S3B

Quen somos?

Laura Parada Vila   (Ourense 1996) Estudante de segundo de xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela e membro do grupo sobre Inmigración. Considero que este blog pode ser de axuda para valorar a forma na que os medios tratan ás persoas afectadas, así como de poder mostrar a realidade non exposta dos inmigrantes no noso país. Por iso, a miña función consiste en buscar documentación e noticias publicadas polos medios en relación a este tema.

 

Ramón Rivas Pérez (A Coruña, 1996). Estudante de 2º de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, e coordinador dentro do propio grupo realizador do proxecto sobre Inmigración. Meus compañeiros e máiis eu decidimos estudar un tema moi controvertido na nosa sociedade, algo do que moi pouca xente quere falar a pesar da súa gran presenza no noso día a día. Resúltanos especialmente interesante a súa proxección nos medios de comunicación galegos, así como o seu tratamento. O noso obxectivo con este proxecto é descubrir como é a vida dun inmigrante. Están os xornais, as radios e as cadeas de televisión no certo nas súas noticias? Ou a vida do inmigrante é algo completamente diferente? Este enfrontamento entre realidad e ficción é a fin da nosa investigación.

 

Eila Rodríguez Filgueiras: Nacín en 1996 na cidade de Compostela, e actualmente estudo o segundo curso de Xornalismo na USC. As miñas vistas ao futuro son o xornalismo internacional, a radio, os documentais e as reportaxes sobre temas polémicos ou controvertidos. Un exemplo sería o obxecto do noso traballo; o tratamento moitas veces despectivo e racista que subliminalmente reciben os inmigrantes do noso país por parte dos medios de comunicación. Trátase dun tema importante posto que toca a nosa profesión e vulnera os dereitos fundamentais das persoas. É algo que non se saca á luz de maneira explícita, e que imos estudar directamente dende os afectados. Agardamos que coa elaboración de investigacións coma esta pouco a pouco se vaian paliando as desigualdades que a sociedade fomenta.

 

Cristina Rodríguez Menéndez: Nacín na cidade de Coruña fai vinte anos. Estudo xornalismo e a miña meta e poder adicarme ao xornalismo social. Penso que é unha profesión que ten o poder de cambiar as cousas e poñer fin ás inxustizas. Escollimos abordar a temática da inmigración para demostrar o papel que exercen os medios de comunicación na idea que ten a sociedade sobre este colectivo. Tamén queremos acercarnos ó seu dia a día e ás dificultades que teñen que facer fronte e así conseguir concienciar á poboación desta realidade.

 

Nerea Sande Barbeito, A Coruña, lugar onde nacín e no que sigo vivindo despois de 21 anos. Estudo xornalismo en Santiago de Compostela, aínda que a miña verdadeira vocación é a psicoloxía. Escollimos e traballamos co tema sobre Inmigración porquenos resulta interesante ver como se expón a situación do colectivo nos medios de comunicación. Para demostrar así, que os xornalistas a hora de tratar esta información son cruciais á hora de concienciar socialmente a la población e de sembrar estereotipos.

Círculo de lectura crítica

  • Djibril Faye: Senegalés. Viviu nas súas carnes o drama da inmigración e agora traballa como técnico na asociación Ecos do Sur que se fundou có obxectivo de promover a integración e participación na nosa sociedade de colectivos vulnerables ou en risco de exclusión, así como mellorar as condicións de vida dos países con menos posibilidades de desenvolvemento.
  • Guillermo Fernández: director da asociación Ecodesarrollo de Gaia, situada na cidade de A Coruña, cuxo obxectivo é proporcionar axuda aos inmigrantes que chegan á cidade galega.
  • Marcelo Oliveira:  inmigrante procedente de Brasil. Vive na provincia de A Coruña e dirixe o seu propio negocio.
  • Yara Fernández: técnica na asociación Juan Soñador, situada en A Coruña, que proporciona axuda á inmigrantes.

 

Indicadores

Captura de pantalla (5)

 

Advertisements