Concertos para xordos

Villar Manso, Susana (S3A5)

11136123_10152818203270679_7638700884429404957_o

“Martin Garrix dio un concierto 100% para gente sorda”, “DJ Martin Garrix ofreció un concierto especial para gente sorda”, “Concierto para sordos de Martin Garrix”, “DJ Martin Garrix ofrece concierto para personas con problemas auditivos en Miami”… Estes son exemplos dos  titulares de diarios dixitais que recollen a noticia de como o concertó do DJ irlandés foi preparado para poder ser taméndisfrutado polas  persoas con discapacidade auditiva. Seguir lendo “Concertos para xordos”

Firma Convidada: Andrés Caamaño Hermida

manos lse
Fonte: Wikipedia

Por: Andrés Caamaño e o grupo S3A

Andrés préstase de boa gana a facer un artigo con el e ademais ben preparado con algúns artigos que lle gostaría comentar connosco para comezar. Debido á súa dificultade para escribir coma un ouvinte, seremos nós os que escribamos este artigo, sempre primando a súa opinión e experiencias. Esperamos conseguir o punto de vista dun afectado de primeira man e resolveremos algunha das dúbidas que se nos foron plantexando. A intérprete tamén colabora para permitir a comunicación e facer os apuntamentos necesarios.

Seguir lendo “Firma Convidada: Andrés Caamaño Hermida”

Círculo de lectura crítica 3

Lse
Fonte: GPC Slip

Reino Gorín, Lola Antía- S3A1

Riande Cortizo, José Carlos- S3A2

Rodríguez Arias, Icía- S3A3

Rodríguez Obregón, Lucía- S3A4

Villar Manso, Susana- S3A5

Viqueira Giovachini, Mikaela- S3A6

O día 19 de abril reunímonos para o noso derradeiro círculo de lectura crítica no lugar habitual, a residencia do Burgo das Nacións, nunha sala acondicionada para o debate. Nesta ocasión repetimos os mesmos convidados que na anterior (Iván, Andrés, José Antonio, Cristina, Jaime e Maite) pero agora o ambiente é moito máis distendido e falan entre eles sen máis, con comodidade. Ao chegar á aula que temos preparada colocamos os sillóns e poñémonos en marcha.

Seguir lendo “Círculo de lectura crítica 3”

Círculo de lectura crítica 2

IMG-20160422-WA0001Fonte: grupo S3A

Reino Gorín, Lola Antía- S3A1

Riande Cortizo, José Carlos- S3A2

Rodríguez Arias, Icía- S3A3

Rodríguez Obregón, Lucía- S3A4

Villar Manso, Susana- S3A5

Viqueira Giovachini, Mikaela- S3A6

Chegamos o mércores día 13 de Abril á residencia do Burgo das Nacións co noso círculo de lectura crítica. Esta vez acudiu máis xente e, ademáis dos que xa apareceran no anterior video (agás Noemí) tamén contamos coa colaboración de Iván Vázquez, Cristina Páramos e Jaime Fernández. Andrés, José e Maite xa veñen máis relaxados e en seguida tomamos os nosos postos. Jaime e Cristina comezan un pouco serios pero en seguida se animan a participar no debate e Iván, o máis xoven e animado de todos, vese que está máis nervioso co resto.

Seguir lendo “Círculo de lectura crítica 2”

Desenredar as frases para mellorar a comunicación cos xordos

Reino Gorín, Lola Antía- S3A1

a dos velas
Fonte: El País

Moitas veces empregamos expresións ou frases feitas que, sen decatarnos, damos por sentado que todo o mundo vai comprendelas ou que non resultarán ofensivas para ninguén. Porén, ao entrar en contacto coa comunidade xorda, démonos conta da pouca claridade coa que nos expresamos nos medios de comunicación. Por intentar resultar máis “formais” acabamos empregando oracións moi rebuscadas que se afastan da sinxeleza que debe caracterizar ás informacións aportadas por xornalistas, pois o seu deber é facer chegar as novas a todo o mundo defendendo o seu dereito a ser informados.

Seguir lendo “Desenredar as frases para mellorar a comunicación cos xordos”

A situación laboral das persoas con deficiencias auditivas

Riande Cortizo, José Carlos-S3A2

arton4595-6bffc

http://www.anticapitalistes.com

En tempos de crise, aumenta o número de persoas que non atopa traballo. Isto sempre é así. Pero as persoas que contan con algunha discapacidade, ao ser grupos minoritarios máis vulnerables, o notan moito máis. Seguir lendo “A situación laboral das persoas con deficiencias auditivas”

Círculo de Lectura Crítica 1: deficiencias auditivas

IMG-20160418-WA0001

Fonte: grupo S3A. De esquerda a dereita están: Noemí, Maite, José Antonio e Andrés

Reino Gorín, Lola Antía-S3A1

Riande Cortizo, José Carlos-S3A2

Rodríguez Arias, Icía-S3A3

Rodríguez Obregón,Lucía-S3A4

Villar Manso, Susana-S3A5

Viqueira Giovachini, Mikaela-S3A6

Comezamos o debate o día 7 de Abril ás seis e media da tarde, con un pouco de retraso, na aula de vídeo que nos facilita a Residencia Universitaria de O Burgo das Nacións. Andrés chegan con ánimo de contarnos moitas cousas mentres que José vese que está algo máis nervioso. Noemí e Maite coordínanse moi ben e signan con moita naturalidade facen posible o debate, traducindo incluso as súa propias aportacións. Sentámosnos nos sofás e iniciamos o círculo de lectura crítica. Seguir lendo “Círculo de Lectura Crítica 1: deficiencias auditivas”

Accesibilidade dos servizos de emerxencias

Rodríguez Arias, Icía – S3A3

16117406137_41b76dd915_o
Imaxe recuperada de Flickr 

Hoxe pretendemos examinar o cumprimento e a cobertura da lexislación nun dos eidos máis básicos: os servizos de emerxencias. O 112 “trata de ser a asistencia máis inmediata posible ás demandas dos cidadáns de todo o país que se atopen en unha situación de risco persoal ou colectivo”. Sen embargo, á hora da verdade, os cidadáns do noso país que padezan xordeira só terán accesibilidade a este dependendo dos medios que a comunidade autónoma na que se atope lle facilite.

Seguir lendo “Accesibilidade dos servizos de emerxencias”

O mundo que merecen os discapacitados auditivos

Viqueira Giovachini, Mikaela. S3A6

Image da fonte: pixabay.com

A prioridade dos medios de comunicación é, sen dúbida, vender. É evidente que, de non ser así, tentarían aportar información que sensibilizara á sociedade. O principal problema que presentan os sucesos das minorías sociais recae no feed-back que provocan na audiencia consumidora da súa información.

Seguir lendo “O mundo que merecen os discapacitados auditivos”