Inclusión dos migrantes na educación (S3D)

Ola! O noso grupo de traballo S3D será o encargado de tratar a inclusión dos migrantes na educación. Empezando por enriba e indo de esquerda a dereita, somos: Pablo Rodríguez Roldán, Sandra Rey Méndez (Edición); Antonio Rico Álvarez (Coordinador); e na fila de abaixo, Alba Rodríguez Pérez (Actividades), Cristian Romero Rodríguez (Difusión) e Clara Rodríguez Rejes (Documentación).

Nos vindeiros meses tentaremos mostrar a realidade que viven os migrantes na nosa ensinanza para, finalmente, elaborar as bases dun protocolo de intervención cando se produce a chegada dun migrante a un centro educativo en Galicia. 

Para iso contaremos coa axuda de diferentes expertos en interculturalidade, representantes dos servizos psicopedagóxicos de varios centros educativos que nos contarán como traballan neste aspecto, e o relevante punto de vista dos docentes encargados das clases de reforzo.

Ademais, desenvolveremos diversas actividades co obxectivo de visibilizar os problemas cos que se atopan os migrantes ao acceder ao sistema educativo galego e presentaremos varias análises coas posibles solucións a estas dificultades.

GLOSARIO

Para analizar a situación da inclusión dos migrantes na educación galega, empregaremos as seguintes palabras clave:

1) Educación de calidade: aquela que permite que todos aprendan o que necesitan aprender, no momento oportuno da súa vida e das súas sociedades e en felicidade (Cecilia  Braslavsky, 2006). 

2) Educación inclusiva: “o proceso de identificar e responder á diversidade das necesidades de todos os estudantes a través da maior participación na aprendizaxe, as culturas e as comunidades, e reducindo a exclusión na educación. Involucra cambios e modificacións en contidos, aproximacións, estruturas e estratexias, cunha visión común que inclúe a todos os nenos e nenas do rango de idade apropiado e a convicción de que é a responsabilidade do sistema regular, educar a todos os nenos e nenas”.

Fonte: UNESCO

Baséase no principio de que cada persoa (neno/a, novo ou adulto) ten características, intereses, capacidades e necesidades de aprendizaxe distintos e deben ser os sistemas educativos os que estean deseñados tendo en conta a ampla diversidade de ditas características e necesidades.

Fonte:  https://www.unir.net/educacion/revista/educacion-inclusiva/ 

3) Inclusión social:  proceso mediante o cal se realizan esforzos para garantir a igualdade de oportunidades -que todos, independentemente da súa orixe, poidan alcanzar o seu máximo potencial na vida. Ditos esforzos inclúen políticas e accións que promoven a igualdade de acceso aos servizos (públicos) e posibilitan a participación cidadá nos procesos de toma de decisións que afectan as súas vidas. 

Fonte: ONU, Departamento de Asuntos Económicos e Sociais

É o proceso de mellorar os termos nos que os individuos e grupos participan na sociedade, mellorando a capacidade, as oportunidades e a dignidade dos desfavorecidos sobre a base da súa identidade.

Fonte:  https://www.worldbank.org/en/topic/social-inclusion 

4)  Interculturalidade: Refírese á presenza e interacción equitativa de diversas culturas e á posibilidade de xerar expresións culturais compartidas, a través do diálogo e do respecto mutuo.

Fonte: Artigo 4.8 da Convención sobre a Protección e a Promoción da Diversidade das Expresións Culturais

5) Migración: A migración é o traslado ou desprazamento da poboación dunha rexión a outra ou dun país a outro, co consecuente cambio de residencia; dito movemento constitúe un fenómeno xeográfico de relevante importancia no mundo.

Segundo o lugar do destino, a migración pode ser interna, cando se realiza dentro dun mesmo país; por exemplo, do campo á cidade (éxodo rural); e externa, cando se dá dun país a outro. Tanto no caso das migracións internas como as externas atopámonos cos aspectos de: inmigración e emigración.

Fonte:  https://www.un.org/es/sections/issues-depth/migration/ 

6) Xenofobia: Toda distinción, exclusión, restrición ou preferencia baseada en motivos de raza, cor, liñaxe ou orixe nacional ou étnico que teña por obxecto ou por resultado anular ou menoscabar o recoñecemento, goce ou exercicio, en condicións de igualdade, dos dereitos humanos e liberdades fundamentais nas esferas política, económica, social, cultural ou en calquera outra esfera da vida pública. (Artigo 1.º de CERD)

Fonte: https://www.ucm.es/data/cont/docs/471-2013-11-05-xeno3.pdf 

7) Racismo: Exacerbación do sentido racial dun grupo étnico que adoita motivar a discriminación ou persecución doutro ou outros cos que convive. 

Fonte: RAE

8) Protocolo: Secuencia detallada dun proceso de actuación científica, técnica, médica, etc.

Fonte: RAE

Publicacións

Como debe ser o camiño cara unha boa inclusión?

“Notamos bastante implicación por parte dos profesores para facer moito máis fácil a nosa adaptación”, comentábannos na anterior publicación Victoria e Valeria, dúas rapazas que chegaron a terras galegas dende Venezuela. Ás veces, créanse entornos acolledores que axudan aos novos alumnos e alumnas a sentirse como na casa. Noutros casos é un camiño máis complicado.… Seguir lendo Como debe ser o camiño cara unha boa inclusión?

CEIP Apóstolo Santiago: un camiño cara a escola inclusiva

S3D “Que ben, temos un compañeiro novo!”. Así de contentos reaccionan os nenos e nenas do CEIP Apóstolo Santiago cando chega un novo compañeiro á súa aula. A realidade do centro non lles convida a dicir “ti es de aquí” ou “ti es de alá”, senón que lles convida a incluír a todos os compañeiros… Seguir lendo CEIP Apóstolo Santiago: un camiño cara a escola inclusiva

«Temos normalizados os microrracismos»

S3D Mariam Khayrou e Marina Zurita Díaz teñen claro que as microagresións están totalmente integradas no noso día a día. Pero, que son exactamente estas atitudes aparentemente “normais” dentro da nosa sociedade e que podemos facer para erradicalas? O termo «microrracismo» O microrracismo é un termo que alude ás cotiás, e normalmente inconscientes, atitudes racistas.… Seguir lendo «Temos normalizados os microrracismos»

Unha ollada á situación dos migrantes no sistema educativo

S3D A educación é un dos puntos máis importantes á hora de analizar o grao de desenvolvemento dunha sociedade; a ONU e a Unesco insisten en que o desenvolvemento humano debe incluír a calidade e a equidade dos sistemas educativos como elemento esencial. Para que isto sexa posible e todo ser humano poida ter acceso… Seguir lendo Unha ollada á situación dos migrantes no sistema educativo

Os caboverdianos en Burela, unha inclusión real?

S3D A chegada de migrantes a España incrementouse coa democracia e o dinamismo que mostrou a economía a finais do século pasado. Eran sobre todo procedentes de América Latina e outras partes de Europa, pero tamén había migrantes de Cabo Verde. A República de Cabo Verde é un arquipélago situado na costa do continente africano, no… Seguir lendo Os caboverdianos en Burela, unha inclusión real?

A educación como orixe da inclusión intercultural na sociedade

S3D Migrar do teu fogar é moi difícil, e máis cando eres pequeno. Non só é chegar a un lugar novo e descoñecido para ti, senón que é facer fronte a uns costumes, unha cultura e unha forma de vida diferentes. Atópaste cunha adaptación obrigada a un ambiente novo, unida á incerteza propia do comezo… Seguir lendo A educación como orixe da inclusión intercultural na sociedade