Colaboración: Non se pode pretender arranxar a situación machista dende só un ámbito

Rebeca Chaves Pérez, estudante de filoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, fala hoxe no OCC. Unha vez vista a nosa participación e a dos nosos compañeiros no blogue, decidiu colaborar con nós debido a que a presencia e o tratamento dos medios ás mulleres aféctalle, como muller, en primeira persoa. Desta maneira, non quixo quedarse de brazos cruzados e, como ela di: “Quero facer coma vós e darlle voz a quenes non a teñen“. De seguido, a súa colaboración con nós no blogue. Seguir lendo “Colaboración: Non se pode pretender arranxar a situación machista dende só un ámbito”

Advertisements

Que imaxe temos da migración?

LUCAS MÉNDEZ VEIGA A emigración é precariedade, soidade, lonxanía, morriña e desigualdade. Pero tamén pode ser oportunidade, traballo e mellora da calidade de vida. Nos xornais, non sempre é así, algo que puidemos corroborar coas experiencias do noso círculo. Para o noso grupo, visibilizar a realidade de todos os emigrantes foi vital no noso percorrido tratando o tema. Ademais de tentar tratar o tema dende a realidade … Seguir lendo Que imaxe temos da migración?

“Testemuñas sí, pero nada de morbo. Morbo cero” Carlos, ludópata rehabilitado

En moitas ocasións, as reportaxes ou noticias sobre a ludopatía que aparecen nos medios de comunicación, buscan un aumento das audiencias. Algunhas emisións chegan a non respectar á persoa entrevistada emitindo ou publicando algo que ela non desexa. Esta non é a forma máis adecuada de facer xornalismo, porén, sí é unha das máis empregadas no panorama mediático actual. Carlos é un dos membros do … Seguir lendo “Testemuñas sí, pero nada de morbo. Morbo cero” Carlos, ludópata rehabilitado

O tratamento aos galegos nos medios de comunicación

Sergio Romero Pérez

Os galegos, eses seres inofensivos aos que parece que menosprezalos custa menos. As faladurías provintes de persoas alleas á nosa comunidade acerca de Galicia distan moito de ser positivas. Autores, medios de comunicación e ditos cotiás deixan á comunidade galega en moi mal lugar.

Seguir lendo “O tratamento aos galegos nos medios de comunicación”

Comercio xusto: o que se publica VS o que se debería de publicar

O comercio xusto e o consumo responsable é un deses temas que, hoxe en día, é dificil atopar nos grandes medios de comunicación. Soterrados por novas de carácter político e económico, temos que rebuscar con paciencia para dar con algunha. Cando por fin o conseguimos, decatámonos de que esta temática é tratada sempre dende o mesmo prisma: as pequenas accións de visibilización que realizan as … Seguir lendo Comercio xusto: o que se publica VS o que se debería de publicar

A regulación do xogo

Ante o crecente auxe do xogo e das apostas en liña estableceuse o 27 de maio de 2011 unha lei para regular ditas actividades, a Lei 13/2011. A normativa foi publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE) e nela aparece un sistema de licencias para poder operar no xogo en España, loitar contra o fraude, ademais de protexer aos menores de idade e aquelas persoas afectadas a causa da ludopatía. Seguir lendo “A regulación do xogo”

A maioría dos ludópatas son mozos e engánchanse moi rápido

O perfil do ludópata cambiou moito nos últimos anos. Fai dez anos a maioría dos ludópatas encaixaba nun perfil de unha persoa de 35 a 45 anos que levaba xogando dez anos en máquinas tragaperras. Case sempre varón, casado, traballaba e tiña ingresos mensuais. Pero co avance da tecnoloxía e o alcance de internet todo cambiou moi rápido e a xente máis moza pasou a … Seguir lendo A maioría dos ludópatas son mozos e engánchanse moi rápido