A limpeza dos ríos e mares: unha prioridade para tod@s

Limpeza da Praia de Broña, Serra de Outes. Fotografía: Mar de Fábula. Grupo S1C Chegamos ao final do curso hídrico polos ríos e mares de Galicia. Durante cinco publicacións a través de axentes implicados coñecemos os problemas presentes no río Lamas (comarca da Fonsagrada), no río Ulla (transcorre polas provincias de Lugo, A Coruña e Pontevedra), no río Sar (comarca do Sar e comarca de … Seguir lendo A limpeza dos ríos e mares: unha prioridade para tod@s

“Temos información que queremos transmitir á sociedade para que coidemos o mar, porque se non imos por mal camiño”

Praia da localidade pontevedresa de Baiona. Fotografía: elaboración propia. Grupo S1C “As rías galegas son ecosistemas privilexiados e moi ricos, xeran moitos recursos naturais, manteñen unhas poboacións numerosas e tamén podemos pasear pola súa ribeira para o noso benestar físico e mental. Polo tanto non as debemos maltratar, porque a nosa experiencia é que maltratamos o mar”, afirma Xosé Manuel Barros, presidente da asociación Mar … Seguir lendo “Temos información que queremos transmitir á sociedade para que coidemos o mar, porque se non imos por mal camiño”

O río Lagares: os efectos dunha gran cidade no medio ambiente

Río Lagares ao seu paso pola Avenida de Madrid. Fonte: elaboración propia. Grupo S1C “Non pode ser que se dea o río Lagares por un caso perdido, aceptar que sexa o sumidoiro da cidade e normalizar o seu estado deficiente perenne”, sentenza Miguel Leirós, da delegación de ADEGA en Vigo. O río Lagares, denominado antigamente río Sárdoma, é o principal curso fluvial de Vigo, a … Seguir lendo O río Lagares: os efectos dunha gran cidade no medio ambiente

A contaminación nos ríos Ulla e Sar: unha situación decente e outra preocupante

Grupo S1C A contaminación hídrica é un problema xeralizado nos ríos de Galicia. Para coñecer de primeira man este problema nos ríos Ulla e Sar, dous dos máis coñecidos de Galicia, falamos con varias persoas e institucións involucradas co seu coidado. Estes ríos están relacionados, xa que o Sar é un afluente do Ulla. Aínda así, tamén contan con destacados problemas de contaminación nos que imos … Seguir lendo A contaminación nos ríos Ulla e Sar: unha situación decente e outra preocupante

A contaminación da acción humana: río Lamas

Río Lamas. Fonte: IES Fontem Albei. Grupo S1C A contaminación hídrica é un dos temas presentes nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas. O saneamento da auga é fundamental para a boa saúde dunha sociedade, dende as máis pequenas ata o conxunto da humanidade. Comezamos o noso percorrido investigando a comarca da Fonsagrada, centrándonos na situación do río Lamas. Por ese motivo contamos coa … Seguir lendo A contaminación da acción humana: río Lamas

A contaminación na vida submarina

Ola a todos e a todas! Somos un grupo de alumnos e alumnas de 2º de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela. Neste blog trataremos o ODS (Obxectivo de Desenvolvemento Sostible) número 14, da vida submarina.  Estes somos nós, de esquerda a dereita Irene Carril Iglesias (edición), Eva Fernández Prieto (coordinación), Laura Fernández Alonso (actividades) e Iago Castro Gaspar (difusión). Ó longo do cuadrimestre … Seguir lendo A contaminación na vida submarina

O positivo e o negativo da educación no rural

Os protagonistas da educación no rural poden desenvolver tres papeis fundamentais: alumnos, docentes ou pais e nais de alumnos. Cada un deles ve a experiencia de estudar no rural dende as súas circunstancias e a súa perspectiva, cos seus pros e cos seus contras. No seguinte vídeo presentamos a opinión de catro colaboradores, que representarán estes papeis: Sandra Pérez (ex alumna) David González e Conchi … Seguir lendo O positivo e o negativo da educación no rural

Rural, educación e confinamento

Eva Rodríguez Argiz A crise do coronavirus está a provocar un cambio de mentalidade, actos, formas de vida… Esta mudanza tamén se estende á educación, de maneira que os centros de ensino están desenvolvendo novos xeitos de continuar co ensino dende a casa. De novo, o rural está xogando un papel diferenciado en canto á educación telemática. Por unha banda, a conexión a Internet en certas … Seguir lendo Rural, educación e confinamento