Escolas unitarias (S3B)

Benvidos e benvidas! Somos o grupo S3B, que está integrado por Antía Sacedón Costa (coordinadora), Violeta Silva Sánchez e Zaira Piñeiro Pereira (editoras), Carla Varela Casado (actividades) e Ángela Río Rey (difusión).

O tema do que tratará o noso traballo de investigación é a educación nas escolas unitarias galegas. Por cuestión de proximidade, tomamos a decisión de centrar o noso traballo na provincia da Coruña, que é a que máis escolas de este tipo posúe. Queremos investigar sobre as unitarias, que se atopan case desaparecidas, e visibilizar a súa situación e os diversos conflitos que xorden arredor delas.

En canto a articulación da proposta baseamos o traballo na publicación de entrevistas, cuestionarios, infografías, publicacións semanais no blog e nas redes sociais. Toda a información utilizada para o desenvolvemento do noso traballo obtendrémola a través de entrevistas a diversas fontes que están directamente relacionadas con este tema: alumnos, pais de nenos que van ás unitarias, profesores…

O noso obxectivo é dar a coñecer a situación das escolas unitarias galegas e os conflictos que xorden arredor delas. Así como difundir a súa situación actual, antes e despois da pandemia.

GLOSARIO

Para poder entender ben o tema que queremos desenvolver, é necesario coñecer o significado de diferentes palabras asociadas á educación e ás escolas unitarias:

Educación de calidade: segundo a UNESCO é aquela que se basea en aprender a coñecer, aprender a facer, aprender a vivir xuntos e aprender a ser. Manuel Zalaveta S., profesor da Universidade Autónoma de Baixa California, defínea como “aquel proceso que dota aos estudantes das habilidades, coñecementos, actitudes e valores necesarios para facer fronte aos desafíos da vida cotiá”.

Calidad educativa según la UNESCO (2020) https://www.calidadeducativa.edusanluis.com.ar/2020/02/calidad-educativa-segun-la-unesco.html

Escolas unitarias: son aquelas escolas de menor tamaño e cun número reducido de alumnado, situadas maioritariamente nun ambiente rural. Nelas un ou dous mestres atenden alumnos de diversas idades e grados, dende o primeiro ano de infantil ata o último de primaria. O traballo vai dirixido a un profesor co propósito de orientar todas as asignaturas a un grupo reducido de estudantes de básica a primaria, co obxectivo de cumplir o dereito fundamental á educación.

Las escuelas unitarias (2010) https://escuelarural.net/las-escuelas-unitarias

Zona rural: territorio que dispón dunha escasa cantidade de habitantes onde as principais actividades que se desenvolven están relacionadas co campo, como a agricultura e a gandería. Xeralmente atópanse ubicadas a gran distancia das zonas urbanas.

Definición de zona rural (2017) https://definicion.de/zona-rural/

Educación básica: é a educación máis importante que recibe un individuo pois lle permite obter os coñecementos máis elementais a partir dos cales desenvolverá a súa intelixencia e raciocinio. Abarca a ensinanza primaria e o primeiro ciclo da ensinanza de grados secundarios, según a Clasificación Internacional Normalizada da Educación (CINE).

Informe de Seguimiento de la EPT en el Mundo (2011) https://unesdoc.unesco.org/ark:/48223/pf0000191186_spa

Gasto público en educación: segundo a UNESCO, trátase do total de gasto ordinario e en capital adicado á educación polas administracións locais, rexionais e nacionais, comprendidos os municipios. Este termo inclúe tanto o gasto público efectuado para os centros docentes públicos como privados. No noso caso fixarémonos nos recursos que destina a Xunta de Galicia a estas escolas.

Informe de Seguimiento de la EPT en el Mundo (2011) http://www.unesco.org/new/fileadmin/MULTIMEDIA/HQ/ED/pdf/gmr2011-glossary-es.pdf

Proporción alumnos/docente: segundo a UNESCO, é o promedio de alumnos por docente nun determinado nivel de ensinanza. É importante destacar este concepto nas escolas unitarias pois este promedio soe ser bastante desproporcionado.

Informe de Seguimiento de la EPT en el Mundo (2011) http://www.unesco.org/new/fileadmin/MULTIMEDIA/HQ/ED/pdf/gmr2011-glossary-es.pdf

Publicacións

A persistente loita das unitarias por sobrevivir

Coñecemos a realidade das unitarias a través de varias testemuñas Unha unitaria é unha escola, normalmente situada nunha zona rural, cun número reducido de alumnado e tamén de mestres. Caracterízanse por atender alumnos de diversas idades, dende o primeiro ano de infantil ata o último de educación primaria. A continuación mostramos un mapa interactivo onde… Seguir lendo A persistente loita das unitarias por sobrevivir

AÍNDA QUEDA ESPERANZA

A través do programa Xeración Docente, da Fundación Princesa de Girona, moitos futuros mestres afondan no mundo das escolas unitarias “La implicación de las familias y la ampliación de los espacios  educativos  crea una comunidad educativa tremenda y favorece un aprendizaje activo, significativo y transversal” – Sandra Camós, responsable de Generación Docente A Fundación Princesa… Seguir lendo AÍNDA QUEDA ESPERANZA

E A NÓS QUEN NOS AXUDA?

A través dalgunhas das fontes da comunidade que estamos a crear, coñecemos a situación de varias unitarias  S3B  “Unha unitaria é unha escola, normalmente situada nunha zona rural, cun número reducido de alumnado e tamén de mestres. Caracterízase por atender alumnos de diversas idades, dende o primeiro ano de infantil ata o último de educación… Seguir lendo E A NÓS QUEN NOS AXUDA?

UN PERCORRIDO 360º ARREDOR DAS UNITARIAS

As distintas fontes que engadimos paulatinamente á nosa comunidade cóntannos as súas experiencias coas unitarias en relación aos colexios convencionais Para seguir indagando no mundo das escolas unitarias e seguir construíndo a nosa comunidade, esta semana contamos coas perspectivas de pais e tamén de alumnos que poidan darnos a súa visión das escolas unitarias e… Seguir lendo UN PERCORRIDO 360º ARREDOR DAS UNITARIAS

O QUE NOS QUEDA POR PERCORRER

Esta semana faremos unha andaina por todas as melloras que as escolas unitarias teñen aínda por diante Na anterior publicación falábamos dos prexuízos e recursos que, diferentes fontes, crían que existían de cara as escolas unitarias. Nesta trataremos as melloras producidas ou que se espera que se produzan nestes centros. Para esta publicación contactamos con… Seguir lendo O QUE NOS QUEDA POR PERCORRER

O descoñecemento pode acabar coa ensinanza do rural

Mestres, pais e alumnos loitan xuntos para que a ensinanza nas zonas rurais non desapareza “Ojalá todas las familias pudieran optar a tener una escuela unitaria cerca de sus casas” Julia Prados  Para esta última publicación contamos coa participación de Julia, nai de dous nenos que estudaron na escola unitaria de Bemantes; Emilia Naya, directora… Seguir lendo O descoñecemento pode acabar coa ensinanza do rural