As voces da Saúde

MAGIDE PÁSARO

Despois destes tres meses de conversacións e reunións cos profesionais sanitarios do noso círculo, e coa nosa acción xa realizada, quixemos escoitar da súa propia boca cal é a súa valoración sobre o traballado e o vivido neste tempo. Ao longo de todo o proceso puidemos falar con Ángel Paniagua e María Elisa Álvarez, xornalistas especializados en saúde; Liliana María Bettremieus, enfermeira de atención primaria; Pedro Camacaro, enfermeiro en Venezuela; Seguir lendo “As voces da Saúde”

Meses de saúde

MAGIDE PÁSARO

Despois de tres meses achegándonos ao mundo da saúde con especialistas, chegou o momento de facer balance e culminar todo o noso traballo. Para isto desprazámonos á Facultade de Medicina para, coa colaboración dos nosos participantes, contribuír a aclarar algúns conceptos sobre o tema tratado nos noso círculos. Cal é a diferenza entre patoloxía e enfermidade? Que é a iatroxenia? Que é a vía rápida? Estas foron algunhas das preguntas que formulamos aos cidadáns, entre eles algúns estudantes da propia facultade.

Seguir lendo “Meses de saúde”

Filispim 93.9 FM

SALVATORE FALCONE

En Ferrol, o medio comunitario Filispim 93.9 FM abre o seu espazo radial na web aos seus socios. Estes poden encontrar un espazo para informarse que nos medios convencionais non existe. Esta estación acompaña a cinco emisoras de radio comunitarias en Galicia: A Kalimera de Santiago de Compostela, Cuac FM  de A Coruña, Radio Clavi de Lugo, Radio Priatona de Vigo e radio Roncudo de A Coruña.

Seguir lendo “Filispim 93.9 FM”

A voz dos nosos colaboradores

FREIRE PICÓN E LÓPEZ FERNÁNDEZ

Despois de case tres meses de reunións, charlas e mensaxes cos artistas integrantes do noso círculo, chegou a hora de escoitar as súas valoracións e opinións. O noso elenco de colaboradores estivo integrado por Xoana Almar, muralista de Cestola na Cachola, Pablo Castiñeira, bailarín e xestor de Vella Escola Cultura Urbana, Alicia Groba, cantante, Deiviz Kostoya, pintor e xornalista, Mariña Longa, ilustradora detrás do perfil Queixumes, Elisa Sánchez, cantante e activista, Andrés Toimil, músico, e Ángel Vidal, fotógrafo profesional. Neste vídeo son eles os que xulgan o noso traballo e avalían o proxecto, a experiencia e os resultados do mesmo. Seguir lendo “A voz dos nosos colaboradores”

A opinión dos nosos colaboradores

EYRÉ CONDE

Durante os últimos meses intercambiamos opinións semana tras semana con varios profesionais do xornalismo. Esta vez teñen eles toda a palabra, para dar a súa perspectiva sobre o noso traballo arredor da precariedade. Falan Belén Regueira (Radio Galega), Pablo Santiago (O Salto) e Nazaret López (Radio Ames). Seguir lendo “A opinión dos nosos colaboradores”

Compostela: cidade artista

GRANDE SANTALLA

Despois de varios meses tratando man a man cos artistas que integraban o noso círculo, chegou o momento de poñer punto e final a todo o traballo realizado. A acción consistiu nun evento cultural celebrado na Sala Riquela, no que os activistas creativos foron os protagonistas, levando a cabo un interesante faladoiro no que debateron e expuxeron algunhas das cuestións abordadas nas reunións: definiron o activismo e os espazos que este ocupa nunha cidade como Compostela, explicaron os vínculos entre a cultura e o compromiso, así como entre os artistas e os activistas, que para algúns dos participantes veñen a dar nome ao mesmo, e dialogaron sobre o escenario acerca das trabas e limitacións coas que se atopan á hora de sacar adiante o seu traballo, non sen antes pór en evidencia a ignorancia e o descoñecemento de cidadáns e institucións no que ao mundo da creatividade se refire.

Seguir lendo “Compostela: cidade artista”