O dano invisible dos estereotipos

BLANCO PRADA

Facultade de Dereito da USC

Estereotipo, termo de orixe grega composto por dúas palabras: “sólido” e “impresión ou molde”. Que impresións seguen vixentes sobre o colectivo LGTBI na actualidade? Preguntámoslle á mocidade sobre estos prexuízos. Moitas respostas rezaban “están enfermos”, outras, “son antinaturais”. Seguir lendo “O dano invisible dos estereotipos”

Ficha S1A LGTBI

Presentación Nós somos o grupo que analizará como é o tratamento do colectivo LGTBI nos medios de comunicación. De esquerda a dereita na fotografía, somos: Lucía Eiras (Acción), Daniel Bernardo (Coordinación e Deseño), Ángela Bellón (Axenda), Fátima Castro (Edición), Marila Deus (Difusión) e Raquel Blanco (Diálogo). O noso obxectivo é tratar este asunto desde varios puntos de vista, cubrindo toda a diversidade que ten este colectivo. Hai … Seguir lendo Ficha S1A LGTBI

Son realmente necesarias as etiquetas?

CASTRO FRANCO

Facultade de Dereito da USC

A RAE define pansexualismo como “tendencia a atopar en toda conduta unha motivación sexual”. Outros moitos termos relacionados co colectivo LGTBI non aparecen nin neste dicionario nin na RAG, ou de aparecer, a súa definición non se axusta á realidade, como se pode observar no caso anterior. Con semellante falta de información, Ian Gundín, estudante de Filosofía, teno claro: “Sempre temos unha constante de poñer etiquetas e non sabemos que significan”. Seguir lendo “Son realmente necesarias as etiquetas?”

As grandes barreiras do colectivo LGTBI

EIRAS LAMAS

Facultade de Dereito da USC

O colectivo LGTBI nos medios de comunicación é aínda unha tarefa pendente. Isabel Quintairos, ex-xornalista da COPE, conta a súa experiencia: “Teño a primeira sentenza xudicial do Estado español que outorga o despido nulo por cuestións de discriminación de índole política e sexual”, e critica a pouca visibilidade que se lle deu nos medios, xa que saíu “nalgún xornal, en ningún telexornal e en ningunha cadea nacional. Cero. Algo fóra de Galicia, en Galicia nada”. Seguir lendo “As grandes barreiras do colectivo LGTBI”