As accións dos GT: Saúde mental

Tras varias reunións onde os nosos compañeiros colaboraron con persoas que presentan distintas discapacidades mentais, chegou o momento dunha despedida en forma de acción. Nela, ofrecéronlle a estas persoas colaborar co noso blogue, facendo varias entradas sobre temas controvertidos. Aqueles temas que, ao seu xuízo, non aparecen nos medios e sí deberían estar presentes. Todo coa intención de ofrecer un xornalismo de calidade, acorde coa realidade.

Seguir lendo “As accións dos GT: Saúde mental”

As accións dos GT: discapacidade no eido laboral

Ademais das reunións cos seus respectivos Círculos de Lectura Crítica, os grupos de traballo levan a cabo accións que permiten unha maior visibilidade e concienciación da sociedade con respecto aos seus temas de traballo. Neste caso concreto, a acción centrábase en buscar termos que poderían empregarse para acabar coa desigualdade no tratamento nos medios de comunicación de persoas con discapacidades.  Seguir lendo “As accións dos GT: discapacidade no eido laboral”

Detrás das reunións cos círculos: Contaminación nos ríos

A contaminación nos ríos é unha problemática moi importante, polo que este grupo de traballo está tratando de entender porque non se lle da a relevancia que se merece e ademais as posibles solucións. Os membros do Círculo de Lectura Crítica tamén fixeron fincapé no tratamento dos medios de comunicación sobre o tema, xa que consideran que non é o adecuado.

Seguir lendo “Detrás das reunións cos círculos: Contaminación nos ríos”

Continuamos coas reunións dos círculos: Emigración e retorno

De novo, dende a nosa labor como grupo de externalización audiovisual, acompañamos a outro dos Grupos de Traballo á súa reunión co seu Círculo de Lectura Crítica. O tema deste círculo é emigración e retorno, e os participantes foron persoas da terceira idade que mostraron o seu punto de vista nunha entretida conversa, o que derivou nunha importante achega para todo o grupo. Sen dúbida, unha experiencia de proveito para todos eles.

Seguir lendo “Continuamos coas reunións dos círculos: Emigración e retorno”

Unha nova visión das reunións dos GT

Unha vez máis, seguimos coa nosa tarefa como grupo de externalización audiovisual acompañando aos Grupos de Traballo e aos seus Círculos de Lectura Crítica nas súas reunións. Neste caso, trátase do grupo adicado ao LGTBi+, que ten por obxectivo a visualización deste colectivo mediante as propias experiencias dos membros do Círculo, para lograr unha comprensión maior e máis acorde á realidade.  Seguir lendo “Unha nova visión das reunións dos GT”

Detrás das reunións cos círculos

Como  grupo de externalización audiovisual, o noso traballo é acompañar aos distintos grupos de traballo que participan no mantemento do Observatorio Cidadán de Comunicación nas súas reunións cos Círculos de Lectura Crítica. Neste caso, os participantes foron catro xornalistas que sufriron nas súas peles os problemas da precariedade laboral Seguir lendo Detrás das reunións cos círculos

Un repaso polas propostas do Observatorio Cidadán de Comunicación

Dar visibilidade aos grupos de traballo é esencial para que as persoas interesadas podan coñecer cal é a súa labor. Para iso imos levar a cabo a externalización audiovisual, que comeza con este vídeo no que amosamos dunha forma resumida cal é a proposta que desenvolveran seis dos grupos ao longo dos seguintes meses.

Seguir lendo “Un repaso polas propostas do Observatorio Cidadán de Comunicación”