A precariedade, primeira saída laboral da Facultade

Víctor Pérez Currás

Un dos principais problemas que atopan os estudantes de Comunicación, máis alá da súa elevada nota de corte, son os recelos que espertan esas carreiras nas casas. É habitual atopar Xornalismo nas noticias das carreiras con máis paro que aparecen nos medios cada ano, polo que moitos pais teñen dúbidas sobre o futuro laboral ó rematar o Grao. Nada máis lonxe da realidade.

Seguir lendo “A precariedade, primeira saída laboral da Facultade”

III Círculo de debate sobre LGTBI

Fonte: Pixabay.com

Iglesias Hervella, Kelly S2B1

Lemos Alonso, Ana  S2B2

Losada Miguéns, María S2B3

Martínez Graña, Paula S2B4

Martínez Lorenzo, Inés S2B5

Meda López, Xiana S2B6

 

O pasado xoves 21 de abril tivo lugar a realización do noso terceiro círculo de debate sobre o tratamento informativo do colectivo LGTBI, que pretende realizar un seguimento así como unha crítica constructiva de como abordan os medios de comunicación esta temática. Seguir lendo “III Círculo de debate sobre LGTBI”

“Defendo que eu son Antía e que sempre o fun. Non hai máis volta de folla respecto a iso”

Imaxe: autora do artigo

Losada Miguéns, María – S2B3

Antía Fernández é coñecida por ser a primeira transexual federada nun deporte Olímpico en España. Activista por convicción, esta coruñesa, responde nesta entrevista acerca da súa vida, do deporte e dos medios de comunicación.  Unha chega á realidade transexual, moitas veces esquecida nas grandes cabeceiras, que precisan dun marco e experiencias coma esta para poder interpretar e realizar a información de xeito rigoroso. O contacto directo coas persoas, e a achega de testemuñas coma este son o camiño para fuxir de estereotipos e lograr a integración.

Seguir lendo ““Defendo que eu son Antía e que sempre o fun. Non hai máis volta de folla respecto a iso””

“Enfermidade” por ignorancia

Fonte: pernambucogypsy.blogspot.com.es

Martínez Lorenzo, Inés – S2B5

Cando pensamos na sociedade democrática na que vivimos agora a relacionamos cunha poboación liberal, permisiva, que deixou os tabúes atrás, e máis nos casos relacionados coa orientación sexual. Se preguntamos a cidadanía sobre como cree que está a situación e a aceptación da homosexualidade actualmente, a gran maioría respondería que é un tema cada vez máis normalizado, que se está a conseguir unha diminución da homofobia e que xa non hai os problemas que había noutros tempos como as épocas franquistas nas que esteseran perseguidos. Seguir lendo ““Enfermidade” por ignorancia”

Manual de boa praxe xornalística en noticias LGTBI

Fotografía de Marco Fieber

Ana Lemos Alonso (S2B2)

Nas sociedades occidentais de hogano, os xornalistas atópanse con relativa normalidade sucesos aos que están viculados persoas pertencentes ao colectivo LGTBI. Emporiso, enfróntase a un tratamento da información á que moitos non están acostumados. Moitas veces, o descoñecemento de, por exemplo, certo léxico, dá lugar a noticias discriminatorias ou denigrantes para este colectivo. E é que a linguaxe non é só a nosa aliada, tamén é a nosa peor enemiga. Seguir lendo “Manual de boa praxe xornalística en noticias LGTBI”

A bisexualidade, unha orientación aceptada?

Fotografía: Wikimedia Commons

Meda López, Xiana- S2B6

A bisexualidade defínese como unha orientación sexual pola que unha persoa sinte atracción romántica ou sexual, tanto cara a outras do seu mesmo sexo, como as do sexo contrario. Non obstante, a día de hoxe hai colectivos que afirman que esta orientación trátase dunha “etapa de transición” pola que pasa unha persoa dende a heterosexualidade a homosexualidade, ou viceversa. Seguir lendo “A bisexualidade, unha orientación aceptada?”

Un experimento entre a cidadanía, canto sabemos sobre o colectivo LGTBI?

Imaxe: http://www.publicdomainvectors.org

Martínez Graña, Paula – S2B4

O obxectivo principal deste observatorio é coñecer e analizar o tratamento informativo das noticias relacionadas co colectivo LGTBI. Mais, para extraer conclusións en profundidade sobre esta temática, debo ir máis alá e preguntarme: ¿Qué información posúen os destinatarios da nosa información; é dicir, os cidadáns que fan uso dos medios de comunicación? Seguir lendo “Un experimento entre a cidadanía, canto sabemos sobre o colectivo LGTBI?”

Unha loita pública e común

Imaxe de: cosas.com

Iglesias Hervella, Kelly- S2B1

“Me quiero asegurar de que todos sabéis que lo que os hace diferentes ahora os hará brillar en el futuro, así que todos deberíais estar orgullosos de ser diferentes, deberíais estar orgullosos de ser quienes sois. (…) Lo más importante que quiero decir es que aceptéis quienes sois porque ser único es realmente importante”.
Con este discurso Ellen DeGeneres recolleu, ante un público adolescente, o Teen Choice Awards á mellor comediante do año. Pódese ver aquí: https://www.youtube.com/watch?v=4PbycHIdyow Seguir lendo “Unha loita pública e común”

Desmontando mitos con Julio Regueiro

Imaxe de Marco Fieber

Ana Lemos Alonso (S2B2)

Ultreia LGTBI naceu como centro de activismo en diversidade sexual en Compostela hai máis dun ano. Fíxoo da man de Julio Regueiro, responsable da área de Saúde e Tesoureiro e con quen tivemos (e temos) o pracer de traer aos nosos círculos de debate. Sen dúbida, é quen de contraargumentar os máis coñecidos lemas homófobos. Porén, expuxémoslle algúns deles para que demostrase o falso destes razoamentos. Seguir lendo “Desmontando mitos con Julio Regueiro”