Boas! Somos o Grupo A do Seminario Un (S1A), encargados de tratar o cuarto Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS): A educación de calidade. Nesta fotografía, comezando por arriba, de esquerda a dereita, Icía Diéguez (difusión), Paula Álvarez (coordinación) e Samuel Blanco (edición). Na fila de abaixo, Daniel Cons (edición) e Elsa Blanco (actividades).
O noso obxectivo é centrar o traballo na educación de calidade, concretamente na educación impartida nas escolas e institutos de zonas rurais. A idea consiste en realizar unha profunda análise e afondar nas causas polas que estas escolas van quedando sen xente, entre eles, os motivos que levan aos pais a dirixirse aos colexios dos centros das cidades e a falta de axuda por parte dos entes públicos, para revelar así que o peche das escolas rurais non é só unha consecuencia do despoboamento e que é precisa unha inversión de recursos públicos no rural para que os rapaces e rapazas destas zonas teñan as mesmas vantaxes e oportunidades que os demais nenos e nenas do país.
GLOSARIO
Educación de calidade: É o cuarto Obxectivo de Desenvolvemento Sostible marcado na axenda 2030 da Organización das Nacións Unidas (ONU). A Educación de calidade é básica para mellorar a calidade de vida e conseguir un desenvolvemento sostible. No sentido do noso traballo, a educación de calidade no rural é básica para que todos os nenos e nenas destas zonas teñan as mesmas oportunidades, e para abastecer así estes lugares da innovación e da desenvolvemento requeridos no mundo actual.
Educación: Proceso a través do cal os individuos desenvolven a súa capacidade intelectual, moral e afectiva, de acordo coa cultura e coas normas de convivencia propias da sociedade á que pertencen. Para isto, suminístranselle ferramentas e coñecementos para seren aplicados nas súas vidas cotiás. Esta educación comeza a adquirirse dende a infancia, cando se inicia o proceso de crecemento, polo que as escolas e as familias desempeñan un papel moi importante á hora de implantar no cativo ou na cativa identidades ou valores éticos e culturais. Neste punto, podemos reflexionar sobre se a educación rural é diferente á educación urbana, no entanto que se lle impartan aos rapaces e ás rapazas identidades e valores dispares.
Despoboamento rural: Perda masiva de habitantes dunha zona rural por motivo da súa morte, envellecemento ou desprazamento a lugares urbanos (o denominado “éxodo rural”). As baixas taxas de natalidade son as causantes do envellecemento da poboación, que produce á súa vez o aumento da mortalidade da zona. Moitas veces, esta situación é causa do abandono do campo por parte das políticas do goberno, en materia educativa, santaria ou medioambiental, entre outras, que deixan o rural con carencia e precariedade de múltiples servizos básicos. Outra das causas pode ser a aparición de novos recursos en zonas urbanas, como novos empregos, que as fai máis atractivas para a poboación.
Escola unitaria: Colexio xeralmente situado nun entorno rural que conta cun número reducido de alumnado. Nelas, un ou dous profesores atenden a rapaces de idades variadas, agrupados nun ou en máximo dous grupos de aprendizaxe (aulas). Estes colexios, ademais de cubrir as necesidades educativas dos nenos e nenas, posúen algunhas vantaxes respecto das escolas urbanas, como pode ser unha ensinanza máis individualizada e un trato máis próximo, ou, un maior vínculo entre a escola e o entorno, polo que esta interacción entre os rapaces e rapazas cos seus veciños e ca natureza durante os anos escolares, permítelle un maior grao de liberdade fóra das fronteiras físicas do propio colexio.
Prexuízos: Idea ou opinión preconcebida (e xeralmente negativa) respecto de algo ou de alguén, é dicir, un xuízo formado antes de ter a oportunidade de experimentar a realidade directamente. Quen son dados a este tipo de opinións ou puntos de vista, son chamados prexuizosos. No tema da educación rural, centrarémonos sobre os prexuízos e os estereotipos que ten a xente sobre as escolas rurais, un dos motivos principais polos que deciden non levar aos seus fillos a esas escolas.
