Boas! Somos o grupo encargado de investigar e desenvolver o modelo das novas tendencias alimenticias e as súas consecuencias na saúde. Os integrantes deste grupo somos (de esquerda a dereita): Sabela Freire López (Difusión nas redes sociais), Xavier Collazo Iglesias (Actividades), Sara Fernández Varela (Axenda e Calendario), Daniel Cortiñas Laíño (Edición e Coordinación) e Paula Mª Currás Vázquez (Documentación).
Ó longo do noso traballo, pretendemos tratar o impacto social, económico e medioambiental das novas tendencias alimenticias emerxentes na sociedade actual -veganismo/vexetarianismo-, así como tamén os efectos que estas prácticas teñen sobre a saúde.
Como estudantes de xornalismo, consideramos importante de igual modo estudar e valorar o papel que xoga a prensa e os distintos medios de difusión de información acerca das implicacións que ten na saúde a alimentación que escollemos. Coa nosa labor pretendemos ofrecer un servizo á sociedade para que a escolla dun estilo de vida sexa realizado despois de contar con plena información ó respeto.
Para iso contaremos co traballo de investigación que elaboraremos e que se poderá seguir semanalmente a través das actividades e publicacións que iremos realizando. Este traballo de investigación basarase, sobre todo, na visión de distintos profesionais que amosarán ó seu punto de vista a través das reunións que emprenderemos en relación ao tema. Nestas reunións participarán distintos perfís que serán esenciais para a elaboración do noso traballo:
- Profesionais do ámbito da saúde.
- Representantes da comunidade vegano/vexetariana.
- Expertos medioambientais.
- Profesionais do ámbito da alimentación.
- Profesionais do ámbito da economía.
- Xornalistas.
Glosario
No ámbito dos medios de comunicación é imprescindible empregar adecuadamente unha linguaxe inclusiva, por este motivo manexaremos unha serie de termos ao longo do noso traballo. Os termos clave son os seguintes:
- Veganismo: réxime dietético que se caracteriza por excluir completamente todos os alimentos de orixe animal, incluidos os produtos que supoñen un proceso animal, coma o mel ou os ovos da lista de comida que consumen a diario.
Sen embargo, moitos veganos consideran que esta opción vai máis aló dunha dieta e tamén constitúe unha forma de pensar e de actuar no día a día. (Cuidateplus.marca)
- Vexetarianismo: réxime alimentario baseado no consumo de froitas, verduras e legumes, ao tempo que se caracteriza por la abstención de consumo de carne e peixe e, en ocasións, doutros alimentos de orixe animal coma os ovos, o leite e o mel. (Cuidateplus.marca)
- Consecuencias alimentarias: efectos derivados do consumo ou da abstención de certos alimentos que afectan á saúde. (Elaboración propia)
- Impacto medioambiental: efecto causado pola actividade humana sobre o medio ambiente que pode ter consecuencias sobre a poboación, a calidade do aire e a beleza paixasística. (Julián Pérez Porto, María Merino, 2010)
- Tendencia: dirección ou orientación que adopta unha certa actividade humana. (Real Academia Galega)
Publicacións
O impacto global do mundo vegano
Hoxe queremos compartir con vós a nosa derradeira actividade. Ó longo das semanas fómonos adentrando no mundo vegano/vexetariano e nas súas diferentes vertentes até chegar a esta análise global que vos amosamos. Os contidos que podedes ver a continuación, forman parte dunha campaña informativa que pretende plantexar esta tendencia como un impacto global que afecta… Seguir lendo O impacto global do mundo vegano
O día a día dunha familia vegana
As protagonistas da publicación desta semana son Rocío, Pablo, Antía e Navia, unha familia totalmente vegana, que nos contará cales son as dificultades coas que se atopa no seu día a día. Rocío comezou a practicar o vexetarianismo cando aínda estaba na universidade. Dende hai cinco anos, tanto ela como Pablo decidiron pasarse ó veganismo.… Seguir lendo O día a día dunha familia vegana
Entrevista á pediatra vexetariana Miriam Martínez
A nosa segunda protagonista das expertas en dietas e alimentacións vexetarianas e veganas que traemos ó Observatorio é Miriam Martínez Biarge. Miriam é unha médico pediatra madrileña que ademais de trabllar como neonatóloga, se adica á divulgación de información relativa ás alimentacións veganas e vexetarianas entre os máis pequenos. Forma parte do Comité Asesor do… Seguir lendo Entrevista á pediatra vexetariana Miriam Martínez
Entrevista á nutricionista Susana Rodríguez
Esta semana traemos ó Observatorio a opinión dunha das dúas expertas en relación as dietas e alimentacións vexetarianas e veganas que traeremos. Contamos coa visión de Susana Rodríguez Costa. Susana Rodríguez estudou o Ciclo de Grao Superior de Dietética, e descubriu que a nutricición era a súa paixón, o que a levou a graduarse en… Seguir lendo Entrevista á nutricionista Susana Rodríguez
Descubrindo iniciativas veganas
As dietas vexetarianas e veganas conseguiron cativar a un gran número de persoas, que cambiaron os seus hábitos alimenticios polos alimentos apropiados de cada réxime. Moitas vexetarianas e veganas tiveron que pedir axuda a especialistas, para así conseguir as vitaminas adaptadas a cada unha delas. Non obstante, non todo o mundo pode permitirse pagar os… Seguir lendo Descubrindo iniciativas veganas
Disección do vexetarianismo
Na actualidade o vexetarianismo está instaurado na nosa sociedade pero, realmente coñecémolo ben? Que é? Cales son as súas orixes? Cales son os distintos tipos? Cales son as reclamacións deste colectivo? Neste artigo imos tentar resumir todas estas cuestións para dar un primeiro paso no noso camiño de investigación e información do mundo vexetariano. QUE… Seguir lendo Disección do vexetarianismo
Saúde e alimentación
Boas! Somos o grupo encargado de investigar e desenvolver o modelo das novas tendencias alimenticias e as súas consecuencias na saúde. Os integrantes deste grupo somos (de esquerda a dereita): Sabela Freire López (Difusión nas redes sociais), Xavier Collazo Iglesias (Actividades), Sara Fernández Varela (Axenda e Calendario), Daniel Cortiñas Laíño (Edición e Coordinación) e Paula… Seguir lendo Saúde e alimentación