Os mitos veganos

Pérez Permuy, Viqueira Valero

Esta vez, contactamos con Lucía Cebreiro, activista polos dereitos animais, para tratar un tema que cada vez está máis ao día: o antiespecismo. Este movemento xorde tras ser conscientes do que é o especismo: unha discriminación xustificada cara aos animais por pertencer a unha distinta especie. Adóitase facer un paralelismo con outras disriminacións, como o sexismo ou o racismo. Nestes casos, vese claramente que estas discriminacións non deberían acontecer, pero no caso dos animais aínda non se ten moi claro se esta discriminzación debería acontecer ou non. Seguir lendo “Os mitos veganos”

Tratar aos animais con respecto: o obxectivo que non cumpren todos os medios

Torrado Silvente e Pérez Permuy

É frecuente pensar que un can encherá un buraco das nosas vidas cunha amizade incondicional e unha cantidade de amor desmesurada. Quizais ese é o motivo polo cal a xente decide adoptar a un destes animais, pero é necesario saber moitas cousas antes de facerse cun deles que non sempre se consideran: o tipo de can, a actividade que require, como se vai coidar e canto tempo se dispón para realizar as rutinas que corresponden co coidado da mascota. Seguir lendo “Tratar aos animais con respecto: o obxectivo que non cumpren todos os medios”