Medios de transporte: Diferentes sistemas ou maneiras de desprazar un determinado contido dun lugar a outro. Dito contido pode ser unha mercancía, unha persoa ou ambas. Estes medios clasifícanse en medios terrestres (ferrocarril, automóvil), aéreos (avión) ou acuáticos (fluviais ou marítimos), e cada un deles necesitará dunhas infraestructuras diferentes para o seu funcionamento: vías férreas e estacións para o tren, estradas para os automóviles, aeroportos para os avións, e portos náuticos para os barcos. Neste tema abordaremos a complicada situación que vive a xente e as escolas do rural no que respecta ao transporte escolar. A falta de autobuses para o transporte ao centro de estudos é un dos principais problemas. Isto débese en parte á falta de alumnado matriculado nestes centros e tamén a que polo xeral, a poboación galega se caracteriza por ser diseminada.
Poboación diseminada: Tipo de agrupamento agrario de forma dispersa no que as vivendas se atopan dentro do espazo agrícola no que cada familia cultiva, estando máis ou menos distantes as unhas das outras. Existen pequenas aldeas próximas a un núcleo de poboación algo maior no que se concentran os principais servizos administrativos e municipais. Este tipo de poboamento é característico da zona norte española: Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco…
Publicacións
Os prexuízos: un elemento clave no baleiramento das aldeas e das escolas rurais
S1A Hoxe en día, son moitos os pais que deciden dirixirse ás cidades para escolarizar aos seus fillos. No entanto, tamén hai moitos outros que, aínda tendo que facer fronte aos miles de prexuízos que o envolven, deciden apostar polo rural. Unha desas nais é Maribel García, habitante do concello das Nogais, quen é consciente… Seguir lendo Os prexuízos: un elemento clave no baleiramento das aldeas e das escolas rurais
A atención personalizada e a crianza na natureza entre as vantaxes da educación no rural
S1A A crianza na natureza, o contacto cercano na comunidade educativa, a rede social e familiar que hai no rural ou o maior contacto entre a veciñanza son algunhas das vantaxes que se poideron ler na enquisa realizada polo Observatorio Cidadán de Comunicación (OCC) sobre a educación no rural. “A min seríame máis doado dirixirme… Seguir lendo A atención personalizada e a crianza na natureza entre as vantaxes da educación no rural
O rural e a educación non son unha empresa: o berro dos colexios rurais contra o olvido institucional
S1A Un dos primeiros problemas dos colexios rurais da nosa comunidade radica no olvido institucional, xa non só dos centros educativos, senón tamén das zonas nas que se sitúan. “A Xunta dálle un enfoque de empresa. Intentan minimizar gastos e con eses gastos maximizar os servizos. No rural o normal é perder cartos, pero eses… Seguir lendo O rural e a educación non son unha empresa: o berro dos colexios rurais contra o olvido institucional
DIFERENTES VIDAS, MESMA APOSTA
S1A A elección do rural como ámbito de estudo para os seus fillos non é decisión exclusiva dos pais que proveñen do propio ámbito rural. Por un lado atopamos o exemplo de María Rivas que, vivindo na cidade, decidiu levar aos seus fillos a un colexio rural. Por outra banda, Maribel García, que sendo do… Seguir lendo DIFERENTES VIDAS, MESMA APOSTA
Novas formas de potenciar a educación no rural: becas de formación e casas niño
S1A A educación rural enfróntase a varias desigualdades, como ben poden ser a falta de servizos ou de recursos económicos necesarios para superar situacións, coma a falta de alumnado tan presente neste ámbito. Para loitar contra esta sombra que tingue a educación no rural, xorden iniciativas positivas co obxectivo de ofrecer unha mellora cara esta… Seguir lendo Novas formas de potenciar a educación no rural: becas de formación e casas niño