A mobilidade comeza nas persoas

S1C 

Dende fai aproximadamente tres meses, cando iniciamos o proxecto nesta materia, tiñamos claro que queriamos tratar a mobilidade dende un punto de vista cidadá maioritariamente, é dicir, estudar e analizar se as persoas residen en lugares que conten con todos os servizos, accesos e comunicacións necesarias para ser considerados bos lugares para vivir. Sen esquecer o outro punto do noso proxecto, a mobilidade referida ó concepto de circulación, é dicir, o transporte público e as estradas. Seguir lendo “A mobilidade comeza nas persoas”

O Camiño de Santiago en termos de mobilidade

Álvarez García

O Camiño de Santiago conseguiu grandes doses de popularidade dun tempo a esta parte e, máis se cabe, con motivo do próximo “Xacobeo 2021”. A mobilidade é un concepto moi amplo, polo que é interesante facer un tratamento do percorrido polo que máis peregrinos e, en consecuencia, turistas chegan á cidade de Compostela.

Seguir lendo “O Camiño de Santiago en termos de mobilidade”

O Camiño de Santiago é accesible para a xente con mobilidade reducida

Caneiro Losada Ata fai pouco o Camiño de Santiago era unha ruta complicada para as persoas con mobilidade reducida, pero o seu percorrido xa está comezando a ser accesible para aquelas persoas con discapacidade. Isto é posible grazas á Guía de Accesibilidade do Camiño de Santiago. Na súa elaboración participou a Xunta de Galicia, a Xunta de Castilla e León, a Fundación ONCE e a … Seguir lendo O Camiño de Santiago é accesible para a xente con mobilidade reducida

Judith Fernández Rivas: “A situación en urxencias está a piques de colapsar”

Estévez Ingelmo 

 O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) é o encargado de acoller a centos de pacientes pertencentes á comarca de Santiago. Non obstante, o CHUS ten que facer fronte xornada tras xornada a diversos problemas. O Hospital Clínico amosa grandes deficiencias no plano da mobilidade como a mala conexión existente co rural, os pésimos accesos ó recinto ou a mala localización das prazas reservadas. Seguir lendo “Judith Fernández Rivas: “A situación en urxencias está a piques de colapsar””

O rural galego presenta un futuro pouco esperanzador

Estévez Ingelmo

Teo, Villestro, Vedra ou Ames son algunhas das poboacións que conforman a área metropolitana de Compostela. Estas localidades do rural amosan certas deficiencias que dificultan o día a día de quen reside nos arredores da capital, sendo así, poucos os motivos que ten a veciñanza destes municipios para residir neles. Por isto mesmo, na segunda reunión do noso círculo respondéronse ás incógnitas que existían en torno a este tema. Seguir lendo “O rural galego presenta un futuro pouco esperanzador”

O casco histórico, un bo lugar para vivir?

Ingelmo Estévez 

Cando pensas na cidade de Santiago é inevitable que non te veña á mente o seu casco histórico. A Praza do Obradoiro, a Catedral, a Praza de Praterías ou o Parador dos Reis Católicos son un pequeno grupo de lugares icónicos que se poden atopar neste emprazamento cheo de historia que, ademais, foi declarado Patrimonio Cultural da Humanidade pola UNESCO en 1985. Zonas moi concorridas por santiagueses, estudantes e turistas. Polo tanto, podemos dicir que o casco histórico é o principal motor da cidadeSeguir lendo “O casco histórico, un bo lugar para vivir?”