Aínda queda un largo camiño por percorrer

Hoxe presentamos un vídeo a modo de resumo de todo o traballo realizado ao longo do cadrimestre. A nosa intención dende o comezo do proxecto foi amosar as desigualdades de xénero centrándonos no ámbito educativo, así como dar visibilidade a mulleres que, ao longo da historia, non tiveron a oportunidade de ter recoñecido o seu labor polo simple feito de ser mulleres. Tamén intentamos facer … Seguir lendo Aínda queda un largo camiño por percorrer

“O máis necesario é a coeducación”

O día 23 de abril, realizamos un faladoiro ou debate con catro colaboradores coa intención de que compartisen as súas respectivas visións ou opinións en canto a diversas cuestións de xénero. Por motivo das circunstancias sociais actuais o encontro tivo que realizarse por vía Skype. Os participantes do denominado ‘círculo’ foron: Jorge García Marín, profesor na Facultade de Ciencias da Educación na USC; Noa Díaz … Seguir lendo “O máis necesario é a coeducación”

A educación no rural en primeira persoa: falan os nosos colaboradores

Arredor do eido rural abundan os prexuízos sobre como é a vida nel, uns prexuízos que se nutren, en parte, da falta de testemuñas directas sobre como é a realidade que se experimenta no día a día da súa poboación. Isto non só afecta ao ámbito da educación no rural, senón que cada vez a vida no rural está gañando un espazo máis amplo no … Seguir lendo A educación no rural en primeira persoa: falan os nosos colaboradores

O positivo e o negativo da educación no rural

Os protagonistas da educación no rural poden desenvolver tres papeis fundamentais: alumnos, docentes ou pais e nais de alumnos. Cada un deles ve a experiencia de estudar no rural dende as súas circunstancias e a súa perspectiva, cos seus pros e cos seus contras. No seguinte vídeo presentamos a opinión de catro colaboradores, que representarán estes papeis: Sandra Pérez (ex alumna) David González e Conchi … Seguir lendo O positivo e o negativo da educación no rural

Rural, educación e confinamento

Eva Rodríguez Argiz A crise do coronavirus está a provocar un cambio de mentalidade, actos, formas de vida… Esta mudanza tamén se estende á educación, de maneira que os centros de ensino están desenvolvendo novos xeitos de continuar co ensino dende a casa. De novo, o rural está xogando un papel diferenciado en canto á educación telemática. Por unha banda, a conexión a Internet en certas … Seguir lendo Rural, educación e confinamento

Aclarando conceptos

Na búsqueda da concienciación das persoas en canto as cuestións de xénero, traemos tres conceptos necesarios para entender o punto no que nos encontramos como sociedade. Falamos de “igualdade“, “equidade” e “teito de cristal“. Os dous primeiros, igualdade e equidade, poden dar lugar a dúbidas xa que moita xente ou ben os confunde ou non ten claro o seu significado. Por estas razóns vemos conveniente … Seguir lendo Aclarando conceptos

Ilustrar para concienciar

Esta semana tivemos o placer de contactar coa artista e ilustradora adelaxd, quen nos prestou varias das súas ilustracións. A continuación amosamos dúas moi significativas. O pasado martes 10 de marzo publicamos nas redes unha ilustración desta artista. Na ilustración aparece unha personaxe que se tropeza cun salente do chan, e vai acompañada da frase ‘Se non ves o problema, o problema non ten solución’. … Seguir lendo Ilustrar para concienciar

Como retratan os medios á educación no rural?

O Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 4, Educación de calidade, procura “garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, e de iguais oportunidades”. Entre as súas metas atopamos que todas as crianzas teñan acceso á ensinanza, que homes e mulleres teñan iguais condicións para acceder á educación ou que se incrementen as competencias que faciliten a formación da poboación no ámbito profesional e de emprendemento. Trátase … Seguir lendo Como retratan os medios á educación no rural?