A educación e, por conseguinte, a educación de calidade, son un dereito fundamental. Así o ditamina o artigo 27 da Constitución Española, pero por que é tan importante? Pois pola súa relación coa erradicación da pobreza, o desenvolvemento humano e a construción dunha sociedade democrática.
Ola a todos e benvidos ao observatorio! Somos un equipo de estudantes da Facultade de Comunicación da USC. A nosa función, como futuros xornalistas que somos, é contar que acontece aquí e agora.
De arriba abaixo e de esquerda a dereita somos: Manuel García (difusor), Sara Millán (coordinadora), Andrés García (responsable de actividades), Sergio Gil (editor) y Francisco Gerpe (editor).
Son moitos os estudantes que viven no rural, onde o acceso á rede é complexo, practicamente nulo. Nun ano no que a pandemia pola Covid-19 foi clara protagonista, o noso obxectivo é amosarlle ao mundo as desigualdades de acceso ao sistema educativo galego e a fenda dixital existentes, mais isto do que imos falar a continuación é aplicable á educación a nivel global, proporcionando así o noso gran de area á loita por unha educación igualitaria. Así mesmo, faremos unha comparación entre os colexios que se atopan en zonas rurais e pouco poboadas en contraste cos colexios das grandes vilas e cidades que teñen acceso a moitos máis recursos.
Nun primeiro momento, pensamos en centrar o noso proxecto ao ámbito da educación secundaria mais, tras pensalo deliberadamente, chegamos á conclusión de que sería mellor tratar o tema a nivel xeral, deste modo obtivemos un abanico máis amplo de fontes de información: entrevistamos dende alumnos de secundaria ate universitarios e alumnos de ciclos formativos, incluso alumnos da ESA (Educación Secundaria para adultos). Non podemos esquecernos dos mestres, un sector moi afectado tamén, que da noite á mañá tivo que modificar radicalmente o seu método de ensino, adecuándoo á ensinanza online.
GLOSARIO
Fenda dixital: Segundo a UNESCO, “irregularidades en el acceso y en el empleo de las tecnologías de la información y de la comunicación, como Internet, tanto entre diferentes países como dentro de un mismo país”.
Educación a distancia: UNESCO: Educación impartida a distancia empregando as tecnoloxías da información/comunicación: radio, televisión, teléfono, correspondencia, correo electrónico, teleconferencia, cd-roms, ou en liña.
Educación equitativa: O concepto de equidade, no campo da educación, fai referencia ao tratamento igual, en canto ao acceso, permanencia e éxito no sistema educativo para todos e todas, sen distinción de xénero, etnia, relixión ou condición social, económica ou política. Noutras palabras, a equidade, en materia educativa é facer efectivo para todos e todas, o dereito humano fundamental da educación, proclamado na Declaración Humana dos Dereitos Humanos de 1948 (Artigo 26).
Ensinanza online: Aquela na que os docentes e estudantes participan nun entorno dixital a través das novas tecnoloxías e das redes de computadoras, facendo uso intensivo das facilidades que proporciona Internet e as tecnoloxías dixitais
ESA (Educación Secundaria para Adultos): opción para personas maiores de 18 anos que queiran ter o título de Educación Secundaria.
Rural: Segundo a RAG, “relativo ou pertencente ao campo e á súa vida e manifestacións, por oposición á cidade”.
Publicacións
Ensino en pandemia: alumnos sen tecnoloxía, alumnos sen educación
S2D David Míguez Rocha é estudante de Dereito na Universidade de Santiago. Tal e como nos explicou, él adoitaba ir estudar á súa facultade pois alí gozaba de wifi gratuíta e conexión á rede moi rápida pero, coa chegada da pandemia, foille imposible. David vive nunha pequena aldea de Ames onde a conexión a Internet… Seguir lendo Ensino en pandemia: alumnos sen tecnoloxía, alumnos sen educación
É a educación para adultos a gran esquecida do sector educativo?
S2D “Con la enseñanza presencial atiendo más y me permite relacionarme físicamente con mis compañeros, algo que eché mucho en falta durante la enseñanza online, supongo que como todos. Además, así no tengo problemas a la hora de conectarme las clases pues, muchas veces, en casa se iba la luz y no podía seguirlas con… Seguir lendo É a educación para adultos a gran esquecida do sector educativo?
A importancia de educar dende a igualdade de xénero
S2D “Jamás he recibido una charla de igualdad de género. Lo que si tuve fue una profesora que criticaba mi forma de vestir por ser de fuera, y el jefe de estudios menospreció mi país, entre otras cosas”, así o contaba Thaynaia Mendonga da Silva, estudante de 4º curso da ESA no IES Xelmírez I.… Seguir lendo A importancia de educar dende a igualdade de xénero
Nin libros nin clases presencias: a actual prioridade dos alumnos é o acceso ás novas tecnoloxías
S2D “A ti pódenche dar a mellor cociña do mundo que se non sabes cociñar de aí non vas sacar nada, e iso é un pouco o que está a ocorrer con esta falsa sensación de tecnoloxización que existe actualmente” explica Fernando Lacaci, presidente Confederación ANPAS galegas. A necesidade de cobertura dixital en tempos de crise sanitaria vai moito… Seguir lendo Nin libros nin clases presencias: a actual prioridade dos alumnos é o acceso ás novas tecnoloxías