino, relegado a unha situación de inferioridade e de escasa presenza no mundo da comunicación, ao mesmo tempo que tratamos de xerar unha conciencia colectiva de compromiso na cidadanía, cara a consecución dunha solución.

As nosas palabras clave son: comunicación; audiovisual; muller; desigualdade; discriminación; salarios; liderazgo. Pódese atopar cadansúa explicación aquí.

XORNALISMO E PRECARIEDADE LABORAL

Ola! O noso Grupo de Traballo desenvolverá o proxecto acerca do Xornalismo e a Precariedade Laboral. Somos (de esquerda a dereita) Javier Villaverde Basteiro (encargado da difusión do proxecto), Iago Codesido Centoira (Coordinador e Editor), Carmen Grandío Colina (organizadora do Círculo), Estefanía Domingo Carruébano (Acción), e Andrea Camiño Alvite (Axenda e Arquivos).

image1

Con respecto á proposta, o noso obxectivo é analizar o impacto da precariedade laboral no xornalismo. Para iso, trataremos tanto a situación dos profesionais do sector coma o papel do xornalismo actual na democracia; poñendo atención sobre temas de actualidade como as Novas Tecnoloxías e a muller no traballo. Ademais, máis alá de profundizar nos distintos aspectos da problemática, o noso proxecto pretende investigar sistemas de produción alternativos que poderían revertir a situación actual do xornalismo.

Ó longo do noso traballo, “bolseiro”, “precariedade laboral”, “xornalista multitarefa”, “ERE”, e “condicións laborais” serán termos moi repetidos. Podes consultar o seu significado aquí.

MEDIATIZACIÓNS, ESTIGMAS E RELACIÓNS HUMANAS

HUMANOS E ANIMAIS                                                                                                                        Ola! Somos (de esquerda a dereita): Antón Varela (encargado de axenda e arquivos), Ántar Vidal (editor), Julia Viqueira (encargada de difusión), Tamara Pérez (encargada de actividade), Claudia Rodríguez (administradora do círculo), e Carlos Brais Torrado (coordinador de grupo).

EquipoANIMAISSomos  os alumnos encargados de tratar o tema  da relación entre as persoas e os demais animais no mundo moderno. Queremos axudar a dar voz a aqueles seres vivos que sofren por culpa da actividade humana, pero tamén queremos analizar as relacións que se establecen hoxe en día cos animais (independentemente se son animais de granxa ou de compañía). Comezar a entender como tratar aos animais dignamente e difundilo é un dos nosos principais obxectivos. Se queres contactar connosco, fálanos aquí: Animalcomunicacion18@gmail.com

As nosas palabras clave sería: Animal – Abandono – Maltrato – Veganismo – Antiespecismo

Se queres consultar a nosa bibliografía e o glosario, clicka aquí.

MOBBING

Boas! Somos Antía Araújo Martínez (responsable de axenda  arquivos); Laura Cortés Outón (editora e coordinadora do grupo); Fabio González Simó e Candela Fernández Roldán (encargados do círculo); Miguel Cobas López (acción) e Fran Gerpe  Rodríguez (encargado da difusión). O noso propósito é visibilizar o mobbing, máis coñecido como acoso laboral, no entorno de Santiago de Compostela. Para logralo profundizaremos nas formas en que se manifestan este tipo de conflitos, centrándonos no entorno da USC.

IMG-20180214-WA0002

O acoso laboral implica unha persecución psicolóxica/física reiterada por parte dun presunto agresor cara a unha víctima. Este tipo de condutas son as que analizaremos para coñecer de preto un fenómeno social que pode chegar a afectar a todos os ámbitos da vida daquelas persoas que o sofren, chegando a anular, nalgunhas ocasións, a súa capacidade de supervivencia no traballo. A nosa intención é investigar sobre o que acontece na área de Compostela e no interior da Universidade, tendo como principal límite á información o principio de confidencialidade que rexe as dinámicas de actuación dos organismos competentes en tema de resolución de conflitos deste tipo. A modo de análise psicolóxica,  observaremos a atmosfera social na que se moven as víctimas para descifrar as causas e as consecuencias que levan a uns e outros a ser parte deste tipo de conflitos.

Os termos clave do noso proxecto son: mobbing, vítima, educación, burnout, resolución de conflitos e visibilidade. Para acceder ao glosario completo clicka aquí: glosario conceptual e temático.

 

 

LGTB

Benvidxs! O noso grupo de traballo tratará principalmente a invisibilización do colectivo LGTB nos medios de comunicación. Nós somos, de esquerda a dereita, Nuria Hueso (círculos); Irene Pérez (edición); Pedro Maceiras (difusión); Yasmina López (círculos); Sara García (axenda e arquivos); Carmen Gómez (coordinadora do grupo); e Érika Martínez (acción).

foto quen somos.png

Ao longo dos próximos meses tentaremos mostrar dunha forma clara como é en realidade o colectivo LGTB e a invisibilización que sufren na sociedade, e polo tanto tamén nos medios. A pesar de vivir nunha sociedade máis avanzada, o xornalismo aínda ten moitas lagoas en como tratar na información a colectivos marxinalizados. Por iso é necesario establecer unhas pautas a seguir para tratar este tipo de información, que deben ser elaboradas en conxunto polxs xornalistas e polo colectivo. Explicaremos cales son os tópicos máis comúns e tamén aqueles que pasan máis desapercibidos na información do día a día, e sobre todo os problemas que máis lles interesan aos propios membros do colectivo.

O noso glosario conta coas seguintes palabras clave necesarias para entender ven esta temática: Cisxénero, Heteronormatividade, LGTBI, Visibilidade, Representatividade, Queer e FTM.

SAÚDE MENTAL 

Ola! Somos Óscar López (coordinador do grupo), Paula Antón (difusión), Daniel Cabo (acción), Patricia Casteleiro (círculos), Sara Dorado (axenda) e José Estévez (edición). O noso tema é a visibilización da saúde mental na sociedade e a eliminación dos estereotipos que a rodean, así como o traballo das institucións especializadas.

asd222

A saúde mental inclúe o benestar emocional, psicolóxico e social das persoas. Afecta á forma en que pensamos, sentimos e interactuamos. Decidimos estudar a situación deste entorno xa que consideramos que a imaxe deste colectivo que se lle está dando aos cidadáns por parte dos medios de comunicación non é a correcta, o que favorece a creación de imaxes negativas. Consideramos, pois, que é un tema con bastantes puntos para tratar en profundidade e polo tanto manteremos unha serie de reunións con persoas afectadas, para coñecer como se senten e intentar darlles voz a través desta páxina.

Palabras clave da nosa temática: saúde mental, trastorno mental, estigma, prexuízo, discriminación.

COORDINACIÓN DO OBSERVATORIO

Somos o equipo de coordinación do Observatorio Cidadán de Comunicación, unha ferramenta para facer unha análise e proposta de novos enfoques ao tratamento mediático que reciben os temas que máis adiante son desenvoltos. Nós seremos o apoio e guía de tódolos proxectos en aras dun traballo efectivo e de liña unánime. O noso papel tamén supón un reto comunicativo, acadar que todos nós funcionemos en sintonía e participemos dunha retroalimentación a través das nosas achegas.

coordinacion foto

O noso equipo está composto por -de esquerda a dereita- unha coordinadora de difusión (Gala Dacosta Diehl), unha encargada de axenda e arquivos (Andrea Silvosa Vázquez), as responsables dos círculos (Alejandra Pascual Santiago, Irea López Rodríguez e Elena Carrera Fernández, no extremo dereito), a coordinadora xeral (Carolina Cao Eiriz) e, ao seu carón, a coordinadora do deseño do blog (Andrea Regueiro García) e a de edición (Cecilia Doforno Nóvoa). Para calquera consulta ou aportación, podedes contactar con nós na seguinte dirección de correo electrónico: coordinación.occ18@gmail.com.

Advertisements