Os puntos negros da accesibilidade en Santiago

Rodríguez Pereira, Vaquero Cadenas

A accesibilidade universal defínese como a característica dos ambientes ou espazos que permite ás persoas moverse por eles de forma segura e cómoda. Uns dos principais obstáculos cos que se atopa a nosa cidade á hora de levar a cabo esta condición son as barreiras arquitectónicas urbanísticas, que poñen en xogo a autonomía e a inclusión de varios colectivos no desenvolvemento da sociedade, en especial, o das persoas con mobilidade reducida.

Seguir lendo “Os puntos negros da accesibilidade en Santiago”

O tratamento das persoas con discapacidade nos medios

Rodríguez Pereira

Os medios de comunicación conforman un nexo indisoluble entre os colectivos sociais e a opinión pública. Segundo como se presente unha realidade ante os cidadáns, estes terán nas súas mans unha información de usar e tirar ou a primeira oportunidade para tomar conciencia das problemáticas e das demandas dos colectivos cos que conviven. Unha sociedade que aspire a mellorar debe contar cos mellores medios de transmisión e difusión de contidos. Seguir lendo “O tratamento das persoas con discapacidade nos medios”