A importancia de contar co testemuño das persoas con enfermidade mental

S1D

O cinco de febreiro comezaba o noso traballo coa asociación Andaina. Dende que se nos formulou o proxecto, todos os membros do grupo fomos conscientes da dificultade do mesmo. Era un tema que considerabamos difícil de tratar, non só a nivel de contidos, senón tamén pola implicación persoal que efectivamente supuxo, xa que durante estes tres meses estivemos traballando man a man con eles, cos usuarios de Andaina: debates, conversas e moita información persoal.

Seguir lendo “A importancia de contar co testemuño das persoas con enfermidade mental”

Advertisements

David contra Goliat

Estévez Fernández

Vivimos nun mundo egoísta. Cadaquén preocúpase pola súa propia comodidade e pecha os ollos ante as inxustizas e as desgrazas alleas. Cando vemos un problema social que debería ser responsabilidade de todos non facemos nada por evitalo, como cando nos atopamos cunha persoa que ten algún problema de saúde mental. Facemos como se nada e deixámonos levar polas ideas que nos ensinan nos periódicos, na escola, no núcleo familiar e no resto de axentes sociais.  Non somos capaces de empatizar.

Seguir lendo “David contra Goliat”

A saúde mental no cinema

Casteleiro Suárez

O cinema é un medio de comunicación masivo. Debido ás imaxes e ó son, conta cunha riqueza narrativa capaz de provocar no público un impacto comunicacional superior ó doutros medios. Constitúese como unha linguaxe, comunicativa e estética, e non é un sistema de signos homoxéneo. A maiores, cabe destacar a súa diversidade de opcións, xa que é posible atopar contido de infinidade de temas e adaptado a case todos os grupos de idade.

Seguir lendo “A saúde mental no cinema”

A información sobre saúde mental

Cabo Vázquez

As enfermidades mentais sempre foron un tema tabú na nosa sociedade.  O feito de sufrir unha foi, historicamente, visto como un motivo de vergoña.  Ninguén quere falar sobre elas e a maioría das persoas non reacciona ata que algún ser querido ou elas mesmas se ven afectadas por unha doenza deste estilo. Porque é así, todos temos posibilidades de sufrir algún tipo de enfermidade mental ao longo da nosa vida. En España, un 9% da poboación sofre algunha e supoñen arredor do 40% das enfermidades crónicas diagnosticadas.

Seguir lendo “A información sobre saúde mental”

A Plataforma Trans pide aos políticos que poñan fin á discriminación polo Día da Visibilidade Trans

GARCÍA BALSEIRO Un chamamento feito pola Plataforma Trans cara a diversas institucións e entidades instaba a celebrar o día da Visibilidade Trans, que tivo lugar o 31 de marzo. O obxectivo estaba claro: poñer fin ás múltiples formas e situacións de discriminación que sofren as persoas transexuais. Pedían tamén apoio unánime ao trámite e á aprobación do Proxecto de Lei sobre a protección xurídica das … Seguir lendo A Plataforma Trans pide aos políticos que poñan fin á discriminación polo Día da Visibilidade Trans

O proceso de investigación do acoso laboral dende a Administración

GONZÁLEZ SIMÓ O pasado luns, 19 de marzo, o presidente da Comisión de Análise de Conflitos, Luis Miguez, explicounos pormenorizadamente o proceso de investigación que se leva a cabo para xulgar a existencia dunha posible situación de acoso laboral. A medida inicial ten a súa base na posta en marcha do Protocolo de actuación contra el acoso laboral y la violencia psicológica en el trabajo, … Seguir lendo O proceso de investigación do acoso laboral dende a Administración

Sergio (@posimental): “Nos medios nótase cando se intenta visibilizar para ben ou para mal”

Hueso Gutiérrez e López Carballo É imposible non recoñecer o papel que xogan as redes sociais no exercicio das relacións entre as persoas, e sobre todo entre as xeracións máis novas. A información que proporciona Internet á xuventude fai que sexa unha ferramenta clave na súa educación. O colectivo LGTB atopa tamén a súa representación no mundo web. Sergio, máis coñecido como @posimental nas súas … Seguir lendo Sergio (@posimental): “Nos medios nótase cando se intenta visibilizar para ben ou para mal”

O uso sensacionalista do colectivo LGTB nos medios

GÓMEZ MARIÑAS MARTÍNEZ FERNÁNDEZ A situación actual da prensa é cada vez máis precaria, polo que nos medios de comunicación está aumentando a tendencia de recorrer a noticias e sobre todo titulares sensacionalistas na busca de beneficios, sen importar a ética e que a profesionalidade diminúa ou incluso se abandonen mediante un tratamento informativo morboso. Este sensacionalismo dáse en moitos temas, e o colectivo LGTB … Seguir lendo O uso sensacionalista do colectivo LGTB nos medios

O tratamento das enfermidades mentais na prensa: o caso Nikolas Cruz

Dorado Lago

Nikolas Cruz é un mozo de 19 anos que supostamente estaba recibindo tratamento por problemas mentais e que o pasado 14 de Febreiro disparou e matou a 17 persoas na súa antiga escola, a MarjoryStoneman Douglas High School de Parkland, en Florida. Esta é a caricatura que nos pintan de Nikolas Cruz. Pero a realidade completa é que Cruz é un mozo que levaba anos mostrando actitudes, costumes e respostas que debían ser tratadas ou atendidas baixo outra perspectiva, e ás que só se respondeu coa expulsión do seu centro de estudos, facendo borrón e conta nova.

Seguir lendo “O tratamento das enfermidades mentais na prensa: o caso Nikolas Cruz”