As persoas, primeiro

 

Imagen 1

A Rúa Nova, unha das máis concorridas de Santiago de Compostela | crisintranslation.blogspot.com

Globalización; unha palabra moi empregada e recorrente que define a integración a escala mundial das economías e mercados perante a acción das novas tecnoloxías e os avances na comunicación. Un dos principais efectos deste proceso é o constante crecemento das cidades, cada vez máis poboadas debido ao éxodo rural,  co seu consecuente deterioro e diminución da calidade de vida das persoas. Unha sucesión de présas, estrés e ruídos de vehículos indo e vindo caracterizan os grandes núcleos de poboación dos nosos tempos.

Seguir lendo “As persoas, primeiro”

Advertisements

Un espello onde mirarse

O goberno compostelán vén de aprobar un pacto pola mobilidade que aspira a atender as demandas de tódalas persoas afectadas e colectivos implicados no asunto, baseándose nunha estratexia de desenvolvemento sostible. Porén, non se trata do primeiro intento levado a cabo por unha corporación municipal. Numerosos concellos de diferentes puntos xeográficos do Estado español xa puxeron en funcionamento este tipo de medidas nos últimos anos. Seguir lendo “Un espello onde mirarse”

Compostela Diversa. III Reunión Círculo de Aprendizaxe

David Costoya López (S1C1)

Gemma Aguete Sancho (S1C2)

Juncal Álvarez Álvarez (S1C3)

Marta Eireos Currás (S1C4)

Lucía Casas Piñeiro (S1C5)

 

O venres 15 de abril de 2016 tivo lugar a terceira e última reunión do noso círculo de aprendizaxe, Compostela Diversa. O noso obxectivo é traballar o tema da accesibilidade en Santiago de Compostela e mellorar a súa visualización e interpretación nos medios de comunicación. Esta vez reunímonos na sede compostelana de COGAMI, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade. Non era a primeira vez que nos reunirámos aquí; xa organizáramos nesta organización a I Reunión Círculo de Aprendizaxe . O trato dos traballadores de COGAMI foi fantástico en ambas ocasións.

Seguir lendo “Compostela Diversa. III Reunión Círculo de Aprendizaxe”

Solidariedade ou publicidade?

Aguete Sancho, Gemma – S1C2

fundacion-amancio
Imaxe extraída de: http://www.laopinioncoruna.es/

 

Humanidade, bondade, altruísmo, facultades que deberían adherirse a nós dende o momento no que chegamos ao mundo. Axudar ao próximo é un dos actos máis éticos que o ser humano pode realizar. Sen embargo, todas as boas accións que realicemos poden converterse en meras estratexias e manipulacións cando non se tratan de feitos desinteresados. Isto ocorre cando a caridade ten un fin máis alá do estrictamente moral.

Seguir lendo “Solidariedade ou publicidade?”

Disminuído = Discapacitado?

untitled los porques.png
Fonte: 57rs.blogspot.com.es

Costoya, David (S1C1)

A forma na que as sociedades concibiron ás persoas con discapacidade, evolucionou desde a época das supersticións ata o presente. Esta evolución tamén traduciuse na linguaxe ao longo do tempo, e de igual modo, nos termos cos que a sociedade se refiere a este colectivo.

As sociedades pasaron da visión mitolóxica da discapacidade, por exemplo na sociedades primitivas, a posteriores períodos de entender a discapacidade como estigma. Esta estigmatización propiciaba a mágoa cara este colectivo (sentimento aínda moi presente na maior parte da poboación na actualizade) e a segregación. Nos nosos días, atopámonos a medio camiño entre o enfoque médico-rehabilitatorio e o enfoque de dereitos humanos.

Seguir lendo “Disminuído = Discapacitado?”

Problemas e fama para acadar solucións

200902098langui_art
Imaxe rescatada de http://www.kekomundo.com

Casas Piñeiro, Lucía (S1C)

Está claro que lograr unha resposta ante unha situación de inxustiza adoita levar o seu tempo mediante as vías administrativas e xudiciais, pero cal é o detonante perfecto para chamar a atención dos altos cargos públicos? Aínda que sexa triste, xamais resulta ser debido a que sexa unha causa xusta ou debido a unha mostra de empatía por parte da poboación: o que de verdade fai que trema o chan é a protesta dun personaxe famoso.

Seguir lendo “Problemas e fama para acadar solucións”

Cine e discapacidade

Marta Eireos Currás – S1C4

foto cine discapacitados

Fonte imaxe: www.fcom.us.es

 

As persoas con discapacitade sempre estiveron representadas no cine, dalgunha forma ou doutra. A día de hoxe, o cine é un dos grandes representantes dos discapacitados, ao igual que a publicidade ou os medios de comunicación. Non obstante, este linguaxe global adoita tratar á persoa discapacitada dun xeito incorrecto e non adecuado á realidade, o que fomenta a desigualdade e contribúe e  mantén os prexuízos e as actitudes negativas e inxustas. Seguir lendo “Cine e discapacidade”

Compostela Diversa. II Reunión Círculo de Aprendizaxe

David Costoya López (S1C1)

Gemma Aguete Sancho (S1C2)

Juncal Álvarez Álvarez (S1C3)

Marta Eireos Curras (S1C4)

Lucía Casas Piñeiro (S1C5)

O mércores, 6 de abril de 2016, tivo lugar en Santiago de Compostela a segunda reunión do noso círculo de aprendizaxe, Compostela Diversa. O noso propósito é profundizar no tema da accesibilidade a espazos públicos en Santiago de Compostela e a súa visualización e interpretación nos medios. Esta vez reunímonos no centro comercial Area Central, que segundo os compoñentes do círculo, ten unha accesibilidade boa a pesar de ser un centro comercial algo anticuado.

Seguir lendo “Compostela Diversa. II Reunión Círculo de Aprendizaxe”

A discapacidade nas aplicacións e portais de contactos

untidfdsfdstled
Imaxe: Elaboración propia

Costoya, David S1C1

Hoxe en día, ter unha aplicación no smartphone para coñecer xente é xa un habitual na vida de moitas persoas. Dependendo do que se procure, hai aplicacións adaptadas ás necesidades dos usuarios: aplicacións para coñecer xente, para facer amigos, para buscar parella ou mesmo para ter encontros sexuais.

Seguir lendo “A discapacidade nas aplicacións e portais de contactos”