Xornalistas Galegas denuncia a discriminación das voces femininas como referentes de opinión nos medios de comunicación

XORNALISTAS GALEGAS

O colectivo solicita aos responsables das empresas informativas máis espazos para a muller nas seccións de Opinión logo de comprobar que durante o mes de abril a representación feminina nos xornais dominicais galegos situouse só no 17%

A asociación analizou as páxinas de opinión dos medios en papel durante os catro domingos dos mes pasado rexistrando 201 artigos de opinión, dos que 167 estaban asinados por homes e só 34 por mulleres

Seguir lendo “Xornalistas Galegas denuncia a discriminación das voces femininas como referentes de opinión nos medios de comunicación”

Agora opinan os nosos colaboradores

VÁZQUEZ PAREDES E VEIGA DE BARTOLOMÉ 

Estes meses estivemos realizando reunións e traballando sobre as problemáticas da mocidade. Tras realizar a nosa acción, agora toca opinar e reflexionar sobre o proxecto que levamos a cabo. Os nosos colaboradores, Aida Fernández (estudante de Pedagoxía), Xesús Vilas (director da escola Don Bosco), Lucía Van der Mel (estudante do grao en Mestre de Educación Primaria), Miguel Cancio (sociólogo), Laura Cereijo (delegada sindical de CCOO) e Aurea Sánchez (xornalista e escritora), contan como viviron esta experiencia dando a súa opinión sobre o traballo realizado.

Seguir lendo “Agora opinan os nosos colaboradores”

Dando visibilidade á mocidade

MIRANDA MARTÍNEZ

Ao longo destes meses tratamos nos nosos posts os problemas ós que se enfronta a mocidade actual, amosando as distintas perspectivas dos nosos colaboradores á hora de tratar temas moi relevantes para os xoves. Dende o grupo de Mocidade e Comunicación intentamos dar visibilidade os desafíos ós que se enfrontan os mozos no día a día e o tratamento que fan os medios de comunicación sobre eles. 

Seguir lendo “Dando visibilidade á mocidade”

Dámoslle voz aos nosos colaboradores

 QUINTILLÁN POZA

Tras rematar as xuntanzas, os nosos colaboradores e colaboradoras reflexionan sobre a aprendizaxe que adquiriron nestes meses. Nas reunións afondamos nos Bens Relacionais e nos problemas que existen na universidade. Nerea González (estudante de Filoloxía Hispánica), Antonio Villasenín (estudante de Maxisterio), Xisela Casal (estudante de Dereito) e Roberto Castro (membro do Gabinete de Comunicación da USC), explican como viviron esta experiencia.

Seguir lendo “Dámoslle voz aos nosos colaboradores”

Batallando estereotipos dende a mocidade estranxeira

SILVIA CAMPOS LÓPEZ, activista voluntaria do grupo de Transformación Social de Médicos do Mundo.

Santiago de Compostela

Primeiro de todo, comezarei suxerindo unha cuestión: É a inmigración un inconveniente ou realmente nós facemos da inmigración un contratempo? O pasado mes lin unha nova que me chamou a atención pola súa carga sensacionalista, dicía o seguinte: “A inmigración é considerada polos españois, de acordo co CIS, o quinto problema que ten o país”.

Seguir lendo “Batallando estereotipos dende a mocidade estranxeira”

É o seu turno: os nosos colaboradores opinan

SALGADO LÓPEZ

Despois de tres reunións nas que puidemos obter unha visión da mobilidade compostelá, cos seus defectos e as súas virtudes, e tras a realización da nosa acción, dámoslle voz aos colaboradores e colaboradoras do Círculo de Mobilidade. Cruz Vázquez (FERUSA), Mª Jesús Pérez (AMICO), Suso Vilariño (Autoescuela Santa Eulalia), Coro González (Asociación Veciñal A Xuntanza), Ánxela López (VIgalicia) e Fernando Lacaci (Federación de ANPAS ‘Compostela’) ofrecen o seu punto de vista e a súa opinión sobre a experiencia de ter participado nas xuntanzas.

Seguir lendo “É o seu turno: os nosos colaboradores opinan”

O audiovisual descoñecido

MORALES ALCEQUIEZ E MORCILLO NINE

Co remate das reunións do círculo de Audivisual Participativo, nós como membros do propio círculo facemos balance da aprendizaxe dun modelo de comunicación que antes era case descoñecido para nós. Porén, toda a sociedade sofre esta descoñecemento sobre esta práctica, o que a converte en consecuencia, nunha ferramenta desaproveitada.

Seguir lendo “O audiovisual descoñecido”

Unha ollada á mobilidade compostelá

SANTAMARINA VÁZQUEZ

Para amosar as carencias en materia de mobilidade fixemos unha colección fotográfica online na que se mostran lugares de Santiago, mencionados durante as reunións, que presentan defectos en canto a accesibilidade, transporte público ou tráfico. Os pés de foto das imaxes son conclusións dos membros do Círculo. Tamén engadimos exemplos para dar unha perspectiva de como se deberían modificar os problemas estruturais e viarios de Santiago. Para que a cidadanía sexa partícipe da nosa acción, pegamos carteis pola rúa que teñen un código QR que leva á colección fotográfica e creamos o cancelo (#MobilidadeSantiago) para que os santiagueses acheguen as súas propias imaxes.

Seguir lendo “Unha ollada á mobilidade compostelá”