A mobilidade comeza nas persoas

S1C 

Dende fai aproximadamente tres meses, cando iniciamos o proxecto nesta materia, tiñamos claro que queriamos tratar a mobilidade dende un punto de vista cidadá maioritariamente, é dicir, estudar e analizar se as persoas residen en lugares que conten con todos os servizos, accesos e comunicacións necesarias para ser considerados bos lugares para vivir. Sen esquecer o outro punto do noso proxecto, a mobilidade referida ó concepto de circulación, é dicir, o transporte público e as estradas. Seguir lendo “A mobilidade comeza nas persoas”

O Camiño de Santiago en termos de mobilidade

Álvarez García

O Camiño de Santiago conseguiu grandes doses de popularidade dun tempo a esta parte e, máis se cabe, con motivo do próximo “Xacobeo 2021”. A mobilidade é un concepto moi amplo, polo que é interesante facer un tratamento do percorrido polo que máis peregrinos e, en consecuencia, turistas chegan á cidade de Compostela.

Seguir lendo “O Camiño de Santiago en termos de mobilidade”

O transporte urbano segue sendo precario en Compostela

Álvarez García

Na nosa primeira reunión de círculos tivemos a oportunidade de debater sobre o funcionamento do transporte público de Santiago de Compostela, non só en canto á eficacia do servizo de autobús no centro e arredores da cidade e o nivel de satisfacción das persoas usuarias, senón tamén en canto as propias experiencias vividas polos membros do círculo respecto a este tipo de transporte. Seguir lendo “O transporte urbano segue sendo precario en Compostela”