#gratisnotrabajo

CODESIDO CENTOIRA Naceu, como non podía ser doutro xeito, no 2011. Coa crise económica alcanzando o seu punto álxido, as ofertas de emprego actuaron de fiel reflexo tocando fondos difíciles de imaxinar ata entón. Traballar gratis. Ou case. 75 céntimos de euro por cada artigo de 800 caracteres. Esa foi a proposta que recibiu a Azahara Cano por parte dunha empresa de regalos de boda. … Seguir lendo #gratisnotrabajo

A necesidade de repensar o sistema de financiamento dos medios online

CODESIDO CENTOIRA

14 euros. É o que costa, ao mes, a tarifa premium de Netflix. Con ela, un usuario pode reproducir miles de contidos en HD simultaneamente dende varios dispositivos. En 2017, o número de abonados a este soporte chegou á cifra dun millón: cada vez son menos os que deciden descargar contidos pirateados. A edición dixital de El País custa, tamén ao mes, algo menos: 12€. Porén, tan só o 9% dos lectores online paga polo que le.

Seguir lendo “A necesidade de repensar o sistema de financiamento dos medios online”

Xornalismo e precariedade laboral

O obxectivo principal desta sección do equipo do OCC será profundizar no impacto da precariedade laboral sobre o xornalismo estudando as múltiples manifestacións desta e as súas consecuencias. Dado que o fundamento deste proxecto é o de permitir que os actores tratados polos medios dominantes poidan conformar a súa propia imaxe, recurrirase directamente a profesionais do sector para indagar na temática. Estes aportarán as súas experiencias persoais ó longo de 3 reunións moderadas por membros Seguir lendo “Xornalismo e precariedade laboral